Saltar ao contido

Blanca Jiménez Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBlanca Jiménez Alonso
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1926 Editar o valor en Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de outubro de 2012 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCastropol Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFermín Penzol (1948–1981), morte Editar o valor en Wikidata
Premios

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Blanca era filla de Blanca Alonso Rey, enfermeira, e de Valentín Jiménez Moro, natural da provincia de Zamora que chegara a Ribadeo para exercer como inspector municipal veterinario.[1] Blanca cursou estudos secundarios en Ribadeo e con 19 anos aprobou con brillantes cualificacións o exame de estado na Universidade de Oviedo, estudando posteriormente Maxisterio en Lugo[1].

Estivo casada con Fermín Penzol, e foi presidenta de honor da fundación Penzol de 2001 a 2008 e conselleira da editorial Galaxia.[2]

Recibiu diferentes galardóns pola súa labor de presidenta da Fundación Penzol entre eles o de Galegas Destacadas e a medalla Castelao. Tamén formou parte do plenario do Consello da Cultura Galega ata o ano 2008.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Cabrera Iglesias, María Dolores; Arias Chachero, Patricia (26/3/2024). "Blanca Jiménez Alonso". Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega). 
  2. "Fallece Blanca Jiménez Alonso, viuda de Penzol y presidenta de honor de su Fundación". Faro de Vigo (en castelán). 6/10/2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]