Broncoscopia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2019.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A broncoscopia é unha técnica de visualización das vías aéreas baixas usando un broncoscopio flexible ou ríxido, a cal pode ser utilizada con fins diagnósticos ou terapéuticos.
Esta técnica utilízase para o exame da vía aérea, entre outros fins, para o diagnóstico de procesos inflamatorios, infecciosos, tumorais, hemorráxicos e a localización de corpos estraños.
Historia
[editar | editar a fonte]O alemán Gustav Killian realizou a primeira broncoscopia en 1897. Killian usou un broncoscopio ríxido para extraer un óso de porco, realizando o procedemento baixo anestesia local con cocaína. Na década de 1920, Nathan Faux perfeccionou o broncoscopio, usando un tubo ríxido para visualizar a traquea e os bronquios principais. O xaponés Shigeto Ikeda inventou o broncoscopio flexible en 1966. Inicialmente empregaba filamentos de fibra óptica requirindo unha fonte de luz externa, tiña un diámetro exterior de aproximadamente 5 a 6 mm, cunha capacidade de flexionarse 180 graos e estenderse 120 graos, permitíndolle entrar nos bronquios lobares e segmentarios. Máis recentemente reemprazáronse estes dispositivos orixinais por broncoscopios equipados cun dispositivo de vídeo localizado no seu extremo distal.
Tipos
[editar | editar a fonte]Existen dous tipos de broncoscopios: flexible (fibrobroncoscopia) e ríxido. A fibrobroncospia realízase xeralmente baixo anestesia local, co paciente desperto. A broncoscopia ríxida pode ser usada para a extracción de corpos estraños ou a colocación de stents; este procedemento realízase xeralmente baixo anestesia xeral.
Fins da broncoscopia
[editar | editar a fonte]Diagnóstica
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Broncoscopia flexible diagnóstica.
- Para observar anormalidades na vía aérea.
- Para obter mostras de tecido pulmonar en varias enfermidades, os cales poden obterse realizando unha biopsia, lavado broncoalveolar ou cepillado endobronquial.
- Para diagnosticar un paciente con hemorraxia pulmonar, sospeita de cáncer de pulmón, tose crónica e sarcoidose, entre outros.
Terapéutica
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Broncoscopia terapéutica.
- Para remover secrecións, sangue ou obxectos estraños aloxados na vía aérea.
- Resección por medio de láser, electrocirurxía ou crioterapia de tumores ou estenose de orixe benigna da traquea e bronquios.
- Inserción de stents co fin de aliviar a presión extrínseca ocasionada por procesos benignos ou malignos.
- A broncoscopia tamén se utiliza na traqueostomía percutánea.
- Intubación traqueal de pacientes con vía aérea difícil, usando un broncoscopio flexible.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Broncoscopia |