Capraia
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Arquipélago Toscano | |||
Localización | ||||
División administrativa | Capraia Isola, Italia e Provincia de Livorno, Italia | |||
| ||||
Bañado por | Mar Tirreno | |||
Características | ||||
Perímetro | 30 km | |||
Superficie | 19,33 km² | |||
Actividade | ||||
Uso | colónia penal (pt) e Parque Nacional Arquipélago Toscano (pt) | |||
Capraia é unha illa italiana situada na provincia de Livorno, que conta cun total de 386 habitantes. Atópase a 64 km de Livorno, 37 km da Gorgona e 31 km de Córsega. Por estar máis próxima a Córsega que á Península Itálica, foi considerada moitas veces territorio francés.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa de Capraia é unha illa da canle de Córsega de orixe volcánica. Cunha altitude media de 52 m sobre o nivel do mar e unha superficie de 19 km² (20 habitantes por km²) é a terceira illa en extensión do arquipélago toscano. E tamén a máis arredada da Península Itálica, polo que é a que máis preto se atopa de Córsega. Actualmente forma parte do Parque Nacional do Arquipélago Toscano.
A economía da illa susténtase grazas ao sector vitivinícola e á pesca.
Historia
[editar | editar a fonte]Antigamente era coñecida como Aegylon, (Αηγυλον) polos gregos, e Capraria polos romanos, posiblemente derivado da presenza de cabras salvaxes na illa. Segundo outras hipóteses o topónimo derivaría do tema *karpa co significado de "rocha", unha palabra que provén do grego arcaico "Kalpe", pedra sepulcral.
No século IV aC albergou un cenobio, onde hoxe se atopa a igrexa de San Esteban. O poeta do século V. Rutilius Claudius Namatianus Rutilius rexistrou que a illa era "unha desastre" e que había moitas comunidades monásticas no seu tempo.
En 1055 foi conquistada polos piratas sarracenos, logo foi dominado novamente pola República de Pisa e pasou definitivamente baixo a órbita de Xénova logo da batalla da Meloria (1284), posteriormente pasou a estar baixo o señorío do patricio Jacopo de Mari (1430). A partir de 1540, despois das destrucións perpetradas polo corsario otomán Dragut, os xenoveses construíron tres torres de observación costeira (parte dun sistema de torres xenovesax) para protexerse dos piratas. as tres son:
- Torre do Porto (1541), que protexía a entrada do porto e que substituíu ou engadiuse a unha torre anterior que data de 1510;
- Torre dello Zenobito (1545); e
- Torre delle Barbici (1699), tamén coñecida como Torre della Teja ou Torre della Regina. É a única torre con forma cadrada, o que a fai un tanto similar ás Torres De Redin en Malta. A Torre delle Barbici está bastante deteriorada. Desde 2009 un camiño a conecta ao porto.
En 1767 tropas ao mando de Pasquale Paoli da nova independente República Corsa ocuparon Capraia. En 1796, os británicos, baixo o mando do almirante Lord Horatio Nelson, ocuparon a illa por un curto período de tempo, logo da creación do breve Reino Anglo-Córnico. Despois do Congreso de Viena en 1815 anexara a República de Xénova ao Reino de Sardeña, Capraia pasou a formar parte da provincia de Xénova. Entón, en 1925, foi asignada a Livorno.
Entre 1873 e 1986 unha colonia penal ocupou case dous terzos de Capraia. En 1986 o goberno pechou a colonia penal e abriu a illa aos visitantes.
Parte da illa foi empregada para a agricultura pero na actualidade a maioría da illa converteuse en parque natural.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]Chiesa e Convento di Sant'Antonio