Carideos
Carideos Caridea Camaróns Rango fósil: xurásico inferior - actualidade [1] | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dous camaróns (Palaemon serratus) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A dos carideos (Caridea) é unha infraorde de crustáceos decápodos que son coñecidos popularmente como camaróns.
Catacterísticas
[editar | editar a fonte]Máis pequenos que as gambas e os lagostinos, o seu tamaño alcanza como máximo, segundo as especies, os 10 ou 15 cm de lonxitude.
O seu corpo é comprimido, coa cola (abdome) moi prolongada con respecto ao cefalotórax e a casca pouco consistente.
A prolongación anterior do cefalotórax, ou rostro, é longo e dentado.
Teñen as patas pequenas, e os bordos das mandíbulas fibrosos.
A súa coloración é basicamente agrisada.
Son relativamente abundantes en todo o mundo, tanto nas augas mariñas como nas doces.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A infraorde dos carideos comprende as superfamilias seguintes:[2][3]
- Procaridoidea
- Galatheacaridoidea
- Pasiphaeoidea
- Oplophoroidea
- Atyoidea
- Bresilioidea
- Nematocarcinoidea
- Psalidopodoidea
- Stylodactyloidea
- Campylonotoidea
- Palaemonoidea
- Alpheoidea
- Processoidea
- Pandaloidea
- Physetocaridoidea
- Crangonoidea
Relevancia como alimento
[editar | editar a fonte]Os camaróns nas súas diferentes especies son criaturas relativamente abundantes nas augas salgadas e doces de todo o mundo, o cal os converte nun importante recurso pesqueiro e alimenticio.
Practicamente cada país ten receitas e formas particulares para preparar e consumir estes crustáceos.
De existir algún punto en común, é o de que, para consumilos, se procede á súa cocción, e que é común que se elimine o cefelotórax, a coiraza do abdome e as patas, partes todas elas ricas en quitina e, por iso, indixestas.
Tamén é común que se destripe antes de consumilo, pois neste grupo de especies os intestinos son facilmente recoñecíbeis, aínda antes da cocción, como unha liña escura que percorre lonxitudinalmente a parte alta do corpo.
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia temos catro especies de camaróns relativamente frecuentes,[4] moi apreciadas gastronomicamente e que alcanzan elevado prezo nos mercados:
- Crangon crangon Linnaeus, 1758)
- Palaemon adspersus Rathke, 1837
- Palaemon elegans Rathke, 1837
- Palaemon serratus (Pennant, 1777), o máis común e tamén o máis apreciado.
Pesca comercial e acuicultura
[editar | editar a fonte]A máis importante especie comercial de camarón é Pandalus borealis,[6] seguida de Crangon crangon.[7]
As capturas de P. borealis salvaxe son na actualidade unhas dez veces maiores que as de C. crangon. En 1950 a posición era ao revés, xa que as capturas de C. crangon foron unhas dez veces superiores ás de P. borealis.[5]
En 2010 a produción global en acuicultura de todas as especies de camaróns e lagostiños (3,5 millóns de toneladas) superou lixeramente ás capturas mundiais de especies salvaxes (3,2 millóns de toneladas).[5]
As especies non carideanas participaron moi significativamente na acuicultura, pero foron capturadas unhas 430.000 toneladas na natureza. É dicir, aproximadamente o 13 % das capturas mundiais de especies salvaxes, ou aproximadamente o 6 % da produción total de todos os camaróns e lagostiños, foron carideos.[5]
Taxons relacionados
[editar | editar a fonte]Os camaróns da infraorde dos carideos están estreitamente relacionados coas lagostas e os cangrexos, que son membros da suborde dos dendrobranquiados.[8]
Os biólogos distinguen estes dous grupos en base a diferenzas nas estruturas das súas branquias. A estrutura das branquias nos carideos é lamelar, e ramificada nos dendrobranquiados. Pero a forma práctica máis fácil de distinguir un verdadeiro camarón dun dendrobranquiado é examinar o segundo segmento abdominal. Nos carideos este segmento superponse aos segmentos primeiro e terceiro, mentres que o segundo segmento dun dendrobranquiado só se superpón ao terceiro.[9]
Tamén se diferencian en que os carideos normalmente teñen dous pares de quelas (pinzas), mentres que os dendrobranquiados teñen tres.[10]
Un terceiro grupo, o dos Stenopodidea, que comprende ao redor de 70 especies, difire dos outros grupos en que o terceiro par de patas está moito máis desenvolvido.[10]
O dos Procarididea é un grupo irmán dos Caridea, e conta só con once especies.[11][12]
Diferenzas entre os carideos e os dendrobranquiados
[editar | editar a fonte]Os carideos, como Pandalus borealis (ver foto máis arriba), teñen dous pares de pinzas, e o segundo segmento do abdome superponse aos segmentos 1º e 3º. O abdome mostra unha pronunciada curvatura.
Os dendrobranquiados, como Penaeus monodon, tipicamente teñen tres pares de pinzas, e sete segmentos de tamaño similar no abdome. Non presentan abombamento pronunciado no abdome.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fenner A. Chace, Jr. & Raymond B. Manning (1972): "Two new caridean shrimps, one representing a new family, from marine pools on Ascension Island (Crustacea: Decapoda: Natantia)". Smithsonian Contributions to Zoology 131: 18. PDF.
- ↑ J. W. Martin & G. E. Davis (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF) (Natural History Museum of Los Angeles County ed.). p. 132. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 03 de xaneiro de 2013.
- ↑ Caridea no ITIS.
- ↑ Ramonell, R. (1985), pp. 210-215.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Baseada en datos tirados de FishStat database, FAO.
- ↑ Pandalus borealis (Krøyer, 1838) FAO, Species Fact Sheet.
- ↑ Crangon crangon (Linnaeus, 1758) FAO, Species Fact Sheet.
- ↑ "Biology of Shrimps" (Museum Victoria Australia ed.). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2010. Consultado o 03 de xaneiro de 2013..
- ↑ Charles Raabe & Linda Raabe (2008). "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary"..
- ↑ 10,0 10,1 Raymond T. Bauer (2004). "What is a caridean shrimp?". En University of Oklahoma Press. Remarkable Shrimps: Adaptations and Natural History of the Carideans. Animal Natural History Series 7. pp. 3–14. ISBN 978-0-8061-3555-7..
- ↑ Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong; et al. (2009). "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109. Arquivado dende o orixinal (Portable Document Format PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 03 de xaneiro de 2013..
- ↑ S. De Grave & C. H. J. M. Fransen (2011). "Carideorum Catalogus: the Recent species of the dendrobranchiate, stenopodidean, procarididean and caridean shrimps (Crustacea: Decapoda)". Zoologische Mededelingen 85 (9): 195–589, figs. 1–59. ISBN 978-90-6519-200-4. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 03 de xaneiro de 2013..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carideos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carideos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Charles Raabe & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
- Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.