CB Caja Bilbao
Caja Bilbao | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1983 |
Desaparición | 1994 |
Cores | Azul, amarelo |
Patrocinador | Caja Bilbao |
Localización | |
Cidade | Bilbao, España |
Pavillón | La Casilla |
Capacidade | 5 200 |
- Para o actual equipo da Liga ACB, véxase Bilbao Basket.
O Club Baloncesto Caja Bilbao foi un club de baloncesto español con sede na cidade de Bilbao, País Vasco. Fundado no ano 1983, xogou cinco temporadas na Liga ACB antes de desaparecer en 1994. Este equipo non debe confundirse co Bilbao Basket, equipo que representa á cidade actualmente na ACB. O Caja Bilbao xogaba os seus encontros como local en La Casilla, pavillón con capacidade para 5 200 espectadores.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O Club Baloncesto Caja Bilbao foi fundado en 1983, volvendo situar a Bilbao na elite do baloncesto, como xa fixeran anteriormente o Club Águilas e o KAS Bilbao. Catro anos despois da súa fundación, logrou unha praza na entón recentemente creada Liga ACB, na que se mantería entre 1986 e 1991. Tras descender á Primeira B, en 1994 logrou de novo o ascenso á máxima categoría. Porén, non se materializaría debido á falta de apoio económico que recibiu o conxunto. Esta sitaución, entre outras cousas, levou á desaparición do club.[2]
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Adestradores
[editar | editar a fonte]A seguinte é unha lista dos adestradores do Caja Bilbao na súa etapa na Liga ACB.
- José Antonio Figueroa (1986−1988)
- Paco Garrido (1988−1989)
- Jesús Codina (1989−1991)
- Manu Moreno (1991)
Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1984–85 | 2 | 1ª División B | 4º | 17–9 | |||
1985–86 | 2 | 1ª División B | 2º | 20–8 | |||
1986–87 | 1 | ACB | 9º | 13–18 | Semifinalista | Copa Príncipe | CF |
1987–88 | 1 | ACB | 12º | 15–15 | Copa Príncipe | OF | |
1988–89 | 1 | ACB | 11º | 17–24 | Oitavos de final | ||
1989–90 | 1 | ACB | 15º | 16–13 | Oitavos de final | ||
1990–91 | 1 | ACB | 23º | 15–28 | Primeira rolda | ||
1991–92 | 2 | 1ª División | 9th | 21–15 | |||
1992–93 | 2 | 1ª División | 3º | 32–12 | |||
1993–94 | 2 | 1ª División | 1º | 37–13 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Polideportivo de La Casilla". turismo.euskadi.eus (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ J., Ramón (13 de abril de 2020). "Historia de los ascensos a ACB (1993-94): El sueño del ascenso del Cajabilbao acabó en pesadilla y desaparición". lucentumblogging.com.