Blake Griffin
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1989 (35 anos) Oklahoma, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Oklahoma (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 114 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, actor | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 32 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Clippers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Patrocinador | Red Bull GmbH | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Taylor Griffin | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | blakegriffin.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Blake Austin Griffin, nado o 16 de marzo de 1989 en Oklahoma City, Oklahoma, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense. Xogou a nivel universitario no equipo da Universidade de Oklahoma, onde foi nomeado "Xogador Nacional do Ano" no seu ano sophomore. Alí xogou durante dúas temporadas antes de se presentar para o Draft da NBA de 2009, onde foi seleccionado como primeira elección polos Clippers.
No equipo anxelino, porén, perdeuse o primeiro ano debido a unha lesión na rótula esquerda durante o último partido da pretemporada. Na seguinte temporado, no que sería realmente o seu primeiro ano, foi seleccionado para xogar o All-Star, gañou o concurso de mates e foi recoñecido como Rookie do Ano. De facto, no ano 2011, foi escillido pola revista norteamericana Sports Illustrated como un dos 15 mellores novatos de todos os tempos. Desde aquela Griffin participou no All-Star en todas as temporadas, axudando ao seu equipo a ser un habitual dos Play-offs polo título.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou dúas tempadas cos Sooners da Universidade de Oklahoma, o seu estado nata, nas que fixo unha media de 18,8 puntos e 11,8 rebotes por partido.[1] No seu primeiro ano no equipo foi incluído no mellor quinteto, tanto absoluto como de novatos, da Big 12 Conference, tras facer unha media de 14,7 puntos e 9,1 rebotes por encontro. Recibiu os premios de Mellor xogador do ano de Associated Press, o Premio John R. Wooden, o Premio Naismith e o Sporting News. Como Sam Bradford logrou o mesmo ano o Trofeo Heisman, os Oklahoma Sooners conseguiron ser a segunda universidade en ter aos gañadores do trofeo ao mellor xogador tanto en baloncesto como en fútbol americano no mesmo ano (Gary Beban gañou o Trofeo Heisman e Kareem Abdul-Jabbar o USBWA "Player of the Year" en 1968 para UCLA).
NBA
[editar | editar a fonte]Foi seleccionado por Los Angeles Clippers no primeiro posto do Draft da NBA de 2009,[2] e posteriormente, o 9 de xullo, facíase oficial a súa contratación por parte do equipo anxelino. En outubro de 2009 sufriu unha grave lesión de xeonllo que lle obrigou a apartarse das pistas durante toda a súa primeira tempada, aprazándose así o seu debut na NBA, que se produciu o 27 de outubro de 2010, conseguindo 20 puntos e 14 rebotes ante Portland Trail Blazers. O 20 de novembro bate a marca de anotación para un rookie dos Clippers, ao conseguir 44 puntos nunha derrota ante New York Knicks. É elixido Rookie do Mes de novembro, tras facer unha media de 20,2 puntos e 11,6 rebotes por partido, liderando ambas as clasificacións de novatos. Debido ás súas habilidades para o mate, élle concedido o alcume de "High Griffinition". Foi seleccionado ademais para xogar o concurso de mates (Sprite Slam Dunk Contest) do All Star de 2011 e o partido do All-Star celebrado no Staples Center dos Ánxeles, sendo seleccionado no seu ano rookie, un fito logrado por moi poucos xogadores na historia da NBA.
Na tempada 2012-13, Griffin foi elixido como titular no NBA All-Star Game de 2012, xunto co seu compañeiro Chris Paul. Tamén foi seleccionado para participar no Rising Stars Challenge. Na primeira rolda Griffin axudou aos Clippers a gañarlles aos Grizzlies en 7 partidos, pero nas semifinais os San Antonio Spurs gañáronlles en 4. Griffin foi seleccionado para o equipo dos Xogos Olímpicos de 2012 de Londres, pero perdeunas por unha lesión. Ao ano seguinte volveu ser seleccionado para o All-Star e clasificouse de novo co seu equipo para os Play-offs.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Draft Review (ed.). "Perfil de Blake Griffin". Consultado o 30 de abril de 2015.
- ↑ Beck, Howard (25 de xuño de 2009). New York Times, ed. "On a Day of Trades, the Draft’s Focus Is on Griffin and Guards" (en inglés). Consultado o 30 de abril.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 25 de maio de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1989
- Nados en Oklahoma
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Brooklyn Nets
- Xogadores dos Boston Celtics
- Rookie do Ano da NBA