Saltar ao contido

Diocese católica latina de Tui-Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bispado de Tui»)
Modelo:Xeografía políticaDiocese católica latina de Tui-Vigo
dioecesis Tudensis-Vicensis (la) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°03′N 8°38′O / 42.05, -8.64
Escindido dearquidiocese de Braga Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación559.600 (2017) Editar o valor en Wikidata (325,73 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá
lingua galega Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.718 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1959 Editar o valor en Wikidata
CatedralCatedral de Santa María de Tui
Concatedral de Santa María de Vigo Editar o valor en Wikidata

Sitio webdiocesetuivigo.org Editar o valor en Wikidata
Twitter: tui_vigo Editar o valor en Wikidata

A diocese de Tui-Vigo (en latín: dioecesis Tudensis-Vicensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. O seu patrón é san Telmo e actualmente está presidida polo bispo Luís Quinteiro Fiúza.

Territorio

[editar | editar a fonte]

Despois do esgazamento da metade sur do seu territorio no século XV, a diocese comprende boa parte das comarcas sur-occidentais de Galicia, concretamente as parroquias existentes entre o río Verdugo, na ría de Vigo, e o río Miño.

A orixinaria sé episcopal é a cidade de Tui, na que se acha a catedral de Santa María, pero desde o ano 1959 comparte a capitalidade eclesiástica coa cidade de Vigo, motivo polo que a diocese pasou a chamarse de Tui-Vigo.

O seu territorio abrangue uns 1.721,4 km² e está subdividido en 276 parroquias, agrupadas en 14 arciprestados[1]; logo da reestruturación do ano 2016[2][3], que fusionou os arciprestados de Tui e Entenza (Tui-Entenza), Tea e Salvaterra (Tea-Condado), e Vigo-Travesas e Vigo-Polígono (Vigo-Fragoso): A Guarda-Tebra, A Louriña, Miñor, Montes-Mondariz, Redondela-Oitavén, San Martiño, Tea-Condado, Tui-Entenza, Vigo-Casabranca, Vigo-Centro, Vigo-Fragoso, Vigo-Lavadores, Vigo-Santo André e Vigo-Teis.

Mapa da diocese de Tui de 1766 realizado por Rosendo Amoedo.

Segundo a tradición cristiá, a comezos do século I o apóstolo Santiago evanxelizou a cidade de Tui, fundando así a primeira comunidade cristiá que daría pé á diocese e nomeando a santo Epitacio como o seu primeiro bispo. Con todo, ata mediados do século VI non se ten certeza documental plena da existencia da diocese nin dos seus bispos.

A creación da diocese de Tui respondeu posiblemente ao proceso de implantación do cristianismo que a partir do edicto de Milán do ano 313 estaba a se desenvolver no Imperio Romano. As grandes e medianas cidades do Imperio convertéronse axiña en centros que irradiaban as novas crenzas relixiosas e onde se asentaban as primeiras estruturas administrativas eclesiásticas. É deste contexto histórico de onde xorde probablemente a verdadeira creación dun centro eclesiástico administrativo na antiga cidade galaico-romana de Tude, e que finalmente suporá a fundación desta diocese nalgún momento entre os séculos IV e VI.

A primeira nova da existencia da diocese é do no Segundo Concilio de Braga (ano 572) auspiciado polo rei galaico-suevo Miro, onde o primeiro bispo tudense coñecido, Anila, subscribe as actas como Anila Tudensis ecclesiae episcopus his gestis subscripsi. Neste marco histórico oficialízase a demarcación territorial da diocese, que entre os séculos VI e XIV comprendeu os territorios comprendidos entre a ría de Vigo e o río Limia e dende as costas oceánicas ata a serra do Leboreiro.

A causa das vagas normandas e dos conflitos militares co emirato de Córdoba os prelados tudenses víronse obrigados a residiren en Iria Flavia, Labruge (Portugal) e Ribas de Sil. Consta que o rei Ordoño II restaurou a diocese en 915 e aínda foi agregada a Santiago en 1024. Rematada a destrución da sé, o rei García fixo en 1071 a restauración definitiva.

A independencia do condado de Portugal do reino de Galiza a comezos do século XII suporá a división da diocese entre ambos reinos polo río Miño. Finalmente no século XIV prodúcese a esgazadura final da metade sur da diocese debido a que os cóengos e vigairos con xurisdición en Portugal eran favorables á lexitimidade de Urbano VI, mentres que o bispo de Tui, D. Xoán Fernández de Soutomaior, e os capitulares ao norte do río Miño apoiaron a Clemente VII, o papa de Aviñón. No ano 1452, consumouse a ruptura, pois a colexiata de Valença foi adscrita á diocese de Ceuta[Cómpre referencia] e, posteriormente, en 1514, á diocese de Braga, perdendo Tui a zona comprendida entre o río Miño e o Limia.

A cultura liberal e ilustrada, que invadiu Europa no século XIX, tamén tivo a súa repercusión na diocese tudense. E, así, cando en 1813 foron abolidos os señoríos xurisdicionais, o bispo e o cabido víronse obrigados a unha maior concentración na súa misión relixiosa. Tamén a desamortización de Mendizábal (1836) produciu o abandono na diocese de importantes mosteiros, coma o de Santa María de Oia e o de Melón, e a perda de patrimonio artístico e documental.

En 1959 o papa Xoán XXIII pola bula Quemadmodum impiger concédelle a dobre titularidade Tudensis-Vicensis á diocese, elevando a rango de concatedral o templo de Santa María de Vigo e trasladando a esta cidade a sé do bispo e máis a do cabido.

Lista de bispos

[editar | editar a fonte]

As seguintes persoas foron bispos da diocese:[4]

Santo Epitacio, o primeiro bispo de Tui, representado na parte superior da portada setentrional da catedral.
Íntegro, en pdf: Antigvedad de la civdad, y iglesia cathedral de tvy, y de los obispos qve se save aya auido en ella, escrito polo bispo Frei Prudencio de Sandoval en 1610.
Escudo de Juan Manuel Rodríguez Castañón en S. Lourenzo de Oliveira.
Arcebispo Manuel Lago González.
José Delicado Baeza.
José Cerviño.
Luís Quinteiro Fiúza
Bispos de Tui-Vigo
"Episcopológio tudense" publicado por Galicia Diplomática en 1892.
  1. "Organización Territorial da Diocese de Tui-Vigo". Arquivado dende o orixinal o 13/04/2020. Consultado o 15/12/2019. 
  2. "Decreto de fusión de arciprestazgos en Tea-Condado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13-04-2020. Consultado o 15/12/19. 
  3. "La Diócesis de Tui-Vigo unifica arciprestazgos para "facilitar" la labor pastoral". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-12-15. 
  4. "Episcopoloxio da Diocese de Tui-Vigo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xuño de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  5. "El Papa nombra obispo de Tui-Vigo al hasta ahora responsable del Obispado ourensano". Atlántico (en castelán). 2010-01-29. Consultado o 2020-02-07. 
  6. "Luis Quintero Fiuza, nombrado obispo de Tui-Vigo". Faro de Vigo (en castelán). 28 de xaneiro de 2010. Consultado o 12/04/2019. 
  7. "Mons. D. Luis Quinteiro Fiuza ha sido nombrado Obispo de Tui-Vigo". Conferencia Episcopal Española (en castelán). 2010-01-28. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]