Brays Efe
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1988 (35 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | actor , guionista |
Lingua | Lingua castelá |
Premios
| |
Brays Fernández Vidal, nado nas Palmas de Gran Canaria o 30 de setembro de 1988, é un actor galego máis coñecido como Brays Efe, que acadou sona polo seu papel na serie web Paquita Salas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nas Palmas de Gran Canaria, aínda que se criou nunha granxa en Vilariño (Nigrán).[1] Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid e traballou como xornalista, axudante de casting e locutor de radio. Asemade, escribiu e dirixiu tres curtametraxes e dúas obras para microteatro.
Como actor, tivo o seu primeiro papel protagonista no filme Cómo sobrevivir a una despedida, dirixido por Manuela Burló Moreno, e onde compartiu cartel con Natalia de Molina, María Hervás, Úrsula Corberó e Celia de Molina.[2] Pouco despois acadou popularidade encarnando a Paquita Salas na serie web Paquita Salas, que lle valeu o premio Feroz ó mellor actor protagonista dunha serie en 2017.[3] Representou esa personaxe durante as tres tempadas da serie e tamén na gala dos Premios Goya 2018, onde realizou un monólogo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ S.L., EDICIONES PLAZA,. "Entrevista a Paquita Salas: low cost, los años 90 de Almodóvar e ingenio". Cultur Plaza (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
- ↑ "La despedida de Moreno sobrevive en Málaga" (en castelán). 23 de abril de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2022.
- ↑ "Premios Feroz 2017: Listado completo de ganadores".