Saltar ao contido

Candelaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCandelaria
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 28°21′17″N 16°22′16″O / 28.3547, -16.371
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife Editar o valor en Wikidata
CapitalCandelaria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación28.694 (2023) Editar o valor en Wikidata (583,45 hab./km²)
Xeografía
Superficie49,18 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude240 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónSanta Ana Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Gumersindo García Trujillo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal38530 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE38011 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcandelaria.es Editar o valor en Wikidata

Candelaria é un municipio e cidade española pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, nas Canarias. Está situado na vertente sueste da illa de Tenerife. O municipio atópase a vinte quilómetros ao sur da capital; Santa Cruz de Tenerife. É un lugar de frecuentes peregrinacións por atoparse nesta vila a imaxe da Patroa das Canarias, a Virxe da Candeloria. O municipio de Candelaria ten unha grande importancia non só relixiosa, senón tamén histórica, pois nel uníronse as culturas guanche e castelá contorna á imaxe da Virxe de Candelaria. Pertence á comarca do Val de Güímar, da cal é capital económica, aínda que non histórica xa que este título confíreselle a Güímar, municipio ao que Candelaria pertenceu desde sempre xunto cos veciños Arafo e Fasnia.

Tiña unha poboación de 22.477 habitantes en 2008.

Lugares de interese relixioso

[editar | editar a fonte]

O municipio de Candelaria acolle a peregrinación anual de Candelaria (en febreiro e en agosto, esta última é a máis importante), así como aos peregrinos que visitan o municipio en todas as demais épocas do ano. As principais paradas da súa visita son a Basílica da Candelaria e a Cova de Achbinico.

Basílica de Nosa Señora da Candelaria

[editar | editar a fonte]
Praza e Basílica da Candelaria.

A Basílica de Nosa Señora da Candelaria, declarada Ben de Interese Cultural, é o templo máis importante do municipio e un dos principais templos do arquipélago, pois é onde se atopa a imaxe da Patroa das Canarias. É o principal templo dedicado á Virxe María nas Illas Canarias, e é tamén o santuario que atrae máis peregrinos.

A actual basílica data de 1959 e foi construída sobre unha antiga igrexa. Destaca a súa alta torre-campanario. Aos seus pés atópase a Praza da Patroa das Canarias. A imaxe da Virxe apareceu en Chimisay, ao redor de 1390. O primeiro gran Santuario á Virxe de Candelaria foi o construído en 1668. Despois do aumento das peregrinacións dos devotos e do incendio que sufriu o templo orixinal, creouse a necesidade de construír un templo máis grande (a basílica actual), que ten capacidade para 5.000 persoas.

Cova de Achbinico

[editar | editar a fonte]

A Cova de Achbinico tamén chamada Cova de San Blas, foi o primeiro templo cristián das Canarias, neste lugar os guanches renderon culto á Virxe de Candelaria. Esta cova atópase detrás da Basílica e é visitada por peregrinos, que adoitan levar e deixar veas acesas e facer peticións á Virxe. Dentro da cova hai unha réplica en bronce da Virxe de Candelaria.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]