Base Naval da Graña
Coordenadas: 43°28′39″N 8°15′40″O / 43.477463, -8.261032
Vista xeral da base da Graña dende Montefaro, Cervás, Ares. | |
Data de Construción: | Século XVIII |
---|---|
País: | España |
Efectivos: | ? |
Superfice: | 28 hectáreas |
Mapa da situación | |
A Base Naval da Graña é unha instalación militar da Armada Española situada na ría de Ferrol na Graña, Ferrol.
Historia
[editar | editar a fonte]A inicios do século XVIII A Graña xunto con Ferrol pasaron a ser sede dos estaleiros reais. A principios do século XX A Graña pasou a ser base naval [1]. Actualmente as instalacións fan funcións de apoio á Armada Española. Aprovisionamento de combustible, materiais e armamento.
A base naval ten varias portas de acceso aínda que a máis empregada é o túnel de uso militar baixo o monte que vai dende A Cabana ata o interior da base. O túnel ten unha lonxitude de case un quilómetro e evita o paso polas estreitas e empinadas rúas urbanas da Graña. As instalacións están rodeadas dunha muralla na parte máis preto da cidade da Graña, o resto do perímetro é un valado de arame.
Dende o 2005 a Estación Naval da Graña ten certificación do sistema de xestión medioambiental ISO 14001:2004.