Saltar ao contido

Benedetto I Zaccaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBenedetto I Zaccaria
Biografía
Nacementodécada de 1240 Editar o valor en Wikidata
Xénova, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte1307 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (57/67 anos)
Quíos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante, oficial, diplomático, explorador Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militaralmirante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloAlmirante de Castela Editar o valor en Wikidata
FamiliaZaccaria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeZacaria Paleólogo Editar o valor en Wikidata
FillosPaleologo Zaccaria Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel Zaccaria Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Benedetto I Zaccaria, nado aprox. en 1235 e finado en 1307, foi un almirante italiano da República de Xénova. Foi o Señor de Focea (desde 1288) e o primeiro Señor de Quíos (desde 1304), e o fundador da fortuna Zaccaria en Bizancio e a Grecia latina. Foi, en diferentes etapas da súa vida, un diplomático, aventureiro, mercenario, e home de Estado.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Benedetto era o segundo fillo de Fulcone Zaccaria e unha das súas esposas: Giulietta ou Beatrice. Benedetto axudou aos seus irmáns Manuele e Nicolino, o seu sobriño Tedisio, e o seu fillo Paleólogo nas súas empresas comerciais.

Benedetto foi capturado polos venecianos nunha batalla fronte a Tiro en 1258[1]. En 1264, foi enviado como embaixador dos xenoveses á corte bizantina de Miguel VIII Paleólogo. Aínda que a súa misión non tivo éxito, a súa amizade co emperador resultaríalle moi útil[1]. Despois de once anos de negociacións que deron lugar a un acordo de renovación entre o Imperio e Xénova, Benedetto reapareceu en Constantinopla co seu irmán Manuele en 1275. Benedetto casou cunha das irmás do emperador, mentres que Manuele recibiu control sobre as valiosas minas de alume de Focea. Este foi un negocio moi lucrativo, sobre todo logo que Manuele adquiriu case un monopolio despois de persuadir a Miguel VIII de prohibir a importación de alume desde o Mar Negro, a pesar de que este comercio tamén estaba en mans dos comerciantes xenoveses[2]

Como axente do emperador, Benedetto actuou como embaixador ante Pedro III de Aragón en 1280 e 1282, e tomou parte nas negociacións que levaron á alianza bizantino-aragonesa e o estalido da Guerra das Vésperas Sicilianas que acabou coa ameaza dunha invasión de Bizancio por Carlos de Anjou[3].

Benedetto regresou a Xénova en 1284 e foi feito almirante. Era o comandante principal da frota xenovesa que derrotou a Pisa na batalla de Meloria. Benedetto comandou unha frota de vinte galeras, separada da principal frota xenovesa e inicialmente oculto á vista. O seu ataque sorpresa conduciu a unha decisiva vitoria xenovesa e ao permanente declive do poder militar e mercantil de Pisa.

Participou xunto aos casteláns baixo Sancho IV nunha vitoriosa campaña contra Marrocos. Case ao mesmo tempo, serviu a Filipe IV de Francia como almirante, bloqueando os portos flamengos e ingleses.

Ante os turcos e os venecianos, o emperador bizantino Andrónico II Paleólogo apelou pola súa axuda. En 1296, o almirante veneciano Ruggero Morosini saqueou Focea.

En 1302, Zaccaria foi nomeado almirante por Filipe de Francia, e en cuxa capacidade conquistou a illa de Quíos (1304), que até entón estivera en mans dos corsarios musulmáns. Ao principio, deu o goberno da illa ao seu sobriño Tedisio. En 1304, tamén ocupou Samos e Cos, que estaban case completamente despoboadas, e o emperador concedeulle a soberanía sobre esas illas e Quíos durante dous anos, baixo a soberanía bizantina. É a partir desta data que Benedetto é rexistrado como Señor de Quíos e comeza a súa carreira como home de Estado e gobernante. En 1306, Tedisio ocupou Tasos, que era un refuxio de piratas gregos.

Zaccaria morreu en 1307 e o seu irmán Manuele en 1309. O seu fillo Paleólogo sucedeuno en Quíos e o resto das súas posesións.

  1. 1,0 1,1 Miller 1921, p. 284.
  2. Miller 1921, pp. 284–285.
  3. Nicol 1993, pp. 69–70.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]