Saltar ao contido

Buzz Osborne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBuzz Osborne

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Morton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guitarrista, compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock e música de vanguarda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoAlchemy Records Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 9a911b22-f972-44ee-b2d3-d41297fe96e9 Discogs: 1304709 Allmusic: mn0000632209 Editar o valor en Wikidata

Roger "Buzz" Osborne, nado en Montesano, Washington o 25 de marzo de 1964, coñecido como Buzz Osborne ou como King Buzzo, é o guitarrista, vocalista, compositor e tecnicamente o único membro fundador da banda The Melvins. Tamén é fundador e guitarrista das bandas Fantômas e Venomous Concept. Foi tamén amigo no instituto de Kurt Cobain e o baixista da súa primeira banda, Fecal Matter, en 1986. Tamén colaborou con outros artistas como Cows e Tool.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Osborne comezou escoitando música de Aerosmith e Ted Nugent cando tiña uns 12 anos e despois duns poucos anos interesouse polo punk rock.[1]. A comezos dos 80 Osborne fundou Melvins con Matt Lukin e Mike Dillard, os cales asistían tamén ao Montesano High School, onde se graduaron en 1982. Melvins comezaron a tocar hardcore punk acelerado despois de que Osborne fose introducido a bandas como Black Flag, Flipper e Millions of Dead Cops por un amigo doutro estado. Cando Dillard deixou o grupo en 1984 recrutaron a Dale Crover, e os ensaios da banda movéronse a unha habitación da casa dos pais de Crover en Aberdeen, Washington. Melvins comezaron a tocar cancións máis lentas e pesadas.

En 1986 a banda publicou o seu EP Six Songs a través de C/Z Records (posteriormente editado como Eight Songs, 10 Songs e 26 Songs) que foi gravado ao vivo nun dous pistas o 8 de febreiro dese ano. No mes de decembro gravaron o seu primeiro álbum, Gluey Porch Treatments, no Studio D en Sausalito, California, e este publicouse en 1987 a través de Alchemy Records.

En 1988, Osborne mudouse con Crover a San Francisco, onde a banda gravou o seu seguinte álbum, Ozma, en maio de 1989.

Osborne, xunto co resto dos Melvins, coñecía aos membros de Nirvana. Cando se separou o anterior grupo de Dave Grohl, Scream, este achegouse a Osborne para pedirlle consello. Como resposta Osborne presentoulle a Kurt Cobain e Krist Novoselic. A influencia dos Melvisn pode verse claramente na música de Nirvana, especialmente no traballo da época de Bleach.[2]

En 1997 Osborne apareceu no vídeo promocional de "All I Want" de The Offspring, como un pianista enmascarado. Osborne tamén aparece no vídeo do tema de Beck "Beercan", que ten un sampler da canción dos Melvins "Hogleg."

Buzz uniuse a Tool en directo na súa xira do Ænema. Melvins tamén abriron concertos para Tool nesa xira. En 1998 creou a banda Fantômas xunto co vocalista de Faith No More Mike Patton, coa que continua en activo a día de hoxe.

O derradeiro álbum de Fantômas é Suspended Animation, publicado en 2005. Trátase dun álbum conceptual que se centra no tema das vacacións e conta cun frenético son punk rock. O disco foi un éxito comercial, chegando ao número 7 da lista Top Heatseekers e ao 12 da Top Independent Albums da revista Billboard.[3]

No ano 2014 King Buzzo anunciou a súa primeira xira acústica en solitario xunto cun EP de 10" titulado This Machine Kills Artists e un álbum posterior, do mesmo nome, apareceido en xuño a través do selo Ipecac Recordings.

  1. Spin (ed.). "Stream Melvins Covers Album ‘Everybody Loves Sausages’ With King Buzzo Commentary". Consultado o 17 de xuño de 2017. 
  2. Rolling Stone (ed.). "Buzz Osborne Continues to Bash 'Montage of Heck'". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2017. Consultado o 17 de xuño de 2017. 
  3. Allmusic (ed.). "Fantômas - Suspended Animation". Consultado o 17 de xuño de 2017.