Carlos Allegue
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1903 Ferrol, España |
Morte | 27 de xullo de 1951 (47 anos) Ferrol, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis, militar |
Partido político | Partido Comunista de España |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Carlos Allegue Caruncho, nado en Ferrol o 6 de outubro de 1903 e finado na mesma vila o 27 de xullo de 1951, foi un militar e dirixente comunista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carlos Allegue era militar profesional, condestable do terzo norte da Infantaría de Mariña con sede en Ferrol, a súa cidade natal. En 1934 foi destinado a Maó, regresando despois a Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que presentarse en xaneiro de 1937 ante un “tribunal de persoas honorables” para amosar a súa adhesión ao réxime. A pesar diso foi expulsado do exército e en 1941 desterrado en León, dedicouse ao comercio para vivir. De regreso a Ferrol, en 1943 organizou unha célula comunista entre os militares de Ferrol e coa información que lles facilitou un grupo guerrilleiro conseguiu asaltar o cuartel de Caranza para se apoderar de munición. Considerado o principal dirixente do PCE en Ferrol, a policía arrestouno en xaneiro 1947. Malia iso conseguiu fuxir da cidade, ingresando na guerrilla como comisario político da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi reclamado polo xuíz militar da Coruña en setembro de 1948 encartado na causa 36/46 xunto con Diego Romero Jiménez, Benigno Fraga Pita, Segundo Vilaboy Martínez, Antonio Tenreiro Leira, Adolfo Allegue Allegue e Jesús Calvo García.[1]
En 1951, trala caída dos refuxios da guerrilla na zona de Oleiros, Allegue enfermo procurou refuxio na súa casa. O 27 de xullo a Garda Civil entrou na súa casa, morrendo o dirixente comunista no tiroteo, xunto co seu fillo máis vello, Carlos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefa Iglesias Deibe en 1926 e foi pai de Carlos Allegue Iglesias.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Heine, H. (1982): A guerrilla antifranquista en Galicia, Vigo.
- Lamela García, Luis (2003). "Aspectos desconocidos de la guerrilla del Llano" (PDF). Anuario Brigantino (26): 281–294. Consultado o 30 de agosto de 2012.
- Máiz, B. (1988): Galicia na II República e baixo o franquismo, Vigo.
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 95–97. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Tojeiro Canitrot, José Luis (2005). "A la memoria de D. Carlos Allegue Caruncho". A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria, Narón, 4 a 7 de decembro de 2003. pp. 821–823.