Bolsa de Rathke
A bolsa de Rathke é unha estrutura embriolóxica que ten como resultado a formación da glándula pituitaria anterior ou adenohipófise, un órgano pertencente ao sistema endócrino.
A formación desta estrutura comeza coa invaxinación do ectoderma situado no teito da boca, en fronte da membrana bucofarínxea. Dita invaxinación vai paseniñamente aumentando de tamaño até se fusionar coa hipófise posterior ou neurohipófise para formar a hipófise do individuo adulto.
A orixe do termo provén do médico Martin Rathke, que lle deu nome.[1]
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A bolsa de Rathke, e por conseguinte a glándula pituitaria anterior, deriva do ectoderma.
Malia comezar a súa formación invaxinándose dende o teito da boca, finalmente perde dita conexión e faise independente, dando lugar á hipófise anterior. A parede anterior da bolsa de Rathke prolifera para formar a meirande parte da pars distalis e da pars tuberalis da adenohipófise. A parede posterior dará lugar á pars intermedia.
Relevancia clínica
[editar | editar a fonte]A bolsa de Rathke pode dar lugar ao desenvolvemento de quistes de características benignas. Tamén é posíbel o desenvolvemento dun craneofarinxioma, un tipo de cancro que afecta ao sistema nervioso central.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ M. H. Rathke. Entwicklungsgeschichte der Natter (Coluber natrix). Königsberg, Bornträger, 1839.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Diagram at cushings-help.com Arquivado 01 de decembro de 2005 en Wayback Machine. (en inglés)
- Máis información (en inglés)