Saltar ao contido

Basmati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arroz basmati integral.

Basmati (hindi: बासमती, punjabi: ਬਾਸਮਤੀ, bengalí: বাসমতী, támil: பாஸ்மதி, en oriá: ବାସୁମତୀ, telugu: బాస్మతి, en cingalés: බාස්මතී) é unha variedade de arroz, de gran longo, de orixe india.

O arroz basmati posúe un típico sabor a folla de Pandanus (planta tropical africana), debido ao aroma a 2-acetyl-1-pyrroline.[1] Úsase moito para a preparación de pratos coma biryani, pilaf, e, ás veces, kheer. Actualmente é moi popular tamén na cociña occidental e pode atoparse en calquera supermercado galego.

Variedades e propiedades

[editar | editar a fonte]

Existen diversas variedade de arroz basmati. Tradicionalmente, úsase o basmati 370, basmati 385, e basmati Ranbirsinghpura.[2]

Científicos do Indian Agricultural Research Institute, en Delhi, modificaron xeneticamente o arroz basmati para producir unha especie híbrida, que posúe a maioría das características boas do basmati normal (alongamento do gran, fragrancia, entre outros). Esta planta híbrida chámase Pusa Basmati-1 ( tamén chamada Toda); os cultivos teñen o dobre de produtividade que as variedades tradicionais.

Existen tamén variedades non aromáticas ou rcendentes.[3][4]

De acordo coa Canadian Diabetes Association, o basmati posúe un índice glicémico medio (entre 56 e 69)[5]

  1. (en inglés)S. Wongpornchai, T. Sriseadka, S. Choonvisase (2003). "Identification and quantitation of the rice aroma compound, 2-acetyl-1-pyrroline, in bread flowers (Vallaris glabra Ktze)". J. Agric. Food. Chem. 51 (2): 457–462. PMID 12517110. doi:10.1021/jf025856x. 
  2. (en inglés)foodstandards.gov.uk Arquivado 31 de maio de 2014 en Wayback Machine.
  3. (en inglés)"Sugandh" set to take on Thai Jasmine rice Arquivado 22 de maio de 2009 en Wayback Machine.. The Hindu. Monday, October 13, 2003.
  4. (en inglés)Two new aromatic rice for North-western plains Arquivado 11 de xuño de 2008 en Wayback Machine.. The Hindu. Thursday, October 2, 2003.
  5. (en inglés)"The Glycemic Index" (PDF). Canadian Diabetes Association. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de novembro de 2011. Consultado o 04 de abril de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]