Candy Apple Grey
Candy Apple Grey | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Hüsker Dü | ||||
Publicado | marzo de 1986 | |||
Gravación | outubro de 1985 - xaneiro de 1986 | |||
Duración | 37:04 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, punk rock | |||
Selo(s) | Warner Bros. Records | |||
Produtor | Bob Mould e Grant Hart | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Candy Apple Grey é un álbum da banda estadounidense de rock alternativo Hüsker Dü, publicado en marzo de 1986. Foi o seu primeiro disco a través dun grande selo, Warner Bros. Records, aínda que esta discográfica xa presionara ao grupo para editar Flip Your Wig, que finalmente lanzou SST Records. Candy Apple Grey tamén marca o final da transición da banda do hardcore punk a un estilo máis redondeado que posteriormente sería coñecido como rock alternativo ou rock universitario. Como viña sendo normal, Bob Mould e Grant Hart compuxeron as cancións do álbum individualmente. Aínda que o primeiro estilo máis frenético do grupo é evidente, Candy Apple Grey tamén conta con material máis introvertido e atenuado, incluíndo unha cantidade relativamente grande de guitarras acústicas.
Os sinxelos editados para este traballo foron "Sorry Somehow" e "Don't Want To Know If You Are Lonely", ámbalas dúas compostas e cantadas por Hart. O último foi caompañado por un vídeo promocional que chegou a aparecer na MTV. Candy Apple Grey foi o primeiro álbum de Hüsker Dü en entrar na lista Billboard 200, pero aínda que apareceu na radio e na MTV non baixou do posto 140.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Crystal" | Bob Mould | 3:28 |
2. | "Don't Want to Know If You Are Lonely" | Grant Hart | 3:29 |
3. | "I Don't Know for Sure" | Mould | 2:27 |
4. | "Sorry Somehow" | Hart | 4:25 |
5. | "Too Far Down" | Mould | 4:37 |
6. | "Hardly Getting Over It" | Mould | 6:02 |
7. | "Dead Set on Destruction" | Hart | 2:59 |
8. | "Eiffel Tower High" | Mould | 2:49 |
9. | "No Promise Have I Made" | Hart | 3:39 |
10. | "All This I've Done for You" | Mould | 3:09 |