Brian Houghton Hodgson
Brian Houghton Hodgson | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1800 Prestbury, Cheshire |
Morte | 23 de maio de 1894 Londres |
Lugar de sepultura | Alderley (pt) |
Embaixador do Reino Unido (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | británica |
Educación | Haileybury and Imperial Service College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Etnoloxía e estudos orientais (pt) |
Ocupación | naturalista e etnólogo |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Hodgson |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Susan Hodgson (1869–) |
Premios | |
Membro da Royal Society | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Dictionary of National Biography, first supplement (en) The Nuttall Encyclopædia >>>:Hodgson, Brian Houghton |
Brian Houghton Hodgson, nado o 1 de febreiro de 1800 en Prestbury, Cheshire, e finado o 23 de maio de 1894 en Londres,[1] foi un naturalista e etnólogo que traballou na India Británica, onde foi funcionario público.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hodgson naceu en Prestbury, Cheshire. Á idade de dezasete anos viaxou á India como escritor da British East India Company.
Foi enviado a Katmandú no Nepal como Comisionado Asistente en 1819, converténdose en Residente (cargo equivalemnte a gobernador) británico en 1833.
Estudou aos nativos do Nepal, producindo un gran número de escritos sobre a súa lingua, literatura e relixión.
Moi interesado polas ciencias naturais, Hodgon estudou todos os aspectos da historia natural do Nepal, Sikkim e Bengala. Reuniu unha gran colección de aves e mamíferos disecados que finalmente doou ao British Museum.
Describiu novas especies de antílopes, dos que algúns foron chamados no seu honor, como o antílope tibetano Pantholops hodgsonii. Tamén descubriu 39 especies de mamíferos e 124 especies de aves que non foran descritas previamente, e 79 delas foron descritas por el, como, por exemplo, a perdiz tibetana (Perdix hodgsoniae).
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- Miscellaneous Essays relating to Indian Subjects. Trübner, Londres 1880
- Essays on the languages, literature, and religion of Nepál and Tibet. Trübner, Londres 1874
- Comparative vocabulary of the languages of the broken tribes of Népál. Calcuta 1859
- Papers relative to the colonization, commerce, physical geography, &c. ... Calcuta 1857
- Route of two Nepalese Embassies to Pekin with remarks on the water-shed and plateau of Tibet. Hodgson, Darjeeling 1856
- Route from Kathmandu, the capital of Nepal, to Darjeeling in Sikim, interspersed with remarks on the people and country. Calcuta 1848
- Essay the first. Thomas, Calcuta 1847
- Preeminence of the vernaculars. Serampore 1847
- Catalogue of Nipalese birds between 1824 and 1844. Calcuta 1844
- Illustrations of the literature and religion of the Buddhists. Serampore, 1841
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Hodgson emprégase para recoñecer a Brian Houghton Hodgson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 28 de maio de 1894 de acordo con M. A. Smith, en Fauna of British India publicada en 1941.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brian Houghton Hodgson |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Brian Houghton Hodgson |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cocker, M. & Inskipp, C. (1988): A Himalayan ornithologist: The life and work of Brian Houghton Hodgson. Oxord, UK: Oxford University Press. ISBN 0-1985-7619-6.
- Hunter, W. W. (1896): Life of Brian Houghton Hodgson. Londres: John Murray. 390 pp. Libro escaneado.
- Lydekker, R. (1902): "Some famous Anglo-Indian naturalists of the nineteenth century". Indian Review 3: 221-226.
- Mearns, Barbara e Richard Mearns (1998): Biographies for Birdwatchers: The Lives of Those Commemorated in Western Palearctic Bird Names. Londres e San Diego: Academic Press. ISBN 0-1248-7422-3.
- Smith, M. A. (1941): Fauna of British India, Ceylon ahn Burma. Reptilia and Amphibia..