Bell 427
Bell 427 | |
---|---|
Fabricante | Bell Helicopter, Samsung Aerospace Industries |
Primeiro voo | 11 de decembro de 1997 |
Introducido | 2000 |
Produción | 1997-2010 |
O Bell 427 é un helicóptero utilitario lixeiro bimotor deseñado e fabricado por Bell Helicopter e Samsung Aerospace Industries. O seu deseño está baseado no Bell 407. Foi substituído na liña de produción polo alongado Bell 429.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Bell intentara varias encarnacións dunha versión de dous motores do seu exitosa serie Bell 206, incluídos os cancelados Bell 400 e 400 a mediados dos 80 e o fabricado en poucas cantidades Bell 206LT TwinRanger a principios dos 90.[1] O concepto orixinal de Bell para un substituto do 206LT TwinRanger foi o Bell 407T, un desenvolvemento relativamente sinxelo bimotor do Bell 407 con dous motores Allison 250-C22B. Porén, Bell concluíu que o rendemento carga-alcance do 407T podería non ser suficiente.[1]
A compañía comezou a desenvolver un novo bimotor lixeiro en asociación coa compañía surcoreana Samsung Aerospace Industries. En febreiro de 1996 Bell anunciou o seu Model 427 na Heli Expo en Dallas. O Bell 427 foi o primeiro aparello da compañía completamente deseñado por ordenador.[1] O Bell 427 voou por vez primeira o 11 de decembro de 1997. A certificación canadense foi outorgada o 19 de novembro de 1999, seguida pola estadounidense en xaneiro de 2000, e a certificación dual piloto IFR da FAA no mes de maio. Bell fabrica os sistemas dinámicos de voo do 427 en Fort Worth, Texas, mentres que a montaxe final realízase na súa fábrica de Mirabel, Quebec. A fuselaxe e a pluma de cola do 427 son fabricados por Samsung (posteriormente parte de KAI) na súa planta de Sachon.[1] As primeira entregas producíronse en xaneiro de 2000.[2]
En 2004 Bell ofreceu unha redeseñada versión do 427, o Bell 427i, que foi desenvolvida en asociación coa compañía surcoerana Korea Aerospace Industries e a xaponesa Mitsui Bussan Aerospace. O acordo deulle a KAI a responsabilidade do desenvolvemento e a produción da fuselaxe, o cableado da cabina e o sistema de combustible. Mitsui Bussan converteuse nun promotor financeiro.[3][4] O 427i incluía unha nova cabina de cristal e sistemas de navegación para permitir a un único piloto voar baixo as regras de voo instrumental. O deseño tiña unha fuselaxe alongada 0,36 m, unha versión de motor e transmisión máis potente, e peso ao engalaxe incrementado. Porén, o programa foi cancelado e a atención centrouse no mellorado Bell 429. En febreiro de 2005 os 80 pedidos para o 427i convertéronse para o 429.[5] O 24 de xaneiro de 2008 Bell anunciou plans para deter a súa liña de 427 despois de que se cumprisen os compromisos de pedidos no ano 2010.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Frawley, Gerard (2003). The International Directory of Civil Aircraft, 2003–2004. Aerospace Publications Pty Ltd. ISBN 1-875671-58-7.
- ↑ "FLUG REVUE Datafiles: Bell 427". 2007-06-16. Archived from the original on 16 de xuño de 2007. Consultado o 2018-11-16.
- ↑ "Vertiflite Breaking News". 2011-07-20. Archived from the original on 20 de xullo de 2011. Consultado o 2018-11-16.
- ↑ "Bell’s new 427i promises much more than just IFR: AINonline". 2011-06-16. Archived from the original on 16 de xuño de 2011. Consultado o 2018-11-16.
- ↑ "HeliExpo '05: All Bell 427i Customers Convert to New Bell 429 | Aero-News Network". www.aero-news.net. Consultado o 2018-11-16.
- ↑ "Bell Helicopter - News: Bell Product Line Streamlined". 2010-12-30. Archived from the original on 30 de decembro de 2010. Consultado o 2018-11-16.