Saltar ao contido

Cacaforra dourada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cacaforra dourada

Amanita gemmata
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Homobasidiomycetes
Subclase: Hymenomycete
Orde: Agaricales
Familia: Amanitaceae
Xénero: Amanita
Especie: A. gemmata
Nome binomial
Amanita gemmata
(Fr.) Bertill. (1866)
Sinonimia

A cacaforra dourada (Amanita gemmata[4]) é un cogomelo pequeno e de cor amarelenta. Distintos autores considérano comestible, outros non e para outros mesmo é tóxica[5]. En calquera caso, e debido á posible confusión con outras especies tóxicas, desaconséllase[Cómpre referencia] a súa recolección.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Posúen un sombreiro globoso, de 5-10 centímetros de diámetro, que tende a estenderse ó madurar, de cor amarela desde o dourado ata tons moi esvaídos, quedando o centro máis escuro. A cutícula é viscosa, sobre todo nos exemplares novos, e a marxe estriada. Presenta cando nova unhas pequenas placas brancas que desaparecen pronto.

As láminas, desiguais e libres, son brancas e as esporas tamén, dunhas 9-12 por 7-9 micrómetros. Tamén son brancos o pé e o anel, pero este é pouco resistente e desaparece pronto. A base do pé é algo bulbosa, cunha volva branca, adherente e de bordo nítido, pero ás veces queda reducida a copos e fibras soltas na base do pé.

A carne é branca, se ben amarelea baixo a cutícula, de olor imperceptible e sabor agradable.

Medra en chans areosos ou calcáreos, en bosques de coníferas. Pode presentarse durante todo o ano, en zonas de invernos suaves.

Diferenciación

[editar | editar a fonte]

Pode confundirse coa Amanita citrina, máis esvelta e coa base en forma de maceta, e con exemplares de Amanita phalloides amarelas. Tamén hai rúsulas semellantes, pero estas teñen as láminas iguais e carecen de formacións na base.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Amanita gemmata (Fr.) Bertill. 1866" (en inglés). MycoBank. International Mycological Association. Consultado o 5 de decembro de 2010. 
  2. "Amanita gemmata (Fr.) Bertill." (en inglés). Species Fungorum. CAB International. Consultado o 5 de decembro de 2010. 
  3. Tulloss, Rodham E. (2010). "Amanita gemmata". Amanitaceae.org – Taxonomy and Morphology of Amanita and Limacella (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2012. 
  4. Sinónimos: Amanita junquillea.
  5. "Comestible de buena calidad" (Nonis, 94); "Sospechosa" (García Rolán, 98); "Comestible mediocre. Hai autores que a consideran non comestible e outros como tóxica" (Marcote, 145).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • GARCÍA ROLLÁN, Mariano (1986): Manual para buscar setas. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Madrid.
  • MARCOTE, J. M. C., POSE, M., e TRABA, J. M.: Cogomelos de Galicia, Xunta de Galicia, 2009.
  • NONIS, Umberto (1981): Setas. Descrición, localización, toxicidad y valor culinario. Daimon, Madrid.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]