Biblia dos Setenta
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2024.) |
A Biblia dos Setenta, ou Biblia dos Setenta e Dous, citada comunmente como LXX, é o nome co que se coñece a versión grega da Biblia xudía, o que os cristiáns chaman Antigo Testamento.
A lenda
[editar | editar a fonte]O nome de Biblia dos LXX ou dos LXXII procede dunha carta do pseudo-Aristea. Nela afírmase que o faraón Tolomeo II Filadelfo (283 a 246 a.C.) desexaba ter na grande Biblioteca de Alexandría a tradución dos libros sagrados hebreos. Atendendo á súa petición, 72 homes, seis por cada unha das doce tribos de Israel, foron enviados desde Xerusalén para levar a cabo a tradución.
Filón de Alexandría aínda engade que os 72 sabios foron aloxados en tendas separadas na illa de Faro. Cada un deles levou a cabo a versión enteira en 72 días e, ao rematar, viuse que as 72 versións eran idénticas.
O texto dos LXX
[editar | editar a fonte]En canto á realidade histórica do texto podemos dicir en primeiro lugar que unha versión grega do Pentateuco, realizada pola comunidade hebrea da Diáspora que xa non falaba hebreo, existía xa no século III a.C. Por outra banda, o prólogo do Eclesiastés, escrito sobre o ano -130, deixa albiscar a existencia de traducións ao grego de practicamente todo o canon hebreo.
Polo tanto, a finais do século II a.C. existía unha versión grega do Antigo Testamento, suma de versións realizadas en diversas épocas e por distintos autores, como se conclúe das diferenzas de estilo, linguaxe e, incluso, calidade das traducións.
Importancia desta versión
[editar | editar a fonte]A versión dos LXX é moi importante para o nacemento e o primeiro desenvolvemento do cristianismo:
- Inflúe na lingua do Novo Testamento.
- É a versión que citan e usan os autores dos libros do Novo Testamento.
- É a versión que utilizan os Pais da Igrexa de lingua grega, que foron os que construíron a primeira teoloxía cristiá.
Manuscritos máis importantes
[editar | editar a fonte]Os manuscritos completos máis antigos dos LXX son os códices cristiáns Vaticano e Sinaítico, datados no século IV a.C., pero en Qumran e noutros lugares do deserto de Xudea, atopáronse fragmentos dunha versión grega dalgúns libros como os profetas menores, seguramente da segunda metade do século I d.C. Tamén hai que engadir fragmentos desta versión grega nos papiros Ryland, Gouad e Chester Beatty, todos do século II d.C.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblia dos Setenta |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- MANUCCI, V: La Biblia como Palabra de Dios, Ed. Desclée De Brouwer, Bilbao, 1985.