Saltar ao contido

CB Santa Coloma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Coloma
Información xeral
Liga Primeira autonómica
Fundación 1983
Cores           Branco, vermello
Presidente Jordi Vallès
Localización
Cidade España Santa Coloma, España
Pavillón Joan del Moral
Capacidade 350
cbsantacoloma.com

O Club Bàsquet Santa Coloma é un club de baloncesto profesional español con sede en Santa Coloma de Gramenet, Cataluña. Actualmente compite na Copa Catalunya, quinta categoría do baloncesto español. Fundado en 1984, comezou a súa historia competindo na Liga ACB ao perder o Círcol Catòlic de Badalona o patrocinio de Cotonificio. Durante as tres temporadas que competiu en ACB, utilizou o nome Licor 43.

O actual Club Bàsquet Santa Coloma naceu en 1984, cando o equipo profesional do Círcol Catòlic de Badalona, con máis de 50 anos de historia, perde o patrocinio de Cotonificio, obrigando a falta de liquidez económica a renunciar a disputar a Liga ACB. O Círcol cedeu a licenza federativa ao CB Santa Coloma que, co patrocinio do empresa Licor 43, ocupou a súa praza competindo tres temporadas.[1] Na súa segunda temporada, o equipo clasifícase cuarto na Liga ACB e participa o ano seguinte á Copa Korać. Con todo, a perda de patrocinador fai que o equipo se desvincule do baloncesto de elite en 1986. O equipo profesional integrouse á sección de baloncesto da UDA Gramenet e o CB Santa Coloma continuou a súa tarefa dentro do baloncesto, desde as categorías inferiores e o baloncesto de formación. Actualmente, o primeiro equipo do club compite no Campionato de España de Primeira División - Copa Cataluña.

Patrocinio

[editar | editar a fonte]

Durante as súas tres temporadas en ACB, por motivos de patrocinio, o club recibiu o nome de:

  • Licor 43 (1983−1986)

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]

Historial

[editar | editar a fonte]

O seguinte é o historial do club na súa etapa na Liga ACB:

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1983–84 1 Liga ACB 21–13
1984–85 1 Liga ACB 18–14 3 Copa Korać FG 6–4
1985–86 1 Liga ACB 10–21
  1. Vialegre (7 de marzo de 2011). "La noche en que nació un estilo" [A noite na que naceu un estilo]. flagrants.wordpress.com (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]