Saltar ao contido

Campo de concentración de Arnao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCampo de concentración de Arnao
Tipocampo de concentración
centro penitenciario Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAs Figueiras, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°32′56″N 7°01′17″O / 43.549025, -7.021433
Anaco de mapa centrado no campo de concentración de Arnao (MTN50-0010-1944-nnn-Ribadeo).

O campo de concentración de Arnao foi un dos campos de concentración do franquismo, e funcionou entre 1938 e 1943 en Arnao (As Figueiras, Castropol), xunto á ría de Ribadeo. Tiña tres barracóns e chegou a albergar 300 prisioneiros, incluídas mulleres e nenos.[1]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]
Monólito commemoración do campo concentración Arnao, erixido polos socialistas de Castropol. As placas din: 'En memoria de los hombres y mujeres que perseguidos por sus ideas aquí estuvieron confinados entre los años 1937 - 1942' (a superior) e '100 años de socialismo asturiano. Agrupación socialista de Castropol'. Pode observarse que os ataques son sucesivos.
Monólito commemoración do campo concentración Arnao, erixido polos socialistas de Castropol.[2]

Foi un dos 296[3] campos de concentración españois que máis xente tivo concentrada, e funcionou a partir da caída da fronte en Asturias na guerra civil española e durante os anos máis duros da represión franquista. No seu comezo os campos só eran para homes, pero despois tamén tiveron continxentes de mulleres, e nenos.[4]

Os propios prisoneiros construíron tres barracóns de madeira pintados de gris escuro con capacidade para unhas cen persoas cada un, con liteiras de tres niveis, e dimensións de 32 m×10,7 m. Unha caseta de 6,5 m×5,2 m e un subterráneo usado para almacenar víveres completaban o conxunto principal.

Despois fíxose outro barracón para a gornición, unha Compañía, e aínda outro para enfermería, con 27 camas.

O conxunto quedou completado cunha casa usada como oficina administrativa e vivenda de oficiais, unha garita de garda, unha fonte de auga potable, e aínda outro edificio para cociña.[5] As forzas da gornición tiñan tamén labores de vixilancia na entrada da ría de Ribadeo.

Na actualidade, no lugar hai un monólito levantado polos socialistas de Castropol, cunha placa na que pode lerse:

En memoria dos homes e das mulleres que, perseguidos polas súas ideas, estiveron confinados aquí
En memoria de los hombres y mujeres que perseguidos por sus ideas aquí estuvieron confinados.
  1. "El campo de concentración de Arnao, el paraíso que fue un infierno". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-11-21. Consultado o 2018-11-29. 
  2. Na placa superior lese "En memoria dos homes e das mulleres que, perseguidos polas súas ideas, estiveron confinados aquí entre os anos 1937–1942" (Orixinal en castelán: 'En memoria de los hombres y mujeres que perseguidos por sus ideas aquí estuvieron confinados entre los años 1937 - 1942') e na inferior "100 anos de socialismo asturiano. (Orixinal en castelán: '100 años de socialismo asturiano'). Agrupación socialista de Castropol". Pode observarse que os ataques son sucesivos.
  3. Remacha, Belén. "Franco creó 300 campos de concentración en España, un 50% más de lo calculado hasta ahora". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-03-11. 
  4. histórica, Memoria. "La represión franquista se heredaba: "Se ensañó con quienes quedaban, las mujeres y los niños"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-04-11. 
  5. "El blog de "Acebedo": El campo de concentración de Arnao (Castropol-Figueras)". El blog de "Acebedo". 2013-11-11. Consultado o 2018-11-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arquivo histórico municipal de Ribadeo.