Saltar ao contido

Berro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un berro é un son forte emitido pola voz dun animal ou persoa[1], a maioría das veces causado pola ira, alegría, medo ou algunha outra emoción. Tamén se usa para avisar dun xeito apaixonado. É un tipo de comunicación que ocorre tanto intencionadamente como sen querer.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Téñense apuntado orixes diversas para o termo.

Comunicación e linguaxe

[editar | editar a fonte]

O berro pode expresar e comunicar diversas emocións, ademais de pracer ou dor. Elaine Scarry, escritora e profesora de literatura, fala da linguaxe en relación coa dor indicando que os berros fan que as persoas volvan a un estado onde os sons non articulados dominan. A dor é unha experiencia individual, porén, como calquera outro concepto, pódese comunicar como unha idea. O berro é un tema e unha ferramenta recorrente nas artes plásticas, nas perfomances, no cinema, no teatro e na música.

Hegel escribe: “O maior alivio ao ter dor é poder gritalo […] a través desta expresión, a dor faise obxectiva e iso fai a conexión entre o suxeito, que está só con dor, e o obxecto, que non ten dor."[7]

  1. "Dicionario; berro". Real Academia Galega. Consultado o 2022-04-06. 
  2. "Por que a xente berra? Screaming transmite polo menos 6 emocións - Psicoterapia - 2022". youthministryinitiative. Consultado o 2022-04-06. [Ligazón morta]
  3. "berrar" (en inglés). 2020-11-11. 
  4. "Dicionario de dicionarios; berrón". sli.uvigo.es. Consultado o 2022-04-06. 
  5. "berro" (en inglés). 2021-09-09. 
  6. Infopédia. "berrar ; Dicionário Infopédia da Língua Portuguesa". Infopédia, Porto Editora (en portugués). Consultado o 2022-04-06. 
  7. "Michel-Buch: 'Von Eulen, Engeln u. Sirenen'". Der Spiegel (en alemán). 1988-10-02. ISSN 2195-1349. Consultado o 2022-04-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]