Saltar ao contido

Bell 222/230

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bell 222/230
Tipohelicóptero executivo/utilitario
FabricanteBell Helicopter
Primeiro voo13 de agosto de 1976
IntroducidoBell 222: 1979
Bell 230: 1991
ProduciónBell 222: 1980-1991
Bell 230: 1992-1995
Unidades construídasBell 222: 199
Bell 230: 38
VariantesBell 430

O Bell 222 é un helicóptero lixeiro bimotor estadounidense construído por Bell Helicopter. O Bell 230 é un desenvolvemento mellorado con diferentes motores e outros cambios menores.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

A finais dos anos 60 Bell comezou a deseñar un novo helicóptero lixeiro bimotor. nha maqueta do novo helicóptero foi exhibida en xaneiro de 1974 nunha convención de helicópteros.[1] Tras o interese na convención, a compañía anunciou o novo Bell 222.[2] Foi o primeiro helicóptero comercial lixeiro de dúas turbinas desenvolvido nos Estados Unidos.[3]

O Bell 222 incorporou unha serie de funcións avanzadas, incluíndo sistemas hidráulicos e eléctricos dobres, soportes que albergaban o tren de aterraxe retráctil, e o sistema de redución de vibracións Noda Matic desenvolvido para o Bell 214ST.[4]

A fabricación comezou en 1975.[1] O primeiro voo do Model 222 foi o 13 de agosto de 1976. Recibiu a certificación da Administración Federal de Aviación (FAA) o 16 de agosto de 1979 e foi aprobado para o uso das regras de voo visual (VFR) o 20 de decembro de 1979. As súas entregas comezaron o 16 de xaneiro de 1980. A FAA aprobou ao 222 para a operación con regras de voo instrumental (IFR) cun só piloto o 15 de maio de 1980.[5]

Versións melloradas

[editar | editar a fonte]

O máis potente Bell 222B foi introducido en 1982 cun rotor principal de maior diámetro. O Bell 222UT Utility Twin baseado no 222B, cun tren de aterraxe de patíns, foi introducido en 1983.[4]

Un desenvolvemento do 222 é o Bell 230, cos motores LTS 101 do 222 substituídos por dous turboeixos Allison 250, ademais doutros refinamentos. Un 222 convertido voou por vez primeira como o prototipo do 230 o 12 de agosto de 1991. Transport Canada outorgoulle a certificación en marzo de 1992, e o primeiro aparello de produción entregouse ese mes de novembro. O 230 tiña a opción de levar tren de aterraxe de rodas ou de patíns. A produción rematou en 1995 con 38 construídos, sendo substituído na liña de fabricación de Bell polo alongado e máis potente Bell 430.[4]

  1. 1,0 1,1 Apostolo, Giorgio (1984). The illustrated encyclopedia of helicopters (en engita). New York: Bonanza Books. ISBN 978-0-517-43935-7. 
  2. Frawley, Gerard, "Bell 222 & 230", The International Directory of Civil Aircraft, 2003-2004, p. 46, Aerospace Publications Pty Ltd, 2003, ISBN 1-875671-58-7
  3. Donald, David, ed. "Bell Model 222". The Complete Encyclopedia of World Aircraft. Barnes & Nobel Books, 1997. ISBN 0-7607-0592-5
  4. 4,0 4,1 4,2 Frawley, Gerard, The International Directory of Civil Aircraft, 2003-2004, Aerospace Publications Pty Ltd, 2003, ISBN 1-875671-58-7
  5. Pelletier, Alain J. (1992). Bell aircraft since 1935. Annapolis, Md: Naval Institute Press. ISBN 978-1-55750-056-4.