Céltigos, Ortigueira
Céltigos | |
---|---|
Igrexa de San Xulián de Céltigos. | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°43′17″N 7°47′23″O / 43.721388888889, -7.7897222222222 |
Área | 6,1 km² |
Poboación | 281 hab. (2017) |
Densidade | 46,07 hab./km² |
Entidades de poboación | 28[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xulián de Céltigos[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 359 habitantes (181 mulleres e 178 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 384 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia de Céltigos está situada entre o monte de Covaguión, que forma a punta da Bandexa na costa, e os contrafortes da serra do Feo. Os límites pola costa van dende a pena Penafurada até a pena da Cruz dos Paraños, polo suroeste a parroquia de Espasante, polo sur San Salvador de Couzadoiro, e polo leste a parroquia de Loiba.
O pequeno río Aguiunxo atravesa a parroquia dende o lugar dos Furoces até a praia do Vimbieiro. Outras acolledoras praias da parroquia son O Eirón e A Arxuá que flanquean á anterior, e na costa nordeste está a agreste praia do Sarridal e a Ribeira dos Ourizos.
A estrada AC-862 atravesa a parroquia de nordeste a suroeste por Oldar, O Viso e Rilleiras. Tamén cruza a parroquia a vía de FEVE Ferrol-Xixón cun túnel de 547 metros, mais non dispón de apeadoiro ningún na parroquia.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A antiga igrexa parroquial do século XVIII, construída cunha soa nave e cun retablo barroco foi derrubada recentemente e no seu lugar alzouse unha estrutura moderna, conservándose unicamente o antigo campanario. O conxunto fica á beira da estrada comarcal que enlaza coa estrada AC-862 e remata na praia do Vimbieiro. Ao lado esquerdo érguese o cemiterio parroquial.
Consérvanse restos dun poboado castrexo con varias penas adheridas de xeito natural ó chan. Consérvanse petróglifos en forma de cazoletas, estudadas polo arqueólogo inglés Rivett Carnac e por Federico Maciñeira nas súas colaboracións no Boletín de la Real Academia da la Historia. Na actualidade atópase cuberto de eucaliptos e toxeiras que fan case inaccesible este lugar.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Céltigos, Ortigueira.
-
Praia do Sarridal.
-
Ribeira dos Ourizos.
-
Praia do Eirón.
-
Praias do Vimbieiro e da Arxúa.
-
Vista do castro no alto do Viso.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Céltigos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Céltigos no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
O Aro | O Barral | A Brixela | O Cabaleiro | O Cal | Callobre | Os Carrís | A Costoira | Entornacarros | Figueiras | A Fonte | Fonterredonda | Os Furoces | A Graña | A Leira | Mandín | Mazorgán | Oldar | O Orto | As Painceiras | As Paredes | O Pedrido | Pena das Seixas | Os Pumares | As Rilleiras | Tope | O Vimbieiro | O Viso |