Saltar ao contido

Blade Runner

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Blade Runner
Ficha técnica
Título orixinalBlade Runner
DirectorRidley Scott
ProdutorMichael Deeley
GuiónHampton Fancher
David Peoples
Baseado enSoñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick
IntérpretesHarrison Ford
Rutger Hauer
Sean Young
Edward James Olmos
Daryl Hannah
MúsicaVangelis
FotografíaJordan Cronenweth
MontaxeTerry Rawlings
Marsha Nakashima
EstudioThe Ladd Company
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea 25 de xuño de 1982[1]
Galicia 30 de maio de 2010 (TVG)[2]
Duración117 minutos[3]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos[1][4]
XéneroCiencia ficción, cyberpunk, cinema negro
Orzamento28 000 000 $[5]
Recadación33 770 893 $[6]
Na rede
https://www.warnerbros.com/blade-runner
IMDB: tt0083658 Filmaffinity: 358476 Allocine: 1975 Rottentomatoes: m/blade_runner Mojo: bladerunner Allmovie: v5994 TCM: 68982 Metacritic: movie/blade-runner TV.com: movies/blade-runner BNE: XX3638900 Editar o valor en Wikidata

Blade Runner é un filme de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro de 1982 dirixido por Ridley Scott e protagonizado por Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Edward James Olmos e Daryl Hannah. O guión, escrito por Hampton Fancher e David Peoples, foi unha adaptación libre da novela de 1968 Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick. Estreouse en galego na TVG o 30 de maio de 2010. O director de dobraxe foi Tacho González.

O filme ten lugar nun Os Ánxeles distópico no que a empresa Tyrrell Corporation fabrica uns androides denominados replicantes, visualmente indistinguibles dos humanos adultos. O uso destes replicantes na Terra está prohibido e empréganse soamente para traballos perigosos ou de pouca importancia nas colonias espaciais. Uns axentes especiais de policía coñecidos como "Blade Runners" encárganse de perseguir e matar ("retirar") a aqueles replicantes que desafían a prohibición e retornan á Terra. O argumento céntrase nun grupo de replicantes que acaba de escapar agochándose na cidade dos Ánxeles e no queimado Blade Runner experto Rick Deckard, quen a desgana acepta o traballo para cazalos.

Blade Runner recibiu críticas divididas da crítica trala súa estrea. Algúns críticos queixáronse do ritmo do filme, mentres que outros eloxiaron a súa complexidade temática. Ó ano seguinte da súa estrea, o filme gañou o Premio Hugo á Mellor Presentación Dramática. Nos cinemas norteamericanos non conseguiu unha boa recadación, pero dende entón pasou a estar considerado un filme de culto. Eloxiada polo seu deseño de produción, representando un futuro postapocalíptico e "retromodernizado", considérase un dos mellores exemplos do xénero neo-noir.[7] Grazas a este filme a obra de Philip K. Dick recibiu unha maior atención de Hollywood, dando paso a varios filmes posteriores baseados nas súas obras literarias.[8] Ridley Scott chegou a afirmar que Blade Runner era probablemente o seu filme máis completo e persoal.[9][10] A Biblioteca do Congreso seleccionouno en 1993 para a súa conservación no National Film Registry dos Estados Unidos por ser "culturalmente, historicamente ou esteticamente significativo", e gran parte da crítica moderna considérao un dos mellores filmes de ciencia ficción de tódolos tempos.

Emitíronse sete versións distintas do filme para varios mercados como resultado de varios cambios controvertidos por parte dos executivos do filme. En 1992 publicouse unha versión do director (Director's Cut) tras unha grande acollida da proxección dun workprint do filme. Grazas a isto e á súa popularidade no alugueiro de vídeo axudou a súa venda como un dos primeiros filmes publicados en DVD, nun disco básico cunha imaxe e calidade de son considerados mediocres.[11] En 2007 Warner Bros. publicou a versión The Final Cut, unha versión remasterizada dixitalmente co gallo do seu 25º aniversario, sendo esta a única na que Scott tivo unha liberdade artística completa. Esta versión final proxectouse en varios cinemas seleccionados e publicouse posteriormente en DVD, HD DVD e Blu-ray.

Vídeos externos
"Blade Runner (1982) Official Trailer". YouTube (en inglés). Movieclips Classic Trailers. 
Nota: Este resumo exclúe os eventos específicos das distintas versións do filme.

Na cidade dos Ánxeles, en novembro de 2019, o oficial da policía Gaff (Edward James Olmos) procura o expolicía Rick Deckard (Harrison Ford) e lévao ata a oficina do seu anterior supervisor, Bryant (M. Emmet Walsh). Deckard é un antigo "Blade Runner", adicado a perseguir a uns androides creados mediante bioenxeñaría coñecidos como "replicantes" e "retiralos" (un eufemismo de "matar"). Bryant infórmalle da chegada de catro destes replicantes á Terra de forma ilegal. Os replicantes son un modelo Nexus-6 pertencentes á empresa Tyrell Corporation, e só teñen unha esperanza de vida de catro anos, polo que o seu propósito podería ser tentar estender o seu tempo de vida.

Deckard revisa un vídeo doutro Blade Runner chamado Holden (Morgan Paull) realizando a proba "Voight-Kampff" cun suxeito. Esta proba está deseñada para distinguir ós replicantes dos humanos baseándose nas súa resposta emocional a varias preguntas. O suxeito, Leon Kowalski (Brion James), dispara a Holden cando este lle fai unha pregunta sobre a súa nai. Bryant quere que Deckard retire a Leon e ós outros tres replicantes: Roy Batty (Rutger Hauer), Zhora Salome (Joanna Cassidy) e Pris Stratton (Daryl Hannah). Deckard rexeita o traballo nun primeiro instante, pero acaba por aceptalo tras unha ambigua ameaza de Bryant.

Deckard comeza a súa investigación na sede da Tyrell Corporation para asegurar que a proba funciona cos modelos Nexus-6. Tras unha entrevista co presidente da compañía, Eldon Tyrell (Joe Turkel), leva a cabo a proba coa asistente deste, Rachael (Sean Young), e descobre que é unha replicante experimental que cre ser humana, con recordos implantados que lle permiten contar cunha base emocional, polo que a proba resulta insuficiente para determinar se é realmente unha replicante.

Mentres tanto Roy e Leon investigan un laboratorio que fabrica ollos para replicantes procurando achegarse a Tyrell. Alí obrigan pola forza o científico Chew (James Hong) a darlles información sobre J.F. Sebastian (William Sanderson), un deseñador xenético achegado a Tyrell. Posteriormente Rachael visita a Deckard no seu apartamento para probarlle a súa humanidade mostrándolle unha fotografía familiar, pero cando Deckard lle di que os seus recordos foron implantados usando os da sobriña de Tyrell, Rachael marcha do apartamento chorando. Noutro lugar da cidade, Pris localiza a Sebastian e comeza a manipulalo psicoloxicamente para gañarse a súa confianza.

Deckard achégase ata o cuarto de hotel de Leon, e mentres investiga o lugar atopa unha fotografía de Zhora e unha escama de serpe sintética que o dirixe ata un club de striptease onde ela traballa. Comeza unha pelexa con Zhora, que trata de escapar ata que Deckard consegue finalmente "retirala". Tralo tiroteo, Gaff e Bryant aparecen e informan a Deckard que debe "retirar" tamén a Rachael, que se atopa desaparecida da Tyrell Corporation. Deckard localiza a Rachael no medio dun tumulto de xente, pero Leon interponse no seu camiño e atácao. Rachael mata a Leon usando a pistola de Deckard, que se lle cae durante a pelexa, e ámbolos dous volven ó apartamento de Deckard. Alí manteñen unha conversa íntima, na que el lle promete que non vai perseguila. Cando Rachael tenta marchar de forma abrupta, Deckard agárraa e bícaa.

Roy chega ó apartamento de Sebastian e dille a Pris que Leon e Zhora están mortos. Simpatizando coa súa situación, Sebastian revélalles que a el tamén lle queda pouco tempo de vida, por mor da "síndrome de Metuxalén", unha desorde xenética de envellecemento prematuro. Posteriormente Sebastian e Roy conseguen entrar no ático privado de Tyrell. Roy pídelle que lle de máis tempo de vida, pero Tyrell indícalle que iso é imposible. Roy confésalle ter feito "cousas cuestionables", ó que Tyrell non dá importancia, eloxiando o seu avanzado deseño e o que leva conseguido facer na súa curta vida. Roy bica a Tyrell, e despois mátao. Tras isto Sebastian escapa polo ascensor, seguido de Roy. Sen amosarse de forma explícita, unha mensaxe de radio de Bryant implica que Roy tamén mata a Sebastian.

Deckard chega ó apartamento de Sebastian, onde recibe unha emboscada de Pris, a quen mata xusto cando Roy chega ó apartamento. Roy comeza a morrer e persegue a Deckard polo edificio, rematando ámbolos dous no tellado. Deckard tenta saltar ata un tellado doutro edificio lindeiro, pero non consegue aterrar ben e queda colgado dun saínte do tellado. Roy salta con facilidade, e cando Deckard está a piques de caer ó chan agárrao e súbeo ata o tellado, salvándolle a vida. Mentres o tempo de vida de Roy remata, conta nun monólogo como os seus recordos "vanse perder como lágrimas na chuvia". Roy falece diante de Deckard, quen observa a escena en silencio. Tras isto Gaff aparece e dille a Deckard: "Mágoa que ela non vaia a vivir, mais así a todo, quen vive?" Deckard volve ó seu apartamento e decátase de que a porta está forzada. Rachael está dentro sa e salva, durmindo. Mentres os dous escapan xuntos de alí, Deckard divisa un pequeno origami dun unicornio, deixado alí por Gaff.

