Saltar ao contido

Burgos Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Burgos CF»)
Burgos
NomeBurgos Club de Fútbol
Alcume(s)O mataxigantes
Fundación1922 (refundado en 1994)
EstadioEl Plantío,
Burgos, España
Inauguración1964
Capacidade12.200
PresidenteEspaña Jesús Martínez Nogal
AdestradorEspaña Fernando Estévez Martín
Liga2ªB – Grupo 2
2017–1811º (2ªB – Grupo 1)
Na rede
http://www.burgoscf.es/
Facebook: burgoscf Twitter: Burgos_CF Instagram: burgos_cf Youtube: UCCWF62t8AD7rxfXmsEdNnHQ TikTok: burgos_cf Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Burgos Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Burgos, en Castela e León. Fundado en 1922, foi refundado en 1994 e xoga no grupo II da Segunda División B Española.

Conta con doce equipos de categorías inferiores e unha sección de fútbol sala que milita na Primeira Nacional A.

En 1922 fundouse o Burgos Club de Fútbol. Durante un tempo denominouse Gimnástica Burgalesa pero en 1949 cambio novamente á súa denominación orixinal. Os primeiros éxitos do club viñeron durante a presidencia de José Luís Prezados, cando ascendeu varias categorías ata chegar á Primeira División Española. Nos anos 40 xogou no Burgos un dos mellores futbolistas españois. Trátase de Pasieguito, que defendeu as cores dos equipos máis importantes de Primeira División.

Na tempada 1971-72 o Burgos Club de Fútbol estreouse en Primeira División. Desta época cabe destacar a presenza de Rufino Requejo, dianteiro que ata logrou vestir a camiseta da selección Olímpica nacional. A finais dos anos 70 conseguiu os seus mellores resultados, destacando por encima de todos a figura de Juanito, quen ficharía posteriormente polo Real Madrid. Ademais del, nesta época destacaron o gardameta Manzanedo, que xogou no Valencia CF; o mediocampista Miguel Ángel Portugal ou o defensa Antonio García Navallas, que tamén fichou polo Real Madrid.

A principios dos anos 1980, o club sufriu unha grave crise económica que se consumou coa súa desaparición en 1983, xerando así o cambio de denominación do seu equipo filial, o Burgos Promesas, Real Burgos Club de Fútbol para facer de club ponte. Baixo esta denominación subiu desde Terceira División a Primeira en cinco anos.

En 1994, José María Quintano refundou o club. Nesa tempada o club saíu a competir na antiga Rexional Ordinaria e Félix Arnáiz Lucas sería o seu adestrador. Lucas conseguiu ascender ao equipo ata a Terceira División e en 1996 foi substituído por Martínez Lobato quen se encargaría de levar ao equipo ata a Segunda B en xuño de 1997. Deste xeito, o club conseguiu tres ascensos consecutivos entre 1994 e 1997. En 2001, o equipo chegou á Segunda División tras disputar 3 fases de ascenso grazas a un tanto de Dani Pendín nun partido contra o CD Ourense disputado en El Plantío.

Durante a tempada 2001-02, o Burgos CF mantivo a categoría en Segunda baixo a batuta de Enrique Martín pero a obrigatoriedade de converterse en Sociedade Anónima Deportiva e a resistencia do presidente Quintano a realizar a conversión levou ao equipo a descender novamente á Segunda División B, aproveitándose da situación o Levante. Tras o descenso administrativo o Burgos CF buscou de novo o ascenso en catro ocasións máis. Na tempada 2007-2008 o club descendeu á Terceira División na última xornada.

O filial blanquinegro, o Burgos B que militou durante as tempadas 2006-07 e 2007-08 na Terceira División, desaparece nesta última tempada logo de descender a Rexional Preferente e o club non poder manterlle nesa categoría. O Burgos CF podía considerarse nunha situación privilexiada que era ter competindo ao equipo filial na categoría anterior como era a Terceira División.

Na actualidade o Burgos CF é un club que aposta pola canteira, e pese ao mal momento económico ten competindo a doce conxuntos de categorías inferiores, desde Prebenxamís ata os Xuvenís.

Tras intentar saír de 3ª División, foi eliminado polo Sporting Mahonés, na segunda rolda do play-off, logo de apear ao conxunto vasco do Elgoibar na primeira fase da mesma. Na tempada 2009-10 o Burgos gañou o seu sexto título de campión de Terceira División, pero non conseguiu o ascenso. Na tempada 2010-11 ascende a Segunda División B, pero non consegue manter a categoría. O paso por Terceira dura só un ano e o equipo, campión do seu grupo, consegue un novo ascenso.

O Burgos Club de Fútbol xoga de local no Estadio Municipal de El Plantío, propiedade do Concello de Burgos. Inaugurado o mércores 2 de setembro de 1964 para un adestramento e oficialmente o 13 de setembro de 1964, en partido de liga ante o Indautxu, sendo o resultado de 2-0 para o equipo burgalés. Ten unha capacidade de 12.200 espectadores todos sentados.

Datos do club

[editar | editar a fonte]

(Desde a refundación)

Tempada a tempada

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posición Copa do Rei
1994/95 1ª Rexional
1995/96 1ª Rexional
1996/97
1997/98 2ªB 15º 2ª Rolda
1998/99 2ªB
1999/00 2ªB 1ª Rolda
2000/01 2ªB 1/64
2001/02 16º 1ª Rolda
2002/03 2ªB 1ª Rolda
2003/04 2ªB 1ª Rolda
2004/05 2ªB 1/32
2005/06 2ªB 4ª Rolda
Tempada Categoría Posición Copa do Rei
2006/07 2ªB 3ª Rolda
2007/08 2ªB 18º 1/32
2008/09
2009/10
2010/11 1ª Rolda
2011/12 2ªB 20º 1ª Rolda
2012/13
2013/14 2ªB 10º 3ª Rolda
2014/15 2ªB 12º
2015/16 2ªB
2016/17 2ªB 16º
2017/18 2ªB

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 6 de febreiro de 2015.

Posto País Xogador
POR España Aurreko
POR España Álvaro del Val
POR España Julen Itxaso
DEF España Andrés González
DEF España Sergio Esteban
DEF España Dani Guillén
DEF España Carlos Quesada
DEF España Maureta
DEF España Manu Torres
MED Congo Moke
Posto País Xogador
MED España Fernando Llorente
MED España Beñat Alemán
MED España Gabri Ortega
MED España Jorge Sáez
MED España Raúl Rodrigo
MED España Javi Hernández
MED España Carralero
MED España Álex Cruz
DIA España Cristian López
DIA España Gabri Gómez

Palmarés

[editar | editar a fonte]

(Desde a refundación)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]