Breaking Circus
Breaking Circus | |
---|---|
Orixe | Chicago, Illinois, |
Período | 1984 - 1988 |
Xénero(s) | rock alternativo, post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | Homestead Records |
Membros | Steve Björklund Peter Conway Todd Trainer Phil Harder Tony Pucci |
Artistas relacionados | Shellac, Brick Layer Cake, Flour, Rifle Sport, Big Trouble House, Man Sized Action |
Na rede | |
Breaking Circus foi unha banda estadounidense de post-punk dos anos 80 baseada en Chicago e posteriormente en Minneapolis, fundada polo guitarrista e vocalista Steve Björklund.
Historia
[editar | editar a fonte]Björklund tocou a guitarra e cantou na banda de punk rock de Chicago Strike Under despois dun breve período no grupo Terminal Beach.[1] Breaking Circus foi o seu seguinte proxecto, orixinalmente co baixista Bruce Lange e unha caixa de ritmos Roland TR-606.[2] Breaking Circus asinou un contrato con Homestead Records para o seu primeiro lanzamento, o EP The Very Long Fuse (1985).
En 1986 Björklund mudouse a Minneapolis e comezou a traballar co baixista de Rifle Sport Pete "Flour" Conway e co batería e guitarrista Todd Trainer.[3] Ese ano a banda publicou unha canción, "Driving the Dynamite Truck" no recompilatorio de Twin/Tone Big Hits of Mid-America Volume Four, cunha formación lixeiramente distinta ao estar Tony Pucci, de Man Sized Action, na batería.[4] Homestead Records publicou o álbum The Ice Machine, onde os créditos aparecía nun inserto como un xogo de beber ao estilo do Monopoly.
O guitarrista Phil Harder uniuse á banda para unha xira nacional antes de que Breaking Circus regresase a casa para gravar outro álbum que incluiría catro cancións de Björklund, catro de Conway, e catro de Trainer. Cando a banda chegou ao estudio recibiron noticias de que Homestead só pagaría por seis das doce cancións que tiñan planeado gravar. Graváronse as catro cancións de Björklund e unha de cada un dos outros membros, sendo publicadas como o EP Smokers' Paradise en 1987. A banda separouse en 1988.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Ice Machine | 1986 | Homestead Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Terminal Beach - ChicagoPunk". punkdatabase.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-21.
- ↑ Holub, Anne. "Bands You Missed, Vol. 2". Gapers Block. Consultado o 2019-11-21.
- ↑ "Breaking Circus | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-21.
- ↑ "Big Hits of Mid-America Volume IV". www.twintone.com. Consultado o 2019-11-21.