Saltar ao contido

Buccaneers RFC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buccaneers RFC
NomeBuccaneers Rugby Football Club
Alcume(s)Buccs ou Buccaneers
Fundación1994
SedeAthlone, Connacht (Irlanda)
Estadio(s)Dubarry Park
Capacidade10.000 espectadores
PresidenteAustin Reid
AdestradorTony Dolan e Jude Lennon
Liga(s)AIB League
2008-0912º
Casa
Na rede
http://www.munsterrugby.ie www.munsterrugby.ie

O Buccaneers Rugby Football Club é un club de rugby da localidade de Athlone, na provincia de Connacht (Irlanda). As cores do equipo son o negro e o dourado. Actualmente compite na División 1B da AIB League.

O nome do equipo provén dos Shannon Buccaneers, un club fundado por Diarmuid Murtagh en Athlone a principios dos anos '30. Algúns dos seus xogadores foron seleccionados para xogar con Irlanda e cos British and Irish Lions coma Sammy Walker, posteriormente o club disolveríase debido á segunda guerra mundial.

Máis recentemente, na tempada 1993-94, trala fusión do Athlone RFC e o Ballinasloe RFC para competir na All-Ireland League xorde o Buccaneers RFC, derivando o seu nome do antigo Shannon Buccaneers. Orixinalmente foron coñecidos coma Athone-Ballinasloe, mais finalmente trocarían o seu nome polo de Buccaneers. Os Buccs xogaron os seus partidos de xeito alterno nas dúas cidades, separadas por 15 km. O club gañou o título da Division 3 en 1996 e en 1998 acadou o ascenso á Division 1 baixo o mando de Eddie O'Sullivan, actual seleccionador de Irlanda. Sorprendentemente, o club rematou a tempada 1999 en terceiro lugar. No 2005, Ballinasloe recuperou a súa independencia, mais o club mantivo o seu nome de Buccaneers.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]