Saltar ao contido

Cúpula de Soltaniyeh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Modelo:Xeografía físicaCúpula de Soltaniyeh
Vista nocturna
Imaxe do interior
Imaxe
Tipomausoleo
ben cultural Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaZanjan, Irán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localizaciónسلطانیه، خیابان گنبد Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSoltaniyeh (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 36°26′02″N 48°47′45″L / 36.43380455, 48.79863272
Características
Dimensións49 (altura) m
Material usadoladrillo
Morteiro (construción) Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2005 (29ª Sesión)
Identificador1188-001
Patrimonio Nacional de Irán
Data6 de xaneiro de 1932
Identificador166
Historia
Data de creación ou fundación1312 Editar o valor en Wikidata

A atracción central do conxunto de ruínas de Soltaniyeh é o Mausoleo de Il-khan Öljeitü, tamén coñecido como Muhammad Khodabandeh, tradicionalmente coñecida como a Cúpula de Soltaniyeh na cidade de Soltaniyeh, Provincia de Zanyán en Irán.

A estrutura, erixida do 1302 ao 1312, ten a máis antiga dobre cúpula no Irán.[1] Esta opinión sobre a construción foi feita por Dieulafoy pero é disputada por André Godard[2]. En opinión de Godard é unha cúpula normal, aínda que espectacularmente grande, cun revestimento delgado na parte superior para a faienza e de ningunha maneira se trata dunha cúpula dobre. A súa importancia no mundo musulmán pode compararse coa da cúpula de Brunelleschi para a arquitectura cristiá. É unha das maiores cúpulas de ladrillo do mundo, xusto no límite da enxeñaría teórica para unha cúpula dese material e a terceira cúpula máis grande do mundo despois das cúpulas da Catedral de Florencia e Santa Sofía.

A cúpula de Soltaniyeh fixo camiño para a construcións de cúpulas de estilo iraniano máis audaces no mundo musulmán, coma o Mausoleo de Khoja Ahmed Yasavi e o Taj Mahal. Gran parte da súa decoración exterior perdeuse, pero o interior conserva magníficos mosaicos, faienza e murais.

A cúpula, estimada en 200 toneladas de peso, atópase a 49 metros de altura desde a súa base e hoxe está en proceso de renovación.

Galería de fotos

[editar | editar a fonte]
  1. [1] [Ligazón morta]
  2. Unha enquisa de Arte persa Vol III páxina 1115 [Cómpre clarificar]