Betty é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de metal alternativoHelmet, publicado o 21 de xuño de 1994 a través do selo Interescope Records. O disco foi moi esperado polos críticos e polos fans como resultado do éxito da banda co álbum anterior, Meantime. Trátase do álbum de Hemlet que máis arriba chegou nas listas estadounidenses.
Rob Echeverria (guitarrista da banda hardcore de Nova YorkRest In Pieces) substituíu a Peter Mengede na guitarra. Despois de gravar e xirar promocionando o álbum, Echeverria deixou Helmet en 1995 para unirse a Biohazard; porén, a súa saída foi máis amigable que a de Mengede.
Antes do lanzamento de Betty en xuño de 1994, o seu principal éxito, "Milquetoast", apareceu nunha forma alternativa na banda sonora de The Crow "Milktoast." O seu vídeo foi emitido regularmente pola MTV, e tamén se editaron vídeos para "Wilma's Rainbow" e "Biscuits For Smut".