Temática

[editar | editar a fonte]

Malia considerarse principalmente un filme de acción, Blade Runner opera en múltiples niveis narrativos e dramáticos. Presenta varias convencións típicas do cinema negro: Unha femme fatale, a narración en voz en off do protagonista (eliminada en versións posteriores),[12] unha cinematografía escura e sombría, e unha perspectiva moralmente cuestionable do heroe protagonista, incluíndo reflexións sobre a natureza da súa propia humanidade.[13][14] Considérase un filme culto de ciencia ficción, abrazando tematicamente a filosofía da relixión[15] e as implicacións morais do dominio da enxeñaría xenética nun contexto de hybris e drama grego clásico.[16] Tamén fai uso de imaxes bíblicas, como por exemplo o Diluvio de Noé,[17] así como de fontes literarias como Frankenstein.[18] Lingüisticamente, a temática da mortalidade preséntase de forma sutil na partida de xadrez entre Roy e Tyrell.[a]

Ridley Scott no 2012

O filme afonda nas implicacións da tecnoloxía no medio ambiente[21] e na sociedade evocando o pasado, usando recursos literarios, simboloxía relixiosa,[15] temas dramáticos clásicos e recursos do cinema negro.[22] A ambientación preséntase en forma dun futuro postapocalíptico e "retromodernizado",[23][24] con alta tecnoloxía e relucente nalgúns lugares pero vello e en decadencia noutros.[21] Nunha entrevista de Lynn Barber para o xornal The Observer no 2002, Ridley Scott describiu o filme como "extremadamente escuro, tanto literal como metaforicamente, cun sentir estrañamente masoquista".[10]

Unha aura de paranoia cobre o filme, que presenta elementos como o poder ameazante das grandes empresas, unha aparente omnipresenza da policía, luces de emerxencia e vehículos que investigan nos edificios, e as consecuencias do gran poder biomédico sobre o individuo, especialmente as consecuencias dos recordos implantados para os replicantes. O control sobre o medio ambiente represéntase a grande escala da man da ausencia de calquera tipo de vida natural, con animais artificiais substituíndo os seus predecesores xa extintos. Este fondo opresivo serve para explicar as frecuentes referencias no filme á migración dos humanos cara ás colonias extraterrestres.[25] As temáticas distópicas de Blade Runner son un temperán exemplo da aparición de conceptos cyberpunk no cinema. Os ollos tamén son un motivo recorrente no filme ó igual que a manipulación de imaxes, cuestionando a realidade[26] e a capacidade humana de percibila e recordala con exactitude.[27][28][29]

Os diversos elementos temáticos do filme fornecen unha atmosfera de incerteza para o tema central da análise da identidade humana.[26] Para descubrir os replicantes emprégase un test de empatía, con varias preguntas centradas no tratamento dos animais como indicador aparente da humanidade dunha persoa. Os replicantes amosan unha compaixón e preocupación por outros que se xustapón coa personalidade humana carente de empatía mentres que a masa da humanidade é fría e impersoal. O filme chega a poñer en dúbida a propia humanidade de Deckard, forzando a audiencia a avaliar o significado de ser un humano.[30]

A cuestión de se Deckard estaba planeado como un personaxe humano ou replicante supuxo unha controversia continua dende a publicación do filme.[31] Tanto Michael Deeley coma Harrison Ford querían que Deckard fose humano, mentres que Hampton Fancher prefería a ambigüidade[32] e Ridley Scott confirmou que na súa visión Deckard é un replicante.[33][34] A secuencia do soño do unicornio, incluída na versión Director's Cut, coincidindo co origami que Gaff deixa na escena final está considerado por varios autores como unha mostra de que Deckard é realmente un replicante.[18][35] Esta interpretación foi rexeitada por outros autores que cren que a imaxinería do unicornio indica que os personaxes, humanos ou replicantes, comparten os mesmos soños e recoñecen a súa afinidade,[36] ou que a ausencia dunha resposta decisiva é crucial para a temática principal do filme.[37] Matt Hills considerou que a ambigüidade e incerteza inherente do filme, así como a súa riqueza textual, permítenlle ó espectador ver o filme dende a súa propia perspectiva.[38]

Produción

[editar | editar a fonte]
Harrison Ford no 2009
Rutger Hauer no 2010

A selección dos actores para o filme presentou algunhas dificultades, particularmente para o papel principal do Blade Runner Deckard. O guionista Hampton Fancher concibiu a Robert Mitchum neste papel e escribiu os seus diálogos pensando neste actor.[39] O director Ridley Scott e os produtores do filme pasaron varios meses reuníndose e conversando sobre o papel con Dustin Hoffman, que finalmente acabou por desvincularse por diferenzas na visión creativa.[39] Harrison Ford (dobrado por Luís Iglesia na versión en galego) foi finalmente o seleccionado por varios motivos, incluíndo as súas actuacións nos filmes da saga A guerra das galaxias, o seu propio interese na historia de Blade Runner e varias conversas con Steven Spielberg que naquel entón estaba finalizando a produción de Na busca da arca perdida e eloxiou en gran medida o traballo de Ford neste filme.[39][40] Segundo documentos de produción, o equipo considerou varios actores para este papel, incluíndo a Gene Hackman, Sean Connery, Jack Nicholson, Paul Newman, Clint Eastwood, Tommy Lee Jones, Arnold Schwarzenegger, Al Pacino e Burt Reynolds.[39]

Rutger Hauer (dobrado por Gonzalo Faílde na versión en galego) foi seleccionado para o papel de Roy Batty, o líder dos replicantes.[41][42] Scott seleccionouno para o papel antes de chegar a coñecelo en persoa, baseándose soamente nas súas actuacións nos filmes Keetje Tippel, Soldaat van Oranje e Turks fruit de Paul Verhoeven.[39] A súa representación de Batty no filme foi segundo o propio Philip K. Dick "o perfecto Batty—frío, ario, sen fallos".[43] De tódolos filmes nos que actuou Hauer, segundo as súas propias declaracións, Blade Runner foi o seu favorito. Nunha charla en directo no 2001 declarou: "Blade Runner non necesita explicación, é o mellor. Non hai nada como el. É xenial formar parte dunha obra mestra real que cambiou a forma de pensar do mundo."[44] O propio Hauer modificou o soliloquio final do seu personaxe coñecido das "Lágrimas na chuvia" pouco antes da gravación desa escena, deixándoo na versión final que aparece no filme.[45][46][47]

Sean Young actuou no papel de Rachael, unha replicante experimental cos recordos da sobriña de Tyrell implantados na súa memoria, provocándolle crer que é humana.[48] Nina Axelrod tamén chegou a facer unha audición para este papel.[39] Daryl Hannah é Pris, unha replicante "modelo básico de pracer". Stacey Nelkin fixo unha audición para este papel, pero finalmente participou noutro distinto, que á súa vez foi eliminado antes de comezar a gravación.[39] A selección das actrices que representarían a Pris e Rachael presentou varios problemas para os produtores, requirindo varias probas de pantalla nas que Morgan Paull actuou no papel de Deckard, e que finalmente recibiría o papel de Holden en base a súa actuación nestas probas.[39] Pola súa banda, Brion James actuou no papel de Leon Kowalski, un replicante de combate,[49] e Joanna Cassidy no de Zhora, unha asasina replicante.[50]

Edward James Olmos actúa como o policía Gaff. Olmos valeuse da súa diversa herdanza étnica e de investigacións propias para axudar a crear a xerga urbana ficticia de Gaff no filme, no que a súa primeira conversa con Deckard no bar de fideos está en parte en húngaro.[51] M. Emmet Walsh é o capitán Bryant, un veterano policía bebedor, sórdido e trafulqueiro típico do xénero do cinema negro. Joe Turkel (dobrado por Tacho González na versión en galego) actúa no papel do doutor Eldon Tyrell, un magnate que construíu un imperio empresarial a base de empregar escravos humanoides xeneticamente manipulados. William Sanderson foi seleccionado para o papel de J. F. Sebastian, un xenio da ciencia senlleiro e pouco falador que fornece un retrato de humanidade dócil e de compaixón, e que simpatiza cos replicantes, ós que considera como compañeiros e cos que comparte un tempo de vida máis curto do normal por mor da súa enfermidade de envellecemento prematuro.[52][53] Os produtores do filme chegaron a considerar a Joe Pantoliano para representar este papel, que finalmente obtivo Sanderson.[54] Pola outra banda, James Hong é Hannibal Chew, un enxeñeiro xenético que se especializa en ollos sintéticos, e Hy Pyke é o propietario do antro Taffey Lewis, quen representou o seu papel nunha soa toma, algo pouco habitual nos filmes de Scott pola súa fama de procurar a perfección nas tomas de gravación.[55]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]
Unha copia do guión orixinal de Hampton Fancher xunto a un origami dun unicornio como o que aparece no filme

