Saltar ao contido

Begoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBegoña
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°15′32″N 2°54′58″O / 43.2589, -2.9161
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaBiscaia
ComarcasGran Bilbao
ConcelloBilbao Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1,77 km² Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5191269
Casco vello de Bilbao, en Ibaiondo.

Begoña é un distrito da cidade de Bilbao, capital da provincia vasca de Biscaia. Divídese nos barrios de Begoña, Bolueta e Santutxu. Ten 45 450 habitantes e unha superficie de 1,77 km².

En 1300 fundouse a vila de Bilbao nunha porción de terra xunto ao Nervión-Ibaizábal que ata entón pertencera a Begoña. Bilbao creceu en poboación, poder económico e político e, en 1925, acabou anexionando o elizate de Begoña.

  • Begoña
  • Bolueta
  • Santutxu

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

O seu principal trazo de identidade é a Basílica da Nosa Señora de Begoña, patroa de Biscaia, e que dá orixe ao nome propio feminino "Begoña". A festividade de Begoña celébrase os días 15 de agosto (A nosa Señora) e principalmente o 11 de outubro, coincidindo coa declaración canónica da Virxe de Begoña como patroa de Biscaia por parte do papa Pío X en 1903.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]