Bentejuí
Estatuas de Bentejuí e Tazarte | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1460 ou 1461 Telde, Gran Canaria, (Illas Canarias) |
Morte | 29 de abril de 1483 Ansite, Gran Canaria, (Illas Canarias) |
Actividade | |
Ocupación | Guanarteme de Gran Canaria (1481-1483) |
Bentejui foi un líder guerreiro de Gran Canaria, que se resistiu militarmente á conquista da illa por parte dos conquistadores enviados pola Coroa de Castela. Naceu arredor do 1450, no Guanartemato de Gáldar, preto da actual cidade de Gáldar, en Gran Canaria e morreu o 29 de abril de 1483.
Historia
[editar | editar a fonte]Tralo fin da resistencia aborixe no interior da illa en 1481, e a captura de Tenesor Semidán, guanarteme de Gáldar, por parte de Alonso Fernández de Lugo, asínase o tratado chamado Carta de Calatayud entre Tenesor, como representante do Reino das Canarias, e Fernando o Católico, Rei de Aragón, en nome dos Reinos das Españas, polo que as Illas Canarias pasan a ser parte da Coroa de Castela e os mandos do exército español destinados nas Canarias obteñen terras, así como tamén os diferentes guanartemes, menceyes ou reis tribais, que quedan como responsables políticos.[1]
Ó caer Gáldar, a resistencia aborixe contra o tratado con España trasládase ás zonas montañosas do interior, onde Bentejuí, contando co apoio do faycán de Telde e da princesa galdense Guayarmina Semidán, organiza a última resistencia nos altos rochosos da illa.
Tenesor reúnese con eles, para tratar de convencelos de que cesen na rebelión: o 29 de abril de 1483, conversa con Guayarmina Semidán, descendente como el dos Semidán, e con Bentejuí na fortaleza de Ansite.[2] Trala reunión, Guayarmina baixa e entrégase, mentres que Bentejuí e o faycán de Telde se suicidan seguindo o ritual guanche, despeñándose polo barranco de Atis Tirma, así chamado por ser esa a frase que a tradición narra que berraron cando se lanzaron ó baleiro ("Viva a Montaña sagrada").[1]
Coa súa morte, remata toda resistencia armada e organizada á conquista de Gran Canaria por parte dos Reis Católicos.
Notas
[editar | editar a fonte]Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Director | Personaxe |
---|---|---|---|
1954 | Tirma | Paolo Moffa Carlos Serrano de Osma |
Gustavo Rojo |