Trala publicación en 1968 da novela Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick comezou a xurdir o interese por adaptala ó cinema. O director Martin Scorsese amosou o seu interese en facer un filme baseado na novela, pero non chegou a procurar os dereitos da mesma.[56][57] O produtor Herb Jaffe tentou adquirir os seus dereitos a comezos dos anos 1970, pero a Dick non lle impresionou o guión que lle propuxeron,[57] e foi o guión proposto por Hampton Fancher o que conseguiu os dereitos en 1977.[58] O produtor Michael Deeley interesouse polo bosquexo de Fancher e convenceu o director Ridley Scott para filmalo. Scott declinara previamente participar no proxecto, pero tras finalizar a produción de Dune aceptou participar nel.[59] Uniuse finalmente ó proxecto o 21 de febreiro de 1980 e conseguiu aumentar o orzamento prometido pola produtora Filmways dende os 13 millóns de dólares ata os $15 millóns. O guión de Fancher centrábase máis en cuestións medioambientais que nas da humanidade e relixión máis prominentes na novela, polo que Scott requiriulle cambios no mesmo. Fancher atopou unha adaptación de William S. Burroughs da novela The Bladerunner de 1974 de Alan E. Nourse, baixo o título de Blade Runner (a movie). A Scott gustoulle este nome, polo que Deeley adquiriu os dereitos para o título do filme. David Peoples foi contratado para reescribir o guión orixinal e Fancher deixou o traballo por mor disto o 21 de decembro de 1980, aínda que retornou posteriormente para contribuír en varias reescritas do guión.[60] Tras un invesstimento de 2,5 millóns de dólares na preprodución,[61] Filmways retirou o seu financiamento pouco antes de comezar a fotografía principal do mesmo. Nun período duns 10 días Deeley conseguiu uns 21,5 millóns de orzamento grazas a un acordo a tres mans entre The Ladd Company (a través de Warner Bros.), o produtor con base en Hong Kong Run Run Shaw e Tandem Productions.[62][63]

Philip K. Dick expresou a súa preocupación xa que ninguén lle informara da produción do filme, engadíndose este feito á súa declarada desconfianza de Hollywood.[64] Tras criticar unha primeira versión do guión de Hampton Fancher nun artigo escrito para a publicación Select TV Guide, o estudio envioulle a versión reescrita por David Peoples.[65] Malia que Dick faleceu pouco antes do lanzamento do filme, chegou a declarar o seu contento con esta revisión do guión, así como co visionado de proba dos efectos especiais de 20 minutos que lle amosaron tras unha visita ó estudio. Malia o seu coñecido escepticismo de Hollywood, Dick declaroulle a Scott o seu entusiasmo pola similitude do mundo creado para o filme coa visión que el imaxinara.[43] En palabras do propio Dick: "Vin un segmento dos efectos especiais de Douglas Trumbull para Blade Runner no telexornal da KNBC-TV. Recoñecino inmediatamente. Era o meu propio mundo interior. Captárono perfectamente." Tamén aprobou o guión do filme, declarando: "Tras rematar de ler o guión, saquei a novela e reviseina. Os dous refórzanse o un ó outro, polo que alguén que comece coa novela debería gozar do filme e alguén que comece co filme debería gozar coa novela."[66] O filme estaría finalmente adicado á memoria de Dick.[67] A fotografía principal de Blade Runner comezou o 9 de marzo de 1981 e rematou catro meses despois.[68]

O edificio Bradbury nos Ánxeles foi unha das localizacións da rodaxe.

En 1992 Harrison Ford declarou: "Blade Runner non é un dos meus filmes favoritos. Enleeime con Ridley."[69] A maiores das friccións co director, Ford declarou o seu desacordo coa narración da voz en off:[70] "Cando comezamos a rodala había un acordo tácito de que a versión do filme que acordáramos era a versión sen a narración da voz en off. Eu consideraba que o filme funcionaba sen a narración. Pero agora estaba atascado recreando esa narración. E estaba obrigado a facer as voces en off para xente que non representaba os intereses do director".[40] Os monólogos destas narracións foron escritos por Roland Kibbee, quen non aparece nos créditos do filme.[71] No 2006 nunha entrevista coa BBC Scott respondeu a pregunta quen fora a persoa máis molesta coa que traballara declarando: "Ten que ser Harrison ... que me perdoe porque agora nos levamos ben. Agora é encantador. Pero sabe moito, ese é o problema. Cando traballamos xuntos era o meu primeiro filme e eu era o mozo novo no barrio. Pero fixemos unha boa película".[72] No ano 2000 Ford declarou sobre Scott: "Admiro o seu traballo. Pasamos un mal momento naquel entón, e xa o superei".[73] No 2006 Ford reflectiu sobre a produción do filme dicindo: "O que recordo máis que outra cousa cando vexo Blade Runner non son as 50 noites de gravación baixo a chuvia, senón a narración ... Estaba obrigado a traballar para eses pallasos que viñan escribindo unha mala narración tras outra".[74] Ridley Scott confirmou no número de verán de 2007 da revista Total Film que Harrison Ford contribuíra a edición especial en DVD de Blade Runner, dicindo que "Harrison está completamente a bordo".[75]

O edificio Bradbury nos Ánxeles foi unha das localizacións da rodaxe, e unha parcela da Warner Bros. usouse para representar as rúas da cidade no filme. Outras localizacións incluíron o edificio Ennis House e o 2nd Street Tunnel. As probas de visionado deron como resultado varios cambios no filme incluíndo a adición da narración, un final feliz e a eliminación dunha escena na que Holden saía nun hospital. A relación entre os cineastas e os investidores foi difícil, culminando no despido de Deeley e Scott, que malia isto seguiron traballando no filme.[76]

Deseño e efectos especiais

[editar | editar a fonte]

Ridley Scott acreditou a pintura Nighthawks de Edward Hopper así como á revista francesa de banda deseñada de ciencia ficción Métal Hurlant, na que o artista Moebius era contribuidor, como fontes para a ambientación estilística do filme.[77] Tamén tomou inspiración da paisaxe de Hong Kong "nun día moi malo"[78] e da paisaxe industrial do nordeste de Inglaterra, onde residiu durante un tempo.[79] O estilo visual do filme considérase influenciado polo traballo do arquitecto modernista italiano Antonio Sant'Elia.[80] Scott contratou a Syd Mead como artista conceptual, quen tamén tiña unha forte influencia da revista Métal Hurlant.[81] Moebius recibiu a oferta de axudar na preprodución de Blade Runner, pero rexeitouna para traballar no filme animado Les Maîtres du temps de René Laloux.[82] O deseñador de produción Lawrence G. Paull e o director artístico David Snyder encargáronse da creación dos bosquexos de Scott e Mead, mentres que Douglas Trumbull e Richard Yuricich supervisaron os efectos especiais que se empregaron no filme.

Unha réplica dun spinner da policía empregado no filme, no Disney's Hollywood Studios en 2006

Blade Runner presenta tamén varias similitudes de fondo co filme Metropolis de Fritz Lang, incluíndo o ambiente urbano vertical, no que os ricos viven literalmente por riba dos traballadores, dominado por un enorme edificio – a torre Stadtkrone en Metropolis e o edificio Tyrell en Blade Runner. O supervisor de efectos especiais David Dryer empregou fotogramas de Metropolis para o aliñamento das tomas das miniaturas de edificios para Blade Runner.[83][84] A escena final estendida no lanzamento orixinal amosa a Rachael e Deckard viaxando cara á luz do día con tomas aéreas pastorais filmadas polo director Stanley Kubrick. Scott contactara a Kubrick pedíndolle usar parte da súa fotografía aérea sobrante do filme The Shining.[85][86][87]

"Spinner" é o nome xenérico que se lles dá aos automóbiles voadores ficticios do filme. Estes vehículos represéntanse coa capacidade de conducirse por terra, engalar verticalmente, levitar e voar por medio de propulsión a chorro, de forma semellante ás aeronaves de engalaxe e aterraxe vertical. No filme, a policía usa estes vehículos de forma extensiva para patrullar e vixiar a poboación.[88] Syd Mead concibiu e deseñou este tipo de vehículos, describíndoo como unha "aerodina" —un vehículo que expulsa aire cara a abaixo para crear sustentación, aínda que os paquetes de prensa do filme afirmaban que os "spinners" estaban propulsados por tres motores: "un motor de combustión interna convencional, un de propulsión e outro antigravitacional".[89] Gene Winfield foi o encargado de transformar os debuxos conceptuais de Mead en 25 vehículos funcionais para a rodaxe.[90] Un destes "spinners" atópase de forma permanente nunha exhibición do Science Fiction Museum and Hall of Fame de Seattle.[91]

Os efectos especiais do filme están amplamente considerados como uns dos mellores de tódolos tempos, usando a tecnoloxía (non dixital) dispoñible naquel entón na súa máxima capacidade.[92][93][94] As paisaxes do filme fixéronse combinando pinturas mate e miniaturas, e nalgunhas escenas empregaron técnicas como a exposición de pases múltiples con diferentes iluminacións, con algunhas das escenas chegando ata uns 16 pases en total, e o control do movemento das cámaras por computadora.[93] Moitos dos efectos especiais empregados en Blade Runner foron desenvolvidos durante a produción do filme Close Encounters of the Third Kind.[95]

Máquina Voight-Kampff

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Máquina Voight-Kampff.
Unha forma moi avanzada de detector de mentiras que mide as contraccións do músculo do iris e a presenza de partículas aéreas invisibles emitidas dende o corpo. O fol deseñouse para esta última función e dálle un aire ameazante de insecto sinistro á máquina. A VK emprégase principalmente para que os Blade Runners determinen se un sospeitoso é realmente humano medindo o grao da súa resposta empática por medio de preguntas e afirmacións coidadosamente formuladas.
—— Descrición da máquina Voight-Kampff no paquete de prensa orixinal de 1982 de Blade Runner. (Tradución do orixinal)[96]

A máquina Voight-Kampff é unha ferramenta ficticia para interrogatorios, con orixe na novela onde se menciona como Voigt-Kampff. Esta máquina é unha especie de polígrafo usado polos Blade Runners para determinar se un individuo é humano ou replicante. Mide varias funcións corporais como a respiración, ritmo cardíaco e movemento dos ollos en resposta a preguntas relacionadas coa empatía.[97] No filme dous replicantes fan esta proba, Leon e Rachael.[98] No primeiro caso a proba remata con Leon tratando de matar o Blade Runner Holden, mentres que no segundo Deckard precisa de máis preguntas das habituais para determinar que Rachael é unha replicante, por mor do seu deseño particular e dos seus recordos implantados.[98]

Artigo principal: Blade Runner (banda sonora).

