Saltar ao contido

Bebida de soia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bebida de soia

A bebida de soia, ás veces mal chamada "leite de soia"[1], é un produto (leite vexetal) que se extrae das sementes da soia, remolladas e moídas, ás que se lles engade auga, e que se utiliza como substituto do leite de orixe animal[2]. Hoxe en día pode atoparse en calquera supermercado en Galicia, aínda que tamén se pode producir no fogar a partir dos legumes.

Constitúe unha alternativa ao leite, especialmente na alimentación vexetariana estrita e en dietas hipolipídicas, por mor da súa aparencia abrancazada e á súa achega de proteínas. Nutricionalmente é de mediana dixestión, carece de colesterol e ten a metade de graxas e calorías que o leite enteiro, a mesma cantidade de vitaminas B e máis ferro que o leite de vaca.[3] O mesmo que esta, tamén ten compoñentes alerxénicos,[4] aínda que é apta para intolerantes á lactosa.

As comercializadas actualmente adoitan estar enriquecidas con cobalamina (vitamina B12), de difícil obtención nunha alimentación vexetariana estrita. Úsase en multitude de receitas, substituíndo en ocasións produtos que vexetarianos estritos e veganos non consomen por este elemento, como no caso da lactonesa, substituto da maionesa, realizado con leite[5] (en caso de seguir unha dieta omnívora, tamén pode ser leite de vaca o que substitúa o ovo).

Consómese dende hai 2.000 anos.[6]

Efectos na saúde

[editar | editar a fonte]

Malia posuír unha serie de vantaxes e cualidades nutricionais, a comunidade científica non se pon de acordo sobre si en realidade se trata ou non dunha bebida aconsellable para o consumo humano, sen existir antes unha prescrición nutricional ou médica. Algúns estudos científicos[7] constataron que o consumo regular de leite de soia podería causar efectos negativos sobre as hormonas, a fertilidade e o sistema inmunitario por mor da existencia na súa composición de xenisteína, unha isoflavona que causa alteracións no páncreas e na tiroide, e que é un composto xenotóxico para o esperma.

  1. A lexislación comunitaria reserva a denominación "leite" para o produto de orixe animal, polo que debe evitarse a utilización da denominación "leite de soia" para este produto e outras bebidas vexetais, mal chamadas leites vexetais. A excepción está constituída polo "leite de améndoas", única bebida vexetal para a que se admite a denominación de leite.
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. Tempeh. La mejor proteína vegetal. Shia Green. Océano Grupo Editorial, S.A., 2001. Pax. 138. ISBN 84-7556-080-6
  4. Alergias Alimentarias Arquivado 25 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. University of Virginia Health System
  5. http://www.consumer.es/web/es/alimentacion/en_la_cocina/trucos_y_secretos/2006/04/20/151141.php Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. La lactonesa casera, un sustituto de la mahonesa - Consumer.es
  6. "History of Soymilk and Dairy-like Soymilk Products". 
  7. "Efectos negativos del consumo de soja". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rahab Waweru, M.A., et al. 1967. Effect of processing methods on oxidative off-flavors of soybean milk. Cereal and Food Sciences North Nairobi State University, Ministry of Agriculture. "Soy Milk". Soya.be. Soya. Consultado o 17 de agosto de 2005. 
  • Torres-Penaranda, A.V., et al.1998. Sensory characteristics of soymilk and tofu made from Lipoxygenase-Free and Normal soybeans. Journal of Food Science 63 (6): 1084-1087.
  • Smith, A.K. e Circle, S.J. 1972. Soybeans: Chemistry and Technology. AVI publishing.
  • Hall, Francisco (2014). Leite de soia: Información e contraindicacións.