Batalla de Legnica
Aparencia
A batalla de Legnica ou batalla de Wahlstadt ocorreu o 9 de abril de 1241 en Legnickie Pole entre os invasores do Imperio Mongol e unha forza combinada do Reino de Polonia, do Margraviato de Moravia, das ordes militares enviadas por Gregorio IX e das do Ducado de Silesia baixo o mando de Henrique II. Resultou nunha vitoria mongol, e na morte do propio Henrique.
A batalla foi un intento de frear a invasión mongol de Polonia. Ocorreu dous días antes da vitoria mongol sobre os húngaros na batalla de Mohi, dunha escala moito maior.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |