Saltar ao contido

Calan Gaeaf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Calan Gaeaf é o nome do primeiro día de inverno en Gales, o 1 de novembro.[1] A noite anterior é chamada Nos Galan Gaeaf,[1] un Ysbrydnos, ou "noite dos espíritos", na que os espíritos están entre os vivos. Durante esta data, a xente evita ir ós cemiterios e ás encrucilladas de camiños, xa que os espíritos adoitan reunirse neses lugares.

Mari Lwyd.
  • Coelcerth: As familias acenden unha fogueira e deixan nela pedras cos seus nomes. A persoa cuxa pedra desapareza, morrera antes dun ano.
  • Yr Hwch Ddu Gwta: A lenda conta que na vixilia de Tódolos Santos, un espírito chamado "Yr Hwch Ddu Gwta" tomaba a forma dunha porca negra que rodeaba os campos acompañada por unha muller sen testa.
  • Eiddiorwg Dalen: Unhas cantas follas de hedra de terra (Glechoma hederacea) outorgan o poder de ver as bruxas.
  • Teiliwr: No antigo condado de Morgannwg críase que os xastres tiñan vinculacións coa bruxaría, e que podían enmeigar a quen desexaren.
  1. 1,0 1,1 Davies (2008), pg 107.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Davies, John; Jenkins, Nigel (2008). Universidade de Gales, ed. The Welsh Academy Encyclopaedia of Wales. Cardiff. ISBN 978-0-7083-1953-6.