Saltar ao contido

Beacon (satélites)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Beacon 1»)

Beacon 1 e Beacon 2 foron dous satélites artificiais estadounidenses que fallaron en alcanzar órbita.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

Ambos satélites eran esferas de plástico fino e de 12 metros de diámetro unha vez inchadas e duns 4,5 kg de masa. A finalidade de ámbolos dous era estudar a densidade das capas altas da atmosfera.[1][2][3][4] Antes dos intentos de lanzamentos orbitais, o sistema de inchado foi probado en ata cinco voos suborbitais mediante foguetes Nike Cajun.[1]

Beacon 1 foi lanzado mediante un foguete Juno 1 o 23 de outubro de 1958, pero as etapas superiores separáronse da primeira etapa antes de que esta finalizara a súa combustión, polo que non alcanzaron órbita.

Beacon 2 foi lanzado mediante un foguete Juno 2 o 14 de agosto de 1959. O esgotamento prematuro do propelente da primeira etapa produciu un fallo das etapas superiores, polo que tampouco se alcanzou órbita.

  1. 1,0 1,1 1,2 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Beacon 1, 2" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 NASA (20 de abril de 2012). "Beacon" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012. 
  3. 3,0 3,1 NASA (20 de abril de 2012). "Beacon 2" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Mark Wade (2011). "Beacon" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012.