Buxato común
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Buxato común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar nos Países Baixos | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Buteo buteo (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Verde escuro: permanente
Verde claro e azul: época de cría e inverno | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
7-10, ver texto |
O buxato común[2] (Buteo buteo) é unha ave de presa propia do Vello Mundo. Recibe tamén os nomes de miñato común, miato,[3] bexato,[4] buxato,[5] lamego[6] ou lamote.[7] O buxato típico acada entre 51 e 57 cm de lonxitude, cunha envergadura de 110 a 130 cm coas ás despregadas, o que o coloca entre as rapaces de tamaño medio. A súa especie espállase pola maior parte de Europa e tamén se estende por Asia. Polo corrente é unha ave que se estaciona todo o ano, excepto nas partes máis frías do hábitat, e máis no caso dalgunhas subespecies. Os buxatos poden chegar a vivir até 20 anos.
Os machos son máis grandes en tamaño e en peso que as femias.
Os buxatos, normalmente, non forman bandos, pero ás veces poden ser vistos xuntos da cando hai movementos migratorios ou nun bo hábitat. O escritor da época vitoriana , William Crossing, estando en Dartmoor, rexistrou que tiña visto, en ocasións, bandos de 15 ou máis buxatos nalgúns sitios.
Esta rapaz de amplas ás, posúe unha boa variedade de plumaxes, de xeito que en Europa pode ser confundido co parecido Buteo lagopus e co invulgar e distantemente emparentado abelleiro europeo (Pernis apivorus), capaz de mimetizar a plumaxe do buxato común para se protexer do azor.
Reprodución
[editar | editar a fonte]O buxato común constrúe un único niño ben en árbores ou en penas illadas. A femia pón só 2 ou 3 (moi raramente 1 ou 4) ovos no niño, entre marzo e maio. Os ovos son caracteristicamente branco-azulentos con pintas grises ou acastañadas. O chocamento dura, polo normal, 34 días, alternándose, para chocalos, machos e femias. Os peldrachos fican no niño por uns 40 ou 50 días.
Hábitos alimenticios
[editar | editar a fonte]Cría nos bosques, mais acostuma a cazar en terreo aberto. Aliméntase de pequenos mamíferos, réptiles, batracios, insectos, paxaros, e pode mesmo aceptar a calaza.
Outros nomes en galego
[editar | editar a fonte]O buxato común, ave abundante na Galiza, coñécese aínda con outros nomes: bexato ou buxato (aínda que bexato é tamén normativo, buxato está quizais máis espallado), queima, tartaraña, ...
Subespecies
[editar | editar a fonte]As diferentes subespecies de buxatos divídense en varios grupos :
Grupo occidental
[editar | editar a fonte]O grupo occidental está esencialemente composto de subespecies residentes ou migratorias, mais neste caso só de moi curto radio. Atopamos:
- Buteo buteo buteo: Europa
- B. b. rothschildi: Illas Azores
- B. b. insularum: Illas Canarias
- B. b. arrigonii: Córsega e Sardeña
- B. b. menetriesi: Cáucaso
- B. b. harterti: Illas de Madeira
Grupo oriental
[editar | editar a fonte]Está representado polas subespecies seguintes :
- B. b. vulpinus : Eurasia. É un migrante de "longa distancia", excepto os inviduos que viven no Himalaia.
- B. b. japonicus: Xapón.
Grupo africano
[editar | editar a fonte]As dúas variantes, que viven en illas africanas, poderían pertencer ao primeiro grupo, mais mantéñense como especies distintas logo de ser analizado o seu ADN (Clouet & Wink 2000). Son:
- Buteo (buteo) bannermani: Cabo Verde
- Buteo (buteo) socotrae: Illa de Socotra
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
buxato pousado
-
buxato común en voo
-
buxato común en voo
-
buxato no niño
-
Museum specimen
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2013). "Buteo buteo". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para miato.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bexato.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para buxato.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lamego.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lamote.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buxato común |