A banda sonora de Blade Runner de Vangelis é unha combinación melódica escura de composición clásica e sintetizadores futuristas que reflicte o retrofuturo de cinema negro concibido por Ridley Scott. Vangelis acababa de gañar un premio Óscar á mellor banda sonora por Chariots of Fire,[99] e compuxo e tocou a música do filme nos seus sintetizadores.[100] Así mesmo utilizou varios sons adicionais e a voz do seu colaborador Demis Roussos.[101][102] Tamén destaca na banda sonora o solo de saxofón tenor titulado "Love Theme" do británico Dick Morrissey,[102] quen participou en varios dos álbums de Vangelis.[103] Ridley Scott usou tamén o tema "Memories of Green" para o filme tomado do álbum de Vangelis See You Later, do que Scott empregaría tamén posteriormente en forma de versión orquestral no seu filme Someone To Watch Over Me.[104] Xunto ás composicións e texturas ambientais de Vangelis, a paisaxe sonora do filme inclúe o tema do grupo xaponés Nipponia "Ogi No Mato" da recompilación Traditional Vocal and Instrumental Music publicado por Nonesuch Records e unha pista do arpista Gail Laughton de "Harps of the Ancient Temples" publicado por Laurel Records.[105]

Malia a boa recepción do público e da crítica, de recibir nomeamentos como mellor banda sonora nos premios BAFTA e Globos de Ouro, e da promesa dun álbum de banda sonora por medio de Polydor Records nos títulos de crédito do filme, a publicación da gravación da banda sonora oficial demorouse en máis dunha década. Existen dúas publicacións oficiais da música de Blade Runner. Por mor desta demora na publicación dun álbum, a New American Orchestra gravou unha adaptación orquestral en 1982 con poucas semellanzas á música orixinal. Algúns dos temas do filme apareceron na recompilación de 1989 Vangelis: Themes, pero unha parte substancial da banda sonora do filme non foi publicada comercialmente ata 1992 cando se estreou a versión Director's Cut.[101]

Estes atrasos e varias reproducións de baixa calidade deron lugar á produción de varias gravacións clandestinas durante estes anos. Unha destas apareceu en forma de casete no ano 1982 en varias convencións de ciencia ficción e fíxose popular grazas á demora da publicación oficial das gravacións orixinais, e no ano 1993 "Off World Music, Ltd" creou un CD clandestino máis completo que o CD oficial de Vangelis de 1994.[101] Un conxunto de tres cedés de música de Vangelis relacionada con Blade Runner foi publicado no ano 2007. Titulado Blade Runner Trilogy, o primeiro disco contiña as mesmas pistas que a publicación da banda sonora oficial de 1994, o segundo incluía música do filme non publicada anteriormente e o terceiro era música nova composta por Vangelis inspirada polo filme.[106]

Blade Runner estreouse en 1 290 cinemas dos Estados Unidos o 25 de xuño de 1982. O produtor Alan Ladd, Jr. escolleu esa data baseándose na data de estrea de varios dos seus filmes previos con grande éxito de recadación, (A guerra das galaxias e Alien o 25 de maio de 1977 e 1979 respectivamente), considerando este día como o seu "día de sorte".[107] Blade Runner acadou un número razoablemente bo de entradas vendidas segundo os informes coetáneos, ingresando uns 6,1 millóns de dólares durante a súa primeira semana nos cinemas estadounidenses.[108] O filme estreouse con pouco tempo de distancia doutros filmes de grande orzamento como The Thing, Star Trek II: The Wrath of Khan, Conan o bárbaro e E.T. the Extra-Terrestrial. A case coincidencia nas estreas destes filmes de fantasía e ciencia ficción provocaron unha saturación no mercado cinematográfico do ano 1982.[109]

Recepción da crítica

[editar | editar a fonte]

As reaccións iniciais da crítica especializada foi mixta. Para algúns o argumento estaba nun segundo plano con respecto ós efectos especiais do filme, que non se correspondía coa publicidade do estudio dun filme de acción e aventuras, mentres que outros loaron a súa complexidade e predixeron que o filme se mantería popular durante moito tempo.[110] As críticas negativas nos Estados Unidos centráronse a miúdo no lento ritmo do filme.[111] Sheila Benson do xornal Los Angeles Times referiuse ó filme có nome "Blade Crawler",[112] e Pat Berman de The State e Columbia Record describiuno como "pornografía de ciencia ficción".[113] Pauline Kael eloxiouno como merecedor dun lugar na historia do cinema pola súa visión distintiva da ciencia ficción, aínda que criticou a falta de desenvolvemento do filme en "termos humanos".[114] As análises académicas sobre o filme foron variadas e comezaron a publicarse pouco tempo despois da súa estrea,[115] centrándose nos seus aspectos distópicos, as preguntas sobre a humanidade "auténtica", os seus aspectos ecofeministas,[116] o estudio de xénero[22] e en anos máis recentes no seu impacto e legado na cultura popular.[117]

Dende a súa estrea o filme pasou a estar considerado un clásico da ciencia ficción.[118] Roger Ebert eloxiou a imaxe tanto da versión orixinal como da versión Director's Cut recomendando o filme por ese motivo, aínda que afirmou que a historia humana era algo tópica e algo pobre,[41] e engadiu a versión The Final Cut na súa lista de "Grandes Filmes".[119] Chris Rodley e Janet Maslin teorizaron que Blade Runner cambiou o discurso cinemático e cultural a través do seu repertorio de imaxes e a súa subsecuente influencia en filmes posteriores.[120] Blade Runner mantén unha valoración dun 89% na web Rotten Tomatoes, cunha puntuación media dun 8,5 sobre 10 nun total de 104 críticas.[121] O consenso crítico da web di do filme: "Malentendido cando chegou por primeira vez ós cines, a influencia do misterioso e neo-noir Blade Runner de Ridely Scott profundouse có tempo. Unha obra mestra da ciencia ficción visualmente salientable e terriblemente humana".[121] Denis Villeneuve, director da secuela do filme, citouno como unha grande influencia para el e moitos outros directores.[118]

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

Blade Runner gañou e recibiu varios nomeamentos para os seguintes premios:[122][123][124]

Ano Premio Categoría Nomeado/s Resultado
1982 British Society of Cinematographers Mellor fotografía Jordan Cronenweth Nomeado
Los Angeles Film Critics Association Mellor fotografía Gañador
1983 Premios BAFTA Mellor fotografía Gañador
Mellor deseño de vestiario Charles Knode e Michael Kaplan Gañador
Mellor edición Terry Rawlings Nomeado
Mellor banda sonora Vangelis Nomeado
Mellor maquillaxe e peinado Marvin Westmore Nomeado
Mellor deseño de produción Lawrence G. Paull Gañador
Mellor son Peter Pennell, Bud Alper, Graham V. Hartstone e Gerry Humphreys Nomeado
Mellores efectos especiais Douglas Trumbull, Richard Yuricich e David Dryer Nomeado
Premios Hugo Mellor presentación dramática Blade Runner Gañador
London Film Critics’ Circle Recoñecemento especial Lawrence G. Paull, Douglas Trumbull e Syd Mead Gañador
Premios Globo de Ouro Mellor banda sonora Vangelis Nomeado
Premios Óscar Mellor deseño de produción Lawrence G. Paull, David Snyder e Linda DeScenna Nomeado
Mellores efectos visuais Douglas Trumbull, Richard Yuricich e David Dryer Nomeado
Premios Saturn Mellor director Ridley Scott Nomeado
Mellor filme de ciencia ficción Blade Runner Nomeado
Mellores efectos especiais Douglas Trumbull e Richard Yuricich Nomeado
Mellor actor secundario Rutger Hauer Nomeado
Fantasporto Premio ó filme fantástico internacional Ridley Scott Nomeado

Versións

[editar | editar a fonte]

Existen varias versións de Blade Runner. A versión da gravación orixinal de 1982 cunha duración de 113 minutos tivo varios visionados de proba en Denver e Dallas en marzo de 1982. As respostas negativas a esta versión propiciaron varias modificacións no filme que deron como resultado a versión para ós cinemas dos Estados Unidos.[125][126] A versión orixinal foi emitida como unha versión do director sen a aprobación de Scott no Los Angeles Fairfax Theater en maio de 1990, nunha sesión da AMPAS en abril de 1991 e en setembro e outubro de 1991 no Los Angeles NuArt Theater e no San Francisco Castro Theatre.[127][128] As respostas positivas a esta versión empuxaron o estudio a aprobar a produción dunha versión oficial do director, a coñecida como Director's cut.[129] Unha versión "Sneak Preview" tivo un só visionado en San Diego en maio de 1982, sendo case idéntica á versión para os cinemas estadounidenses pero con tres escenas extras que non se incluíran en ningunha outra versión, nin sequera na versión Final Cut de 2007.[130]

Visionáronse dúas versións na súa estrea nos cinemas en 1982: a versión para os cinemas dos Estados Unidos, de 117 minutos de duración,[3] coñecida como a versión orixinal ou Domestic Cut, que se publicou en formato Betamax, CED Videodisc e VHS no ano 1983 e en formato Laserdisc no ano 1987; e a versión International Cut de 117 minutos de duración, tamén coñecida como a "Criterion Edition" ou "uncut version", que incluía escenas de acción máis violentas que a versión estadounidense. Malia non estar inicialmente dispoñible nos Estados Unidos, e ser distribuída en Europa e Asia por medio de publicacións locais de Warner Home Video Laserdisc, foi publicada posteriormente nos formatos VHS e Criterion Collection Laserdisc en norteamérica, e publicada de novo en 1992 como "Edición 10º Aniversario".[131]

