Califato
Un califato (en árabe: خلافة) era un territorio gobernado por un califa, sucesor do profeta Mahoma no exercio político do poder. Este era a máxima autoridade do mundo islámico. Controlaba a administración, tanto central como territorial, a xustiza e a relixión. Tamén era o imán ou xefe relixioso e se lle recoñecía como príncipe dos crentes. O cargo de califa pasou a ser hereditario dende o goberno da familia Omeia.
Califatos do islam
[editar | editar a fonte]Xurdiron ou foron creados os seguintes califatos até a súa abolición en 1924:
- Califato Rashidun ou dos catro califas ortodoxos (632-661). Foron escollidos pola comunidade e é o único califato recoñecido tanto por suníes como por xiíta.
- Califato Omeia (661-756). Primeiro califato hereditario de orientación sunnita. A súa capital foi Damasco).
- Califato Abbássida (756-1517). De orientación sunnita. A súa capital foi Kufa (756-762), despois Bagdad (762-1258) e, finalmente, O Cairo (1258-1517).
- Califato fatimita (909-1171). De orientación xiíta. As súas capitais foron Kairouan (909-973) e O Cairo (973-1171).
- Califato Omeia de Córdoba (929-1031). De orientación sunnita.
- Califato Otomán (1517-1924). De orientación sunnita. As súas capitasi foron Edirne e Istambul (1453-1924). Turquía aboliu o califato na reforma constitucional de 1924.
Ademais, o Imperio almohade (1145-1269), con capital en Marrakech, e despois en Málaga, aínda que, oficialmente, non foi un califato nin o seu gobernante empregou o título de califa, si usou un tratamento que adoitaba estar asociado ao califa: o de príncipe dos crentes (posteriormente, herdado polo sultán de Marrocos, até hoxe).
Época moderna e contemporánea
[editar | editar a fonte]Hussayn ibn Alí, xerife da Meca, trala caída do Imperio Otomán e en medio dos debates que se produciran non mundo islámico sobre a recuperación do recentemente abolido califato, utilizou durante algúns anos, até a súa morte, o título de "califa".
O islamismo político contemporáneo pretende restablecer esta institución, considerando que é o único marco lexítimo para dirixir "correctamente" a umma ou comunidade dos crentes. Un exemplo diso sería a instauración do autoproclamado "califato" do Estado Islámico na zona de Siria e Iraq.----
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |