Xosé Ramón Fernández-Oxea
Nome orixinal | (gl) Xosé |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de abril de 1896 Ourense, España |
Morte | 2 de maio de 1988 (92 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Empregador | Irmandades da Fala Seminario de Estudos Galegos Partido Galeguista |
Partido político | Partido Galeguista |
Membro de | |
Xénero artístico | ensaio, poesía, narrativa |
Familia | |
Cónxuxe | Isabel Algarra Díaz |
Fillos | María Isabel Ramón Algarra |
Pai | Pío Ramón Ojea |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela,[2] un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Influenciado polo ambiente familiar —era fillo de Pío Ramón Oxea (Allariz 1869-Ourense 1943), militante nacionalista e mestre da escola normal, e neto de Elixio Oxea quen presidira a Asociación Regionalista Gallega[3]— Ben-Cho-Shey participou activamente moi novo nos movementos galeguistas como as Irmandades da Fala, sociedade na que aparece entre os membros fundadores en Ourense. Nesta época son habituais as colaboracións no xornal voceiro da organización A Nosa Terra, asinadas co pseudónimo Xan Fouciño e móvese dentro do círculo do Grupo Nós.
En 1920 foi destinado a Marrocos onde adoptou o pseudónimo de Ben-Cho-Shey para asinar as crónicas de Guerra do Rif que enviaba ao diario ourensán La Zarpa. Estes textos, posteriores ao Desastre de Annual de 1921, foron logo recompilados e publicados co título de Crónicas de Marruecos: tras la Rota de Annual.
En 1925 é mestre nacional por oposición, pois xa en 1915 acadara a reválida de mestre de ensino primario con premio extraordinario. Exerceu o seu labor no concello coruñés de Cariño e na parroquia ourensá de Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar). Para este último lugar elaborou un modélico estudo, porén a súa publicación demoraríase ata 1968.
A finais da década de 1920 viaxou por Francia e Bélxica cunha bolsa polas deputacións galegas para perfeccionar a súa formación pedagóxica. Alí comprobou de primeira man o emprego de novas metodoloxías e apreciou a realidade socio-lingüística daqueles países, o que o levará a reflexionar sobre a necesidade da presenza da lingua galega no ensino primario.
En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Dous anos despois fórmase con Manuel Gómez Moreno en Arte e Arqueoloxía. Casou en 1931 con Isabel Algarra, de Linares, Provincia de Xaén. No ano 1931 é un dos membros fundadores do Partido Nazonalista Republicán de Ourense. En 1935 ingresou por oposición na Inspección do Ensino Primario. É destinado a Lugo onde vai presidir o Partido Galeguista.
Pola súa traxectoria galeguista ao comezo da guerra civil as novas autoridades suspendérono nas súas funcións en 1937, e foi desterrado a Cáceres. En 1951 pediu traslado a Toledo e viviu en Madrid. Desde alí impulsou numerosas iniciativas culturais a prol de Galicia. Participou activamente no Centro Galego daquela cidade, mesmo impartindo conferencias en lingua galega, actitude insólita naquel tempo. Así, en novembro de 1952, disertou sobre a vida e obra do polígrafo ourensán Arturo Vázquez Núñez no centenario do seu nacemento. A súa presenza en Madrid foi un soporte fundamental para o galeguismo da emigración e grupos literarios como o Brais Pinto ou, máis tarde, no Club de Amigos da Unesco.[5]
A Real Academia Galega nomeouno membro correspondente en 1943.[6] Foi correspondente, tamén, da Real Academia da Historia, do Instituto de Coímbra e da Sociedade de Geografia de Lisboa. Xubilouse en 1966. En 1981 foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.[7]
Humorista e literato, é moi coñecido pola maior recolleita feita nunca sobre o barallete, a fala dos afiadores, e máis polo seu epitafio, localizado no cemiterio de San Francisco, en Ourense:
“ | O señor D. Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey). Gran cruz de Montealegre, colector de Barallete, Preboste do Tangaraño. Ten o gusto de lles ofrecer aos seus amigos o seu novo domicilio no cumio do cimiterio de Ourense, onde os agardará ata que o boten de alí os ediles de turno. A súa dona e a súa filla préganlle encomenden a Deus a súa ánima. NOTA.- Quedan suprimidas tódalas homenaxes postmortem porque as cousas ou se fan ao seu tempo ou non se fan. | ” |
Obra
[editar | editar a fonte]En galego
[editar | editar a fonte]- Ensaio
- O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, 1930, con Xosé Filgueira Valverde.[8]
- Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo, 1952, Editorial Monterrey.[9]
- Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensán (1925-1935), 1968, Castrelos.[10]
- O barallete, 1969, Edicións Castrelos.
- Catón galego, 1969 (escrito na súa maior parte en 1936).
- Galicia no corazón, 1977, Ediciós do Castro (escolma de artigos).[11]
- Escudos de Lugo, 1979, Edicións Celta.
- O entroido en Galicia, 1986, La Región.
- Diario de Lugo 1936 (2024). Deputación de Lugo. A coordinación e notas correron a cargo de Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, Xosé Brais García Fernández e Iria Varela Fernández. 126 páxs. ISBN 978-84-8192-596-8.
- Poesía
- Berzas, 1953, edición do autor.
- A ducia do frade, 1966, edición do autor.
- Narrativa
- Andrómenas, 1954, Editorial Monterrey.
- Contos do fiadeiro, 1973, Castrelos.
- Edicións
- Cancioneiro e refraneiro de Corme, 1951, Madrid.
- As cartas de Galicia de Prosper Henri-Devos, 1968, Galaxia.
En castelán
[editar | editar a fonte]- Ensaio
- El cabo Ortegal en la Heráldica, 1969. Cuadernos de Estudios Gallegos (t. XXVI, p. 279).
- Crónicas de Marruecos: tras la rota de Annual, 1985. Sotelo Blanco.
- Escudos de Noya, 1972, con Manuel Fabeiro. Cuadernos de Estudios Gallegos.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A súa figura foi recoñecida co Premio José Cornide do Centro Gallego de Buenos Aires (1960), unha homenaxe no Ateneo de Ourense (1977). o premio vitalicio da Fundación Pedro Barrié de la Maza (1978)[12] e a Medalla Castelao (1986).[7]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ben-Cho-Shey, de uniforme, en Tetuán, en 1922.
-
Nos seus anos de mocidade.
-
Anuncio de La Zarpa.
-
Suspensión de emprego e soldo, inhabilitación e traslado. 1937.
-
Folla de servizos. Escalafón de Inspectores de Enseñanza Primaria.
Notas
[editar | editar a fonte]- Darriba2012_1-0">↑ Darriba 2012.
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: r". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-08.
- ↑ Ermida Meilán, X. R. (5/4/2011). "O bo de Ben-Cho-Shey". Terra e Tempo. Arquivado dende o orixinal o 23/10/2018. Consultado o 23/10/2018.Ermida Meilán&rft.chron=5/4/2011&rft.genre=article&rft.jtitle=Terra e Tempo&rft_id=http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=1467&seccion=4&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- ↑ Fundación Penzol - X. F. (8/2/2020) "Peregrinar coa Xeración Nós en tempo real" La Voz de Galicia.
- ↑ Valcárcel, M. (6/7/2008). "Ben-Cho-Shey contra a diglosia". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 23/10/2018. Consultado o 22/10/2018.Valcárcel&rft.chron=6/7/2008&rft.genre=article&rft.jtitle=El Correo Gallego&rft_id=https://www.elcorreogallego.es/lo-mas/lo-mas-visto/ecg/ben-cho-shey-diglosia/idEdicion-2008-07-06/idNoticia-320196/&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988"> Arquivado 23/10/2018, en Wayback Machine.
- ↑ Membros da Academia. Correspondentes Real Academia Galega.
- ↑ 7,0 7,1 Membro de honra. 1981 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- ↑ Iglesias, Xabier. Os libros de Ánxel Casal 6/5/2015.
- ↑ Ramón e Fernández-Oxea, Xosé (1952). Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo. Conferencia lida no Centro Gallego, de Madrid, co gallo do Centenario do seu nacemento o día 15 dos Santos de 1952. Vigo: Monterrey.Ramón e Fernández-Oxea&rft.btitle=Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo. Conferencia lida no Centro Gallego, de Madrid, co gallo do Centenario do seu nacemento o d�a 15 dos Santos de 1952&rft.date=1952&rft.genre=book&rft.place=Vigo&rft.pub=Monterrey&rft_id=http://rebiun.baratz.es/rebiun/record/Rebiun04803630&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Prólogo de López Cuevillas e deseños de Risco, Xaquín Lorenzo e o autor.
- ↑ Galicia no corazón Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. fragmentos.
- ↑ "El Premio Vitalicio «Barrié de la Maza», a José Ramón y Fernández Oxea". ABC (en castelán). 5/1/1978. p. 34.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Ramón Fernández-Oxea |
A Galicitas posúe citas sobre: Xosé Ramón Fernández-Oxea |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ben-Cho-Shey". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- "Ramón e Fernández-Oxea, Xosé". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1747. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Ramón Fernández-Oxea, Xosé". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 293. ISBN 84-7680-288-9.
- "Ramón Fernández-Oxea, Xosé". Diccionario enciclopédico galego universal 51. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 116. ISBN 84-7680-429-6.
- "Ramón Fernández-Oxea, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 154.
- Alonso Montero, Xesús (1988). "Da vida, da obra e da morte de Ben-Cho-Shey". Grial: Revista galega de cultura (100): 223–232.Alonso Montero&rft.date=1988&rft.genre=article&rft.issue=100&rft.jtitle=Grial: Revista galega de cultura&rft.pages=223-232&rft_id=http://www.cervantesvirtual.com/descargaPdf/num-100-1988/&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- ———— (1996). Ben-Cho-Shey, mestre, político galeguista, etnógrafo, bibliófilo, erudito, xornalista. Ir Indo. ISBN 84-7680-227-7.Alonso Montero&rft.btitle=Ben-Cho-Shey, mestre, pol�tico galeguista, etnógrafo, bibliófilo, erudito, xornalista&rft.date=1996&rft.genre=book&rft.isbn=84-7680-227-7&rft.pub=Ir Indo&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 156.Couceiro Freijomil&rft.btitle=Diccionario bio-bibliográfico de escritores&rft.date=1951/1953&rft.genre=book&rft.pages=156&rft.pub=Bibliófilos Gallegos&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Darriba, Manuel (22/7/2012). "La infamia del 36, según Ben-Cho-Shey. Hallado un diario del polígrafo…". El País (en castelán).Darriba&rft.chron=22/7/2012&rft.genre=article&rft.jtitle=El Pa�s&rft_id=https://elpais.com/ccaa/2012/07/20/galicia/1342800204_812103.html&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 360–361. ISBN 84-7492-465-0.Fernández del Riego&rft.btitle=Diccionario de escritores en lingua galega&rft.date=1992&rft.edition=2�&rft.genre=book&rft.isbn=84-7492-465-0&rft.pages=360-361&rft.pub=Do Castro&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Nicolás, Ramón (11/5/1991). "Xosé Ramón e Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey): tres anos despois". Diario 16 de Galicia.Nicolás&rft.chron=11/5/1991&rft.genre=article&rft.jtitle=Diario 16 de Galicia&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- Soto, Juan (Xaneiro-Xuño 2008). "Lembranza madrileña de Ben-Cho-Shey" (dossier). Terra e Tempo (145-146).Soto&rft.chron=Xaneiro-Xuño 2008&rft.genre=article&rft.issue=145-146&rft.jtitle=Terra e Tempo&rft_id=http://www.aelg.gal/resources/centrodoc/members/paratexts/pdfs/autor410/PT_paratext5289.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 225-227. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Galeguismo (política)
- I Asemblea Nacionalista
- Pelerinaxes I (libro).
- Depuración franquista do maxisterio
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xosé Ramón Fernández-Oxea Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na Biblioteca Virtual Galega.
- Bibliotecas de autor. Ben-Cho-Shey Biblioteca. Deputación de Ourense.
- Artigos de Ramón e Fernández-Oxea, Xosé Arquivado 21 de outubro de 2018 en Wayback Machine. no Boletín de la Real Academia Gallega. ISSN 1576-8767 (en castelán).
- Cuba, Xoán R. (comisario) (2013). "Exposición Ben-Cho-Shey. 50 anos de maxisterio cultural (1918 – 1968)". Deputación de Lugo.Cuba&rft.btitle=Exposición Ben-Cho-Shey. 50 anos de maxisterio cultural (1918 � 1968)&rft.date=2013&rft.genre=unknown&rft.pub=Deputación de Lugo&rft_id=https://benchoshey.wordpress.com/&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Poetas de Galicia
- Poetas en lingua galega
- Medallas Castelao
- Nados en Ourense
- Nados en 1896
- Finados en 1988
- Correspondentes de guerra
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Mestres de Galicia
- Bibliófilos
- Grupo Nós
- Irmandades da Fala
- Membros do Seminario de Estudos Galegos
- Humoristas de Galicia