A versión do director Director's Cut de Scott, de 1991 e cunha duración de 116 minutos,[132] publicouse en VHS e Laserdisc en 1993, e en DVD no ano 1997. Esta versión incluíu cambios significativos con respecto á versión para cinemas, incluíndo a eliminación da narración en off de Deckard, a reinserción da escena do unicornio e a eliminación do final feliz imposto polo estudio. Scott forneceulle á Warner Bros. un gran número de notas e suxestións por medio do preservador de filmes Michael Arick, quen estivo ó cargo da creación da versión Director's Cut.[133] A versión de Scott The Final Cut, de 2007 e cunha duración de 117 minutos[134] estreouse nos cinemas o 5 de outubro de 2007 baixo a produción da Warner Bros., e publicouse en decembro de 2007 nos formatos DVD, HD DVD e Blu-ray Disc.[135] Esta última foi a única versión do filme na que Scott tivo o control editorial completo do mesmo.[133]

Premios e nomeamentos
Ano Premio Categoría Nomeado/s Resultado
1993 Fantasporto Premio ó filme internacional de fantasía Mellor filme – Ridley Scott (Director’s Cut) Nomeado
1994 Premios Saturn Mellor publicación de xénero en vídeo Blade Runner (Director’s Cut) Nomeado
2008 Mellor publicación en DVD edición especial Blade Runner (5-Disc Ultimate Collector’s Edition) Gañador

Impacto e legado

[editar | editar a fonte]

Impacto cultural

[editar | editar a fonte]
Recoñcementos dos medios
Ano Publicación Título Pos. Ref.
2001 The Village Voice 100 Best Films of the 20th Century 94 [136]
2002 Online Film Critics Society Top 100 Sci-fi Films of the Past 100 Years 2 [137]
Sight & Sound Sight & Sound Top Ten Poll 2002 45 [138]
50 Klassiker, Film - [139]
2003 1001 Movies You Must See Before You Die [140]
Entertainment Weekly The Top 50 Cult Movies 9 [141]
2004 The Guardian Top 10 Sci-fi Films of All Time 1 [142][143][144]
2005 Total Film's Editors 100 Greatest Movies of All Time 47 [145]
Time Magazine's Critics "All-TIME" 100 Best Movies - [146][147][148]
2008 New Scientist All-time favorite science fiction film 1 [149][150]
Empire The 500 Greatest Movies of All Time 20 [151]
2010 IGN Top 25 Sci-Fi Movies of All Time 1 [152]
Total Film 100 Greatest Movies of All Time - [153]
2012 Sight & Sound Sight & Sound 2012 critics top 250 films 69 [154]
Sight & Sound Sight & Sound 2012 directors top 100 films 67 [155]
2014 Empire The 301 Greatest Movies Of All Time 11 [156]

Malia non ser un éxito inicial entre a audiencia norteamericana, o filme gañou popularidade internacionalmente e pasou a considerarse un filme de culto.[157][158] O estilo escuro e deseños futuristas do filme considéranse un punto de referencia do xénero, e a súa influencia está presente en moitos filmes, animes, videoxogos e programas de televisión posteriores.[13] Ronald D. Moore e David Eick, produtores da serie de 2004 Battlestar Galactica, citaron ámbolos dous a Blade Runner como unha das maiores influencias para a serie.[159] O filme considérase un reflexo das tendencias e preocupacións sociais modernas e está considerado por moitos medios como un dos mellores filmes de ciencia ficción de tódolos tempos.[160] Nunha enquisa a 60 científicos de todo o mundo de 2004 foi votada a mellor película de ciencia ficción de tódolos tempos.[161] Blade Runner tamén se citou como unha influencia importante para o estilo e historia da serie de filmes Ghost in the Shell, que en si mesma foi de grande influencia no xénero de cinema negro futurista.[162][163]

A Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América seleccionou a Blade Runner para a súa preservación no National Film Registry no ano 1993 por ser "culturalmente, historicamente ou esteticamente significativo",[164] e houbo varios cursos universitarios que o utilizaron como material didáctico.[165] No 2007 a Visual Effects Society nomeouno o segundo filme visualmente máis influente de tódolos tempos.[166] Blade Runner foi tamén un dos filmes musicalmente máis sampleados do século XX.[167] O American Film Institute incluíu a Blade Runner en varias das súas listas de mellores filmes, entre outras na "AFI's 100 Years...100 Movies" do 2007 na posición número 97,[168] na "AFI's 100 Years...100 Thrills" de 2001 na posición número 74,[169] e na "AFI's 10 Top 10" de mellores filmes de ciencia ficción na posición número 6.[170]

Blade Runner influenciou varios videoxogos de aventuras como Cypher,[171] Rise of the Dragon,[172][173] a serie Tex Murphy,[174] Snatcher,[173][175] Beneath a Steel Sky,[176] Flashback: The Quest for Identity[173] e Bubblegum Crisis (xunto cos seus animes orixinais),[177][178] así como os xogo de rol Shadowrun,[173] o shooter en primeira persoa Perfect Dark,[179] e a serie de videoxogos Syndicate.[180][181] Warren Spector, deseñador do videoxogo Deus Ex, citou o filme como influencia do mesmo tanto na súa renderización visual coma no seu argumento.[182] A imaxe do filme, coa súa escuridade, luces de neon e opacidade da visión, resulta relativamente sinxela para o proceso de renderización, polo que moitos deseñadores de videoxogos inspiráronse nela para as súas obras.[183][184]

Entre o folclore desenvolvido ó redor do filme ó longo dos anos apareceu a lenda urbana de que o filme fora unha maldición para as compañías que amosan os seus logotipos en forma de publicidade indirecta nalgunhas escenas.[185] Líderes nos mercados naquel entón, as compañías Atari, Bell, Cuisinart e Pan Am experimentaron contratempos económicos trala estrea do filme. The Coca-Cola Company tamén sufriu perdas económicas na súa introdución da New Coke en 1985, aínda que conseguiu recuperou a súa porción de mercado ó pouco tempo.[19]

Noutros medios

[editar | editar a fonte]

Cando comezou a produción do filme, Philip K. Dick rexeitou unha oferta de 400 000 dólares para escribir unha adaptación novelística de Blade Runner declarando:

"Dixéronme que a adaptación barateira atraería á audiencia de doce anos... sería probablemente desastrosa para min artisticamente... Esa insistencia pola miña parte de sacar a novela orixinal e non facer a adaptación —puxéronse furiosos. Finalmente recoñeceron que había unha razón lexítima para reeditar a novela, aínda que lles custase cartos. Foi unha vitoria non só de obrigacións contractuais mais tamén de principios teoréticos."
Phillip K. Dick (Tradución do orixinal)[66]

Soñan os androides con ovellas eléctricas? foi eventualmente reeditada como produto licenzado do filme, co póster deste na portada e o título orixinal entre parénteses baixo o título de Blade Runner.[186] Tamén se publicou en 1982 unha adaptación novelística do filme titulada Blade Runner: A Story of the Future, escrita por Les Martin.[187] Archie Goodwin escribiu o guión para unha adaptación ó libro de banda deseñada A Marvel Super Special: Blade Runner, publicado en setembro de 1982.[188] O filme para televisión Total Recall 2070 planeouse inicialmente coma un spin-off de Total Recall, que á súa vez estaba baseado nunha historia curta de Philip K. Dick titulada "We Can Remember It for You Wholesale", pero acabou transformándose nun híbrido de Total Recall e Blade Runner, con moitas semellanzas con este último.[189][190]

Producíronse dous videoxogos baseados no filme, ámbolos dous co título Blade Runner. O primeiro deles publicouse no 1985 para as plataformas Commodore 64, Sinclair ZX Spectrum e Amstrad CPC por medio de CRL Group PLC e estaba baseado na música de Vangelis, por mor de problemas de licenzamento. O segundo publicouse en 1997 por medio de Westwood Studios. Eldon Tyrell, Gaff, Leon, Rachael, Chew e J.F. Sebastian aparecen neste videoxogo, e os seus ficheiros de voz foron gravados polos actores orixinais.[191] O xogador tomaba o papel de McCoy, outro cazador de replicantes traballando ó mesmo tempo que Deckard.[183][184][191] Este xogo foi publicado para PC e incluíu características como un argumento non lineal, personaxes non xogador cunha intelixencia artificial independente e un motor de xogo pseudo-3D.[192]

Blade Runner foi obxecto de varios documentais. On the Edge of Blade Runner, do ano 2000 e 55 minutos de duración, estivo dirixido por Andrew Abbott e contou con Mark Kermode como presentador e guionista. Neste documental amósanse entrevistas co equipo de produción, incluíndo o propio Scott, nas que se dan detalles do proceso creativo e dos diversos problemas xurdidos durante a preprodución, e Paul M. Sammon e Hampton Fancher explican a súa visión sobre Philip K. Dick e as orixes de Soñan os androides con ovellas eléctricas?.[76] Future Shocks, do ano 2003 e 27 minutos de duración, é un documental producido por TVOntario, que inclúe entrevistas co produtor executivo Bud Yorkin, con Syd Mead e con parte do elenco de actores, así como o comentario do autor de ciencia ficción Robert J. Sawyer e de varios críticos cinematográficos.[193] Dangerous Days: Making Blade Runner, do ano 2007 e 213 minutos de duración, é un documental dirixido e producido por Charles de Lauzirika para a versión The Final Cut do filme. Nel seleccionáronse partes de máis de 80 entrevistas a participantes no filme, incluíndo a Ford, Young e Scott.[194] Este documental ten oito capítulos, cada un deles cubrindo unha parte da produción do filme, co último deles tratando o legado do mesmo.[195] All Our Variant Futures: From Workprint to Final Cut, de 2007 e 29 minutos de duración, é un documental producido por Paul Prischman que aparece na edición Ultimate Collector's Edition de Blade Runner e fornece unha visión xeral das múltiples versións do filme, así como detalles no proceso de sete anos de duración de restauración, mellora e remestura da versión The Final Cut.[135]

Continuación

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Blade Runner 2049.

