Saltar ao contido

Boudhanath

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaBoudhanath
Imaxe
Tipoasentamento
Stupa Editar o valor en Wikidata
Parte deVal de Katmandú Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaKatmandú, Nepal Editar o valor en Wikidata
Mapa
 27°43′17″N 85°21′43″L / 27.721389, 85.361944
Características
Dimensións36 (altura) m
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 1,27 ha
zona de protección: 2,83 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
TipoPatrimonio cultural
Data1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii), (iv) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador121bis-005

Boudhanath (en devanágari: बौद्धनाथ), tamén chamado Boudha, Bouddhanath ou Baudhanath ou o Khāsa Caitya, é un dos lugares máis sagrados do budismo en Katmandú, Nepal. É coñecido como Khāsti en lingua newari, Jyarung Khasyor en lingua tamang ou como Bauddha polos modernos falantes de nepalés.[1] Está situado a 11 km do centro, na periferia ao noroeste de Katmandú. Trátase dunha das estupas esféricas máis grandes do Nepal, representando o mandala.[2]

A estupa budista de Boudhanath domina o horizonte. A antiga estupa é unha das maiores do mundo. A afluencia de grandes poboacións de refuxiados do Tíbet propiciou a construción de 50 gompas tibetanas (mosteiros) arredor do Boudhanath. Dende 1979, o Boudhanath é Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Xunto co Swayambhunath, é un dos lugares máis populares para os turistas na área de Katmandú.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Snellgrove, David (1987). Shambhala Publications, ed. Indo-Tibetan Buddhism: Indian Buddhists and Their Tibetan Successors. 2 vols. Boston. p. 365. ISBN 0-87773-311-2. 
  2. "Fables of Boudhanath and Changunarayan". nepalnews.com. Arquivado dende o orixinal o 09-02-2007. Consultado o 05-06-2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]