Barbadelo, Sarria
Barbadelo | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Barbadelo. | |
Concello | Sarria[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°46′00″N 7°27′00″O / 42.76666667, -7.45 |
Poboación | 187 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 22[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Barbadelo é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo, a de maior extensión, e está situada a 3 km da capital municipal. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 275 habitantes (129 homes e 146 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 293 habitantes.
Historia e patrimonio
[editar | editar a fonte]A comezos do século XI en Barbadelo había un mosteiro mixto, de homes e mulleres. Foi priorado da abadía de Samos ata a desamortización, pasando entón a converterse en parroquia.
O seu monumento máis emblemático é a igrexa románica de Santiago de Barbadelo[2], construída a finais do século XII e declarada Ben de Interese Cultural en 1980. Na parroquia está tamén o castro das Paredes.
Localidade anterior: Vilei, Barbadelo, Sarria a 0,7 km → |
Camiño de Santiago (Camiño Francés) Barbadelo, Sarria (566 msnm) 109 km á Catedral de Santiago de Compostela |
Seguinte localidade: Rente, Barbadelo, Sarria → a 0,8 km |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de Santiago de Barbadelo.
-
Igrexa de Santiago de Barbadelo.
-
Igrexa de Santiago de Barbadelo.
-
Igrexa de Santiago de Barbadelo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Barbadelo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Barbadelo no concello de Sarria (Lugo) | |
---|---|
Abeledo | Baxán | A Devesa | Loureiro | Marzán | Melle | Miralde | O Monte | O Mosteiro | As Paredes | O Pico | A Rañoá | Rente | Sabenche | San Martiño | San Silvestre | A Serra | O Souto | Surriba | Taíde | Vilar | Vilei |