Boeing 777X
Aparencia
Boeing 777X | |
---|---|
O 777X na súa presentación | |
Tipo | pasaxeiros de fuselaxe ancha |
Fabricante | Boeing Commercial Airplanes |
Primeiro voo | 25 de xaneiro de 2020 |
Introducido | planeada para 2022 |
Estado | probas de voo |
Produción | 2017 - presente |
Unidades construídas | 3 |
O Boeing 777X é o último modelo da familia de avións de pasaxeiros de longo alcance e fuselaxe ancha 777 de Boeing Commercial Airplanes. O 777X está equipado con novos motores GE9X, novas ás de materiais compostos coas puntas plegables, maior ancho de cabina e capacidade de asentos, e tecnoloxías do Boeing 787. O programa 777X lanzouse en novembro de 2013 con dúas variantes: o 777-8 e o 777-9. O 777-8 pode transportar 384 pasaxeiros e ten un alcance de 16 170 km, mentres que o 777-9 pode levar 426 pasaxeiros a unha distancia de 13 500 km. O 777-9 voou por vez primeira o 25 de xaneiro de 2020 e agárdase que as súas entregas comecen no ano 2022.