Saltar ao contido

Cornixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Beirado»)
Cornixa da igrexa de Santa María de Adina (Sanxenxo)

A cornixa é a parte superior e máis saínte dun entaboamento, composta de varias molduras. Ten como función principal evitar que a auga da choiva incida directamente sobre o muro ou se deslice polo mesmo, ademais de rematar o edificio.

Distínguense dous tipos: de cincha (rodea o edificio marcando a división entre os pisos) e denticulada (decorada ou sustentada por dentículos ou modillóns).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]