Saltar ao contido

Béla Kun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bela Kun»)
Modelo:BiografíaBéla Kun

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hu) Kun Béla Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Kohn Béla Editar o valor en Wikidata
20 de febreiro de 1886 Editar o valor en Wikidata
Cehu Silvaniei, Romanía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de agosto de 1938 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte non natural
pena de morte
homicidio, execución Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCampo de fuzilamento de Kommunarka (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Member of ECCI (en) Traducir
1921 –
Minister of Foreign Affairs of Hungary (en) Traducir
21 de marzo de 1919 – 1 de agosto de 1919
← Ferenc Harrer (en) TraducirPéter Ágoston (en) Traducir ⊟ Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFranz Joseph University (en) Traducir (–1904)
Calvinist College in Zilah (en) Traducir (–1902) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cluj-Napoca Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, diplomático, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Hungria (pt) Traducir
Partido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Participou en
26 de xaneiro de 1934XVII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIrén Gál Editar o valor en Wikidata
FillosÁgnes Kun, Miklós Kun Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonte1922 Encyclopædia Britannica (en) Traducir
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 6, (p.14) Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 206583860 Editar o valor en Wikidata
Béla Kun en 1923.

Béla Kun, nado co nome de Béla Kohn en Cehu Silvaniei (Romanía) o 20 de febreiro de 1886 e finado na Unión Soviética o 29 de agosto de 1938 , foi un político comunista húngaro de orixe xudía que gobernou Hungría durante un curto período de tempo en 1919.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia burguesa xudía non practicante en Szilágycseh (daquela pertencente a Hungría, actualmente en Transilvania). Na súa infancia recibiu frecuentes malleiras de seu pai, un notario alcólico da cidade. Estudou nun reputado instituto, onde recibiu apoio especial polo seu baixo nivel académico, subsistindo a familia en pobreza. Kun, problemático na escola, abandona os seus estudos universitarios de avogado para traballar como xornalista.

En 1913 casou coa mestra de música Iren Gal. Fíxose socialdemócrata e amigo de Endre Ady e outros intelectuais de esquerda. Recrutado polo exército austro-húngaro, caeu prisioneiro das tropas rusas loitando durante a primeira guerra mundial. O seu contacto coa revolución rusa fíxolle un fervente bolxevique, coñeceu a Lenin e ó acabar a guerra marchou como comunista a Hungría co propósito de participar na revolución. Fundou o Partido Comunista Húngaro en Moscova o 4 de novembro de 1918.

Béla Kun durante a revolución de 1919.

Volto a Hungría, liderou o levantamento revolucionario contra o presidente Károlyi. Foi brutalmente torturado o que fixo que fose admirado como un heroe polas masas populares de esquerdas. En 1919 dirixiu un réxime socialista proclamado como República Soviética Húngara o 21 de marzo. Realizou reformas no dereito de propiedade e nacionalizou o sector financeiro, a industria e o transporte.

Impuxo, así mesmo, o que se denominou o terror roxo tras o intento de golpe de estado contrarrevolucionario do 24 de xuño. En política exterior chegou a impoñer un réxime comunista en Eslovaquia e embarcouse nunha guerra con Romanía por mor de recuperar os territorios arrebatados tras a disolución do Imperio Austrohúngaro cuxo fracaso foi factor decisivo para a súa caída o 1 de agosto.

Refuxiado na Unión Soviética, desempeñou a presidencia do consello de Crimea onde ordenou varias execucións contra militares malia a promesa previa de garantirlles a vida. Transferido a Alemaña, impulsou un fracasado golpe de estado. Implicouse na Internacional Comunista ata que desapareceu polas purgas de Stalin tras ser internado nun gulag.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]