Biocida
Aparencia
Os biocidas poden ser substancias químicas sintéticas ou de orixe natural, ou microorganismos, destinados a destruír, contrarrestar, neutralizar, impedir a acción ou exercer un control doutro tipo sobre calquera organismo ou microorganismo considerado nocivo para o home.[1]
Mecanismos de acción
[editar | editar a fonte]As substancias biocidas polo xeral actúan a nivel da membrana celular dos organismos, penetrándoa e destruíndo os sistemas que lle permiten vivir. O biocida provoca a lise da parede proteica ou lipoproteica do organismo e penetra no seu interior interrompendo as reaccións bioquímicas que sustentan a vida no organismo.
Tipos de biocidas
[editar | editar a fonte]Pódense presentar de tres formas:
- Físicos: fontes de radiación de alta enerxía (luz, radiación UV) que oxidan a parede proteica e practicamente queiman as células do microorganismo.
- Biolóxicos: substancias creadas por organismos superiores para autodefensa; xeralmente son de tipo proteico (enzimas; por exemplo, a lisozima).
- Químicos: poden ser, á súa vez, inorgánicos ou de síntese orgánica. Por exemplo: dióxido de cloro (ClO2), isotiazolinas, cloraminas, bromuros de alquilo, cloruros de alquilo ou arilo, etc.
Condicións dun bo biocida
[editar | editar a fonte]- Debe ter un amplo espectro de actividade, é dicir, debe cubrir unha ampla gama de microorganismos (bacterias, virus e fungos).
- Efectivo a baixa concentración: canto máis baixa sexa a dose, máis económico resulta o tratamento.
- Efectivo nun amplo rango de pH.
- Solúbeis en auga.
- Compatíbel con outras especies químicas no medio.
- Alta persistencia: debe ser efectivo a través do tempo.
- Fácil de neutralizar: debe posuír mecanismos desactivadores para a súa posterior neutralización.
- Baixa toxicidade humana: non debe ser prexudicial na súa manipulación segura por parte do operador.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez, Sebastián Sánchez-Fortún; Gomariz, María Victoria Barahona (1 de xaneiro de 2002). Riesgo toxicológico medioambiental de compuestos activos utilizados para la desinfección de torres de refrigeración (en castelán). Editorial Complutense. ISBN 9788474916874. Consultado o 16 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina da ECHA sobre biocidas (en inglés).
- Tecnoloxía de Activación Electroquímica da Auga
- Orde PRE/3271/2011, de 25 de novembro, pola que se inclúen as substancias activas bifentrina, acetato de (Z,E)-tetradeca-9,12-dienilo, fenoxicarb e ácido nonanoico no anexo I do Real Decreto 1054/2002, de 11 de outubro, polo que se regula o proceso de avaliación para o rexistro, autorización e comercialización de biocidas e pola que se inclúe a substancia activa acetato de (Z,E)-tetradeca-9,12-dienilo no anexo IA do citado Real Decreto
- "Ficha do acetato de (Z,E)-tetradeca-9,12-dienilo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2013. Consultado o 16 de abril de 2017.