Saltar ao contido

Capa E

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capas da ionosfera terrestre

A capa E ou capa de Kennelly - Heaviside (en honor aos seus descubridores, os científicos Atrhur Edwin Kennelly e Oliver Heaviside), é unha capa integrante da ionosfera terrestre situada entre os 80 e os 140 quilómetros de altura, caracterizada por ser responsable de reflectir as ondas de radio de frecuencia media. Nela predomina a ionización de O2 e O.

Durante o día, o vento solar mete presión na capa achegándoa á Terra e limitando a distancia de propagación das ondas de radio; pola contra, de noite, prodúcese o fenómeno contrario, podendo as ondas de radio percorrer grandes distancias. Este feito, xunto co desdobramento da capa F durante o día nas capas F1 e F2, ocasiona que a transmisión das ondas radioeléctricas sexa máis satisfactoria de noite que durante as horas de insolación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover.