Bobby Seale
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1936 (88 anos) Dallas, Estados Unidos de América |
Activista polos dereitos civís | |
Datos persoais | |
Educación | Merritt College (en) Berkeley High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | activista político, autobiógrafo, Activista polos dereitos humanos, político, profesor universitario, animador |
Empregador | Universidade Temple (pt) |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Biographical Dictionary of the American Left (en) |
Bobby Seale, nado en Dallas, Texas, o 22 de outubro de 1936,[1][2][3] é un político afroamericano estadounidense, cofundador no ano 1966 do Partido Pantera Negras xunto con Dr. Huey P. Newton e David Hilliard.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante dende os seus anos de instituto en asociacións afroamericanas, Seale consegue formar un movemento que chegou a ter máis de 5000 membros e do que ocupou tarefas de dirección. Por tal causa estivo no punto de mira do FBI e foi un dos Oito de Chicago acusado de conspiración e incitación á violencia na Convención Nacional Democrática de 1968. Foi sentenciado a catro anos de prisión por desacato ao tribunal, debido aos seus frecuentes ataques de ira durante o xuízo. Nun deses ataques o xuíz chegou a ordenar que o atasen e amordazasen.
Seale foi acusado tamén nos xuízos de New Haven en 1970 polo asasinato de Alex Rackley, xuízo que rematou como nulo ao ser incapaz o xurado de chegar a un acordo. Os xuízos son considerados como un exemplo de represión política até por persoeiros moderados, e foron acompañados de protestas en New Haven que coincidiron coa folga de estudantes de maio dese mesmo ano.
No ano 1974 presentouse á alcaldía de Oakland (California), ficando en segundo lugar. Apartir de aí o seu activismo político reduciuse á participación en diversas asociacións pacifistas. No ano 2002, tras anos retirado da vida pública, Seale comezou a colaborar con Reach!, un grupo de apoio á educación de mozos e mozas.
Obra
[editar | editar a fonte]É autor de dous libros onde narra as súas experiencias políticas:
- Seize the Time: The Story of the Black Panther Party and Huey P. Newton, de 1970
- A Lonely Rage - The Autobiography of Bobby Seale, de 1978.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pennsylvania Center for the Book". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2009.
- ↑ Barbara Bigelow Contemporary Black Biography: Profiles from the International Black Community, volume 3. Gale Research, 1992, páxina 221
- ↑ David De Leon Leaders from the 1960s: A Biographical Sourcebook of American Activism. Greenwood Publishing Group, 1994, páxina 149