K. W. Jeter, amigo persoal de Dick, escribiu tres novelas autorizadas sobre Blade Runner que continúan a historia de Deckard, tentando aclarar as diferenzas entre o filme e Soñan os androides con ovellas eléctricas?:[196] Blade Runner 2: The Edge of Human (1995), Blade Runner 3: Replicant Night (1996) e Blade Runner 4: Eye and Talon (2000). No ano 1999 Stuart Hazeldine escribiu un guión para unha continuación do filme baseándose na novela The Edge of Human, titulado Blade Runner Down. Finalmente este proxecto foi abandonado por mor de problemas coa licenza.[197] David Peoples foi o guionista do filme de acción de 1998 Soldier, que segundo as súas propias declaracións foi un sucesor espiritual do filme orixinal, ambientado no mesmo universo compartido.[198]

En xuño do 2009 o xornal The New York Times informou que Scott e o seu irmán Tony estaban traballando nun precursor de Blade Runner, ambientado en 2019 e baixo o título Purefold, en formato de serie de curtas de entre 5 e 10 minutos de duración.[199] Finalmente en febreiro de 2010 anunciouse que a produción de Purefold cesara por mor de problemas co seu financiamento.[200] Posteriormente o 18 de agosto de 2011 anunciouse que Scott ía dirixir un novo filme sobre Blade Runner, e o produtor Andrew Kosove indicou que era pouco probable que Ford fora a participar neste proxecto.[201][202] Scott declarou posteriormente que este filme sería unha continuación do anterior pero sen a participación do elenco de actores orixinal, e que estaba procurando un guionista para completar este novo filme.[203] En outubro de 2012 Scott afirmou que o filme de continuación era unha realidade e estaba en proceso, pero non confirmou a participación de Ford no mesmo.[204]

En novembro de 2014 a revista Variety informou que Scott xa non sería o director do novo filme e participaría só como produtor, e que Scott confirmara que o personaxe de Ford aparecería só no "terceiro acto" da película.[205] En febreiro de 2015 Alcon Entertainment confirmou que Denis Villeneuve ía ser o director do novo filme, e que tanto Ford como o guionista orixinal Hampton Fancher participarían no mesmo, que comezaría a súa produción a mediados de 2016.[206] Ryan Gosling confirmou nunha entrevista do 16 de novembro de 2015 que el actuaría no papel do protagonista do filme.[207] A fotografía principal do filme comezou en xullo de 2016, coa Warner Bros. ó cargo da súa publicación doméstica nos Estados Unidos e Sony (a través de Columbia Pictures) encargándose da publicación internacional.[208] O 31 de marzo de 2016 Variety informou que Robin Wright actuaría no novo filme,[209] e en abril Dave Bautista, Ana de Armas e Sylvia Hoeks uníronse ó elenco de actores do mesmo.[210][211][212] En xuño de 2016 Mackenzie Davis e Barkhad Abdi foron seleccionados tamén,[213][214] xunto con David Dastmalchian e Hiam Abbass que se uniron en xullo,[215] e Jared Leto en agosto.[216]

Co plan inicial de publicarse en norteamérica en xaneiro de 2018, Alcon Entertainment confirmou finalmente que a estrea global do filme estaba planeada para o 6 de outubro de 2017,[217] e a Warner Bros. publicou un avance do filme o 19 de decembro de 2016.[218]

  1. Murray Chapman considerou que esta partida está baseada na chamada "Partida Inmortal" de 1851,[19] aínda que o propio Scott afirmou que isto era tan só unha coincidencia.[20]
Referencias
Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
  1. 1,0 1,1 "Blade Runner". American Film Institute. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  2. "Programación de TVG para mañana sábado". Diario Siglo XXI. 28 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "BLADE RUNNER". British Board of Film Classification. 27 de maio de 1982. Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 
  4. Brown, Stuart. "Blade Runner: The Final Cut". British Film Institute. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  5. "Blade Runner". The Numbers. Consultado o 11 de decembro de 2014. 
  6. "Blade Runner: The Final Cut (2007)". Box Office Mojo. Consultado o 12 de abril de 2014. 
  7. Conard, Mark T. (2006). The Philosophy of Neo-Noir. University Press of Kentucky. ISBN 978-0-8131-2422-3. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  8. Bukatman 1997, p. 41
  9. Greenwald, Ted (26 de setembro de 2007). "Read the Full Transcript of Wired's Interview with Ridley Scott". Wired 15 (10). Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  10. 10,0 10,1 Barber, Lynn (6 de xaneiro de 2002). "Scott's Corner". The Observer (Londres). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2008. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  11. Hunt, Bill (12 de decembro de 2007). "Blade Runner: The Final Cut – All Versions". The Digital Bits, Inc. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  12. "Studio Execs Hated the Blade Runner Voiceover They Forced Harrison Ford to Do". Motherboard. 14 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  13. 13,0 13,1 Barlow, Aaron. Reel Toads and Imaginary Cities: Philip K. Dick, Blade Runner and the Contemporary Science Fiction Movie.  En Brooker 2005, pp. 43–58
  14. Jermyn, Deborah. The Rachel Papers: In Search of Blade Runner's Femme Fatale.  En Brooker 2005, pp. 159–172
  15. 15,0 15,1 Gravett, Sharon L. (1 de xaneiro de 1998). "The Sacred and the Profane: Examining the Religious Subtext of Ridley Scott's Blade Runner". Literature/Film Quarterly 26 (1). 
  16. Jenkins, Mary (1997). "The Dystopian World of Blade Runner: An Ecofeminist Perspective". Trumpeter 14 (4). ISSN 0832-6193. 
  17. Kerman, Judith B. Post-Millennium Blade Runner.  En Brooker 2005, pp. 31–39
  18. 18,0 18,1 Alessio, Dominic. Redemption, 'Race', Religion, Reality and the Far-Right: Science Fiction Film Adaptations of Philip K. Dick.  En Brooker 2005, pp. 59–76
  19. 19,0 19,1 Chapman, Murray (1992–1995). "Blade Runner: Frequently Asked Questions (FAQ)". Universidade de Queensland. Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  20. Sammon 1996, p. 384
  21. 21,0 21,1 Burke, Matthew (2001). "Fortress Dystopia: Representations of Gated Communities in Comtemporary Fiction". Journal of American & Comparative Cultures 24 (1/2). doi:10.1111/j.1537-4726.2001.2401_115.x. 
  22. 22,0 22,1 Doll, Susan; Faller, Greg (1 de abril de 1986). "Blade Runner and Genre: Film Noir and Science Fiction". Literature/Film Quarterly 14 (2). 
  23. Bukatman 1997, p. 21
  24. Sammon 1996, p. 79
  25. Leaver, Tama (1997). "Post-Humanism and Ecocide in William Gibson's Neuromancer and Ridley Scott's Blade Runner". Universidade de Western Australia. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  26. 26,0 26,1 Hersch, Matthew H. (12 de agosto de 2008). "The Philosophy of Science Fiction Film". Journal of American Culture 31 (3). doi:10.1111/j.1542-734X.2008.00681_28.x. 
  27. Saini, Tinku (1996). "Eye disbelieve". Universidade de Washington. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2006. Consultado o 31 de xaneiro de 2008. 
  28. McCoy, John (1995). "The Eyes Tell All". Universidade de Texas at Austin. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  29. Bukatman 1997, pp. 9–11
  30. Kerman 1991, pp. 11-14
  31. Bukatman 1997, pp. 80–83
  32. Sammon 1996, p. 362
  33. Peary, Danny (1984). "Directing Alien and Blade Runner: An Interview with Ridley Scott". Omni's Screen Flights/Screen Fantasies: The Future According to Science Fiction. Dolphin. pp. 293–302. ISBN 978-0-385-19202-6. 
  34. Kaplan, Fred (30 de setembro de 2007). "A Cult Classic Restored, Again". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  35. "Blade Runner riddle solved". BBC. 9 de xullo de 2000. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  36. Brooker 2005, pp. 9, 222
  37. Bukatman 1997, p. 83
  38. Hills, Matt. Academic Textual Poachers: Blade Runner as Cult Canonical Film.  En Brooker 2005, pp. 124–141
  39. 39,0 39,1 39,2 39,3 39,4 39,5 39,6 39,7 "Dangerous Days: Making Blade Runner". Blade Runner: The Final Cut (DVD). Warner Bros. 2007. 
  40. 40,0 40,1 "Ford: "'Blade Runner' Was a Nightmare"". Moono.com. 5 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  41. 41,0 41,1 Ebert, Roger (11 de setembro de 1992). "Blade Runner: Director's Cut". rogerebert.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  42. Lynch, Gerald (26 de abril de 2016). "Rutger Hauer on Blade Runner, Its Sequel and His Return to Sci-Fi with Alien: Out of Shadows". Gizmodo. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016. 
  43. 43,0 43,1 Sammon 1996, p. 284
  44. Hauer, Rutger (7 de febreiro de 2001). "Live Chat". Rutger Hauer. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  45. Fancher, Hampton; Peoples, David (23 de febreiro de1981). "Blade Runner Screenplay". Consultado o 11 de marzo de 2010. 
  46. Hauer, Rutger; Quinlan, Patrick (2007). All Those Moments: Stories of Heroes, Villains, Replicants and Blade Runners. HarperEntertainment. ISBN 978-0-06-113389-3. 
  47. Abbott, Andrew (2000). On the Edge of Blade Runner. Channel 4. 
  48. Sammon 1996, pp. 92–93
  49. Vallance, Tom (21 de agosto de 1999). "Obituaries: Brion James". The Independent. Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  50. Vlessing, Etan (2 de marzo de 2015). "Original Replicant Joanna Cassidy Wants to Reprise 'Blade Runner' Role". The Hollywood Reporter. Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  51. Sammon 1996, pp. 115–116
  52. Bukatman 1997, p. 72
  53. Sammon 1996, p. 170
  54. Brinkley, Aaron (5 de outubro de 2000). "A Chat With William Sanderson". BladeZone – The Online Blade Runner Fan Club. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  55. Sammon 1996, p. 150
  56. Bukatman 1997, p. 13
  57. 57,0 57,1 Sammon 1996, p. 23
  58. Sammon 1996, pp. 23–30
  59. Sammon 1996, pp. 43–49
  60. Sammon 1996, pp. 49–63
  61. Sammon 1996, p. 49
  62. Bukatman 1997, pp. 18–19
  63. Sammon 1996, pp. 64–67
  64. Sammon 1996, pp. 63–64
  65. Sammon 1996, pp. 67–69
  66. 66,0 66,1 Boonstra, John (1982). "A final interview with science fiction's boldest visionary, who talks candidly about Blade Runner, inner voices and the temptations of Hollywood". Rod Serling's the Twilight Zone Magazine 2 (3): 47–52. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  67. "Adicatoria a Philip K. Dick tralos créditos". Blade Runner. Escena en 1:51:30. 
  68. Sammon 1996, p. 98
  69. Sammon 1996, p. 211
  70. Sammon 1996, p. 296
  71. Pahle, Rebecca (28 de agosto de 2015). "10 Fascinating Facts About 'Blade Runner'". Mental Floss. Consultado o 24 de marzo de 2015. 
  72. Carnevale, Rob (2006). "Getting Direct With Directors ... Ridley Scott". BBC. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  73. Kennedy, Colin (2000). "And beneath lies, the truth". Empire (137): 76. ISSN 0957-4948. 
  74. "In Conversation with Harrison Ford". Empire (202): 140. 2006. ISSN 0957-4948. 
  75. Smith, Neil (2007). "The Total Film Interview". Total Film (130). ISSN 1366-3135. 
  76. 76,0 76,1 Ingels, Nicklas. "On The Edge Of Blade Runner (Documentary)". Los Angeles, 2019. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  77. Sammon 1996, p. 74
  78. Wheale, Nigel (1995). The Postmodern Arts: An Introductory Reader. Routledge. p. 107. ISBN 978-0-415-07776-7. 
  79. Monahan, Mark (20 de setembro de 2003). "Director Maximus". The Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2008. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  80. "Green Energy". Irish arts Review 30 (2). 2013. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2014. 
  81. Sammon 1996, p. 53
  82. Giraud, Jean (1988). The Long Tomorrow & Other SF Stories. Marvel. ISBN 978-0-87135-281-1. 
  83. Bukatman 1997, pp. 61–63
  84. Sammon 1996, p. 111
  85. The Hollywood Reporter (4 de xaneiro de 2016). Quentin Tarantino, Ridley Scott, Danny Boyle, & More Directors on THR's Roundtables - Oscars 2016. Youtube. Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  86. Eggersten, Chris (10 de decembro de 2015). "Ridley Scott: I used footage from Kubrick's 'The Shining' in 'Blade Runner'". HITFIX (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2016. Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  87. Howard, Annie (12 de outubro de 2015). "Ridley Scott Reveals Stanley Kubrick Gave Him Footage From 'The Shining' for 'Blade Runner' Ending". The Hollywood Reporter. Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  88. Sammon 1996, pp. 79–80
  89. "The top 40 cars from feature films: 30. POLICE SPINNER". ScreenJunkies. 30 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  90. Willoughby, Gary. "BladeZone's Gary Willoughby has a One on One chat with Gene Winfield, the builder of the full size cars and spinners from the classic film Blade Runner.". Bladezone. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  91. "Experience Music Project | Science Fiction Museum and Hall of Fame (EMP|SFM)" (PDF). Science Fiction Museum and Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2011. Consultado o 04 de novembro de 2016. 
  92. "10 Pre-2000 Movies With Special Effects That Still Hold Up Today". WhatCulture. 23 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  93. 93,0 93,1 Savage, Adam (30 de xullo de 2007). "Blade Runner at 25: Why the Sci-Fi F/X Are Still Unsurpassed". Popular Mechanics. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  94. De Semlyen, Phil (25 de xullo de 2013). "Los Angeles 2019 (Blade Runner) – Cinema's Greatest Effects Shots Picked By Hollywood's Top VFX Specialists". Empire. 
  95. "Blade Runner: Spinner Vehicles". Trumbull Ventures. 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  96. Bunn, Geoffrey C. (2012). The Truth Machine: A Social History of the Lie Detector. Johns Hopkins Studies in the History of Technology. p. 190. ISBN 9781421405308. ISSN 2470-2773. 
  97. Sammon 1996, pp. 106–107
  98. 98,0 98,1 Lussier, Mark; Gowan, Kaitlin (2012). "The Romantic Roots of "Blade Runner"". The Wordsworth Circle 43 (3): 165–172. JSTOR 24043987. 
  99. "Blade Runner – Scoring the music". Nemo Studios. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  100. Sammon 1996, pp. 271–274
  101. 101,0 101,1 101,2 Sammon 1996, pp. 419–423
  102. 102,0 102,1 Kerman 1991, p. 280
  103. Griffin, Mark J.T. (2013). Vangelis: The Unknown Man. Lulu Press, Inc. ISBN 9781447627289. 
  104. Larsen, Peter (2007). Film music. Reaktion Books. p. 179. ISBN 978-1-86189-341-3. 
  105. Sammon 1996, p. 424
  106. Orme, Mike (7 de febreiro de 2008). "Album Review: Vangelis: Blade Runner Trilogy: 25th Anniversary". Pitchfork. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  107. Sammon 1996, p. 309
  108. Harmetz, Aljean (29 de xuño de 1982). "'E.T.' May Set Sales Record". The New York Times. Sección C, Cultural Desk, p. 9. 
  109. Sammon 1996, p. 316
  110. Sammon 1996, pp. 313–315
  111. Hicks, Chris (11 de setembro de 1992). "Movie review: Blade Runner". Deseret News Publishing Co. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  112. Sammon 1996, p. 313
  113. Sammon 1996, p. 314
  114. Kael, Pauline (1984). Taking It All In. Holt, Rinehart and Winston. pp. 360–365. ISBN 978-0-03-069361-8. 
  115. Williams, Douglas E. (1988). "Ideology as Dystopia: An Interpretation of "Blade Runner"" (PDF). International Political Science Review 9 (4): 381–394. JSTOR 1600763. 
  116. Jenkins, Mary (1997). "The Dystopian World of Blade Runner: An Ecofeminist Perspective". Trumpeter 14 (4). ISSN 0832-6193. 
  117. Weldes, Jutta (2003). "Popular Culture, Science Fiction, and World Politics". To Seek Out New Worlds. Palgrave Macmillan US. pp. 1-27. ISBN 978-1-4039-8208-7. doi:10.1057/9781403982087_1. 
  118. 118,0 118,1 Jagernauth, Kevin (28 de abril de 2015). "'Blade Runner' Is almost a Religion for me: Denis Villeneuve talks directing the sci-fi sequel". indieWIRE. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2015. 
  119. Ebert, Roger. "Blade Runner: The Final Cut Movie Review (1982) | Roger Ebert". rogerebert.com. Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  120. Rodley, Chris (1993). "Blade Runner: the director's cut". Frieze. Consultado o 14 de outubro de 2015. 
  121. 121,0 121,1 "Blade Runner (1982)". Rotten Tomatoes. Consultado o 8 de outubro de 2015. 
  122. "NY Times: Blade Runner". NY Times. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  123. Clarke, James (2012). Virgin Film: Ridley Scott. Random House. p. 86. ISBN 9780753547083. 
  124. "Blade Runner - Awards". IMDb. Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  125. Kaplan, Fred (30 de setembro de 2007). "A Cult Classic Restored, Again". New York Times. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  126. Sammon 1996, p. 289
  127. Bukatman 1997, pp. 36–37
  128. Sammon 1996, pp. 334–340
  129. Bukatman 1997, p. 37
  130. Sammon 1996, pp. 306, 309–311
  131. Sammon 1996, pp. 326–329
  132. "BLADE RUNNER [DIRECTOR'S CUT]". British Board of Film Classification. 29 de setembro de 1992. Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 
  133. 133,0 133,1 Sammon 1996, pp. 353, 365
  134. "BLADE RUNNER [The Final Cut]". British Board of Film Classification. 12 de outubro de 2007. Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 
  135. 135,0 135,1 "Blade Runner: The Final Cut". The Digital Bits. 26 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  136. Hoberman, J. (2001). "100 Best Films of the 20th Century". Village Voice Critics' Poll. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  137. "Online Film Critics Society: OFCS Top 100: Top 100 Sci-Fi Films". Online Film Critics Society. 12 de xuño de 2002. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2012. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  138. "Sight & Sound Top Ten Poll 2002". Sight & Sound. 2002. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  139. Schröder, Nicolaus (2002). 50 Klassiker, Film (en alemán). Gerstenberg. ISBN 978-3-8067-2509-4. 
  140. "1001 Series". 1001beforeyoudie.com. 22 de xullo de 2002. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  141. "Top 50 Cult Movies". Entertainment Weekly. 23 de maio de 2003. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  142. "Top 10 sci-fi films, Science". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  143. Jha, Alok (26 de agosto de 2004). "Scientists vote Blade Runner best sci-fi film of all time, Film". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  144. "How we did it, Science". The Guardian. 26 de agosto de 2004. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  145. "Film news Who is the greatest?". Total Film. Future Publishing. 24 de outubro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  146. "The Complete List – ALL-TIME 100 Movies". TIME. 23 de maio de 2005. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  147. "ALL-TIME 100 Movies". TIME. 12 de febreiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  148. Corliss, Richard (12 de febreiro de 2005). "All-Time 100 movies: Blade Runner (1982)". TIME. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  149. George, Alison (12 de novembro de 2008). "Sci-fi special: Your all-time favourite science fiction". New Scientist. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  150. George, Alison (1 de outubro de 2008). "New Scientist's favourite sci-fi film". New Scientist. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  151. "Empire Features". Empire. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2011. 
  152. Pirrello, Phil; Collura, Scott; Schedeen, Jesse. "Top 25 Sci-Fi Movies of All Time". IGN Entertainment Inc. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  153. "Film features: 100 Greatest Movies Of All Time". Total Film. Future Publishing. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  154. "Sight & Sound 2012 critics top 250 films". Sight & Sound. 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2012. 
  155. "Sight & Sound 2012 directors top 100 films". Sight & Sound. 2012. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2014. Consultado o 20 de setembro de 2012. 
  156. "The 301 Greatest Movies Of All Time". Empire. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  157. Sammon 1996, pp. xvi–xviii
  158. Sammon 1996, pp. 318–329
  159. Moore, Ronald D.; Eick, David (21 de febreiro de 2008). Battlestar Galactica Interview. Concurring Opinions. Entrevista con Daniel Solove, Deven Desai e David Hoffman. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2011. Consultado o 3 de outubro de 2011. 
  160. Jha, Alok; Rogers, Simon; Rutherford, Adam (26 de agosto de 2004). "'I've seen things...': Our expert panel votes for the top 10 sci-fi films". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2007. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  161. "Blade Runner tops scientist poll". BBC News. 26 de agosto de 2004. Consultado o 22 de setembro de 2012. 
  162. Omura, Jim (16 de setembro de 2004). "Ghost in the Shell 2: Innocence". FPS Magazine. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  163. Rose, Steve (19 de outubro de 2009). "Hollywood is haunted by Ghost in the Shell". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  164. "U.S. National Film Registry – Titles". Carnegie Mellon University. Consultado o 22 de xullo de 2009. 
  165. Rapold, Nicolas (2 de outubro de 2007). "Aren't We All Just Replicants on the Inside?". The New York Sun. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2008. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  166. "The Visual Effects Society Unveils "50 Most Influential Visual Effects Films of All Time"" (PDF). Visual Effects Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  167. Cigéhn, Peter (1 de setembro de 2004). "The Top 1319 Sample Sources (version 60)". sloth.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  168. "AFI's 100 GREATEST AMERICAN FILMS OF ALL TIME". American Film Institute. 2007. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2015. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  169. "AFI's 100 Years...100 Thrills" (PDF). American Film Institute. 2001. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de outubro de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  170. "AFI's 10 Top 10 - Top Sci-Fi". American Film Institute. 2007. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  171. Webster, Andrew (17 de outubro de 2012). "Cyberpunk meets interactive fiction: the art of 'Cypher'". The Verge. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de febreiro de 2013. 
  172. "Rise of the Dragon". Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2010. 
  173. 173,0 173,1 173,2 173,3 "Tracing Replicants: We examine Blade Runner's influence on games". 1Up.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 11 de novembro de 2010. 
  174. "The Top 10 Best Game Detectives". NowGamer. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  175. "Blade Runner and Snatcher". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2010. 
  176. "Beneath a Steel Sky". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2010. 
  177. Lambie, Ryan. "Bubblegum Crisis 3D live-action movie on the way". Den of Geek. Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2010. 
  178. "3D Live Action Bubblegum Crisis Movie Gets A Director And A Start Date". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 10 de novebmbro de 2010. 
  179. "Retrospective: Perfect Dark". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2010. 
  180. "Syndicate Wars: Review by Chuck Schrank for Gamezilla PC Games". Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2010. 
  181. "Syndicate". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2010. 
  182. "Gaming Gurus, Issue 14.04". Wired Magazine. 1 de abril de 2006. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2013. Consultado o 28 de agosto de 2009. 
  183. 183,0 183,1 Atkins, Barry. Replicating the Blade Runner.  En Brooker 2005, pp. 79–91
  184. 184,0 184,1 Tosca, Susana P. Implanted Memories, or the Illusion of Free Action.  En Brooker 2005, pp. 92–107
  185. Sammon 1996, p. 104
  186. Dick, Philip K. (1982). Blade runner: (Do androids dream of electric sheep). Ballantine Books. ISBN 978-0-345-35047-3. 
  187. Marshall, Colin (14 de setembro de 2015). "Hear Blade Runner, Terminator, Videodrome & Other 70s, 80s & 90s Movies as Novelized AudioBooks". Open Culture. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  188. "Marvel Super Special #22". Grand Comics Database. Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  189. Robb, Brian J. (2006). Counterfeit Worlds: Philip K. Dick on Film. Titan Books. pp. 200–225. ISBN 978-1-84023-968-3. 
  190. Platt, John (1 de marzo de 1999). "A Total Recall spin-off that's an awful lot like Blade Runner". Science Fiction Weekly 5 (9). Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  191. 191,0 191,1 "Blade Runner". BRMovie. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2008. Consultado o 10 de agosto de 2010. 
  192. Bates, Jason (9 de setembro de 1997). "Westwood's Blade Runner". PC Gamer (Blade Zone) 4 (9). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2012. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  193. "Future Shocks". TVO.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  194. Fischer, Russ (8 de febreiro de 2007). "Interview: Charles de Lauzirika (Blade Runner)". CHUD.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  195. Weitz, Scott (16 de decembro de 2007). "Blade Runner – The Final Cut: 2-Disc Special Edition DVD Review". FilmEdge. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  196. Gray, Christy. Originals and Copies: The Fans of Philip K. Dick, Blade Runner and K. W. Jeter.  En Brooker 2005, pp. 142–156
  197. "The Blade Runner FAQ: Are there any sequels? I heard rumours ..". My Blade Runner. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  198. "Cinescape Insider". Cinescape (MVP Entertainment, Inc.) 4 (4). 1998. ASIN B003X67LGO. 
  199. Stone, Brad (4 de xuño de 2009). "Web Series Tied to 'Blade Runner' Is In the Works". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  200. "Ag8". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  201. Fleming, Mike (18 de agosto de 2011). "Ridley Scott To Direct New 'Blade Runner' Installment For Alcon Entertainment". Deadline. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2014. Consultado o 19 de agosto de 2011. 
  202. "Ridley Scott to direct new Blade Runner film". BBC. 19 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2014. Consultado o 19 de agosto de 2011. 
  203. Chai, Barbara (4 de novembro de 2011). "Ridley Scott Says He'll Direct 'Blade Runner' Sequel". Speakeasy. Consultado o 6 de novembro de 2011. 
  204. Sullivan, Kevin P. (12 de outubro de 2012). "Ridley Scott Gives 'Prometheus 2' And 'Blade Runner 2' Updates". MTV Movies Blog. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  205. Kastrenakes, Jacob (25 de novembro de 2014). "Ridley Scott won't direct 'Blade Runner' sequel". The Verge. Consultado o 26 de novembro de 2014. 
  206. Joseph, Matt (26 de febreiro de 2015). "Blade Runner Sequel Confirmed, Harrison Ford To Return". Consultado o 27 de febreiro de 2015. 
  207. Goldberg, Matt (16 de novembro de 2015). "Ryan Gosling Confirms He's in 'Blade Runner 2'; Talks Shane Black's 'The Nice Guys'". Collider. 
  208. Galuppo, Mia (18 de febreiro de 2016). "'Blade Runner' Sequel Gets Release Date". The Hollywood Reporter. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  209. Kroll, Justin (31 de marzo de 2016). "Robin Wright Joins 'Blade Runner' Sequel in Key Role (EXCLUSIVE)". Variety. 
  210. Pedersen, Erik (4 de abril de 2016). "Dave Bautista Joins 'Blade Runner' Sequel". Deadline. 
  211. Sneider, Jeff (21 de abril de 2016). "'Blade Runner 2' Casts 'Knock Knock' Star Ana De Armas". The Wrap. 
  212. Petski, Denise (26 de abril de 2016). "Sylvia Hoeks Boards 'Blade Runner' Sequel". Deadline. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2016. Consultado o 05 de novembro de 2016. 
  213. Kit, Borys (7 de xuño de 2016). "'Martian' Actress Mackenzie Davis Joins 'Blade Runner' Sequel (Exclusive)". The Hollywood Reporter. 
  214. McNary, Dave (28 de xuño de 2016). "Barkhad Abdi Joins 'Blade Runner' Sequel". Variety. Consultado o 6 de novembro de 2016. 
  215. McNary, Dave (31 de xullo de 2016). "'Blade Runner' Sequel Adds Two New Cast Members". Variety. Consultado o 6 de novembro de 2016. 
  216. Kroll, Justin (18 de agosto de 2016). "Jared Leto Joins 'Blade Runner' Sequel". Consultado o 19 de agosto de 2016. 
  217. Lincoln, Ross A. (19 de abril de 2016). "Blade Runner Sequel Moved Ahead To October 2017". Deadline. 
  218. Newitz, Annalee (19 de decembro de 2016). "Blade Runner 2049 teaser trailer looks promising". Ars Technica. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]