Saltar ao contido

Baralla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBaralla
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°53′37″N 7°15′00″O / 42.8936, -7.2501
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalBaralla Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Aranza
Arroxo
Baralla Editar o valor en Wikidata../... 28
Poboación
Poboación2.484 (2023) Editar o valor en Wikidata (17,62 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie141 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude500 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoMiguel González Piñeiro (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Baralla Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27680 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27901 Editar o valor en Wikidata

Baralla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2014 tiña 2774 habitantes (2889 no 2011, 2955 no 2009, 3100 no 2006, 3134 no 2005, 3193 no 2004, 3242 no 2003). O xentilicio é barallés.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello recibe o nome da súa capital, que se sitúa na N-VI, eixo vertebrador das comunicacións no concello. Baralla sitúase no extremo oriental da Meseta Lucense e fai de transición coas Serras Orientais, pasando dos 600 metros de altitude aos 900. Os lugares máis altos atópanse na Serra de Picato (844 m), Serra do Galo (754 m), Rañadoiro (901 m), Penas da Cabra (943) e Serra da Lagoa (759 m). O río Neira é a vía fluvial máis importante.

A temperatura media anual é de 10 °C, oscilando entre os 3 °C do inverno e os 19 °C do verán. Recibe precipitacións abondosas, con frecuencia en forma de neve.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2488 (2022)
Menores de 16 anos 166 (6,68 %)
Entre 16 e 64 anos 1338 (53,90 %)
Maiores de 65 anos 978 (39,40 %)
Evolución da poboación de Baralla   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5955 6345 7198 4484 3193 2955 2889 2834 2798 2774 2724 2660 2630 2566 2556 2482 2445 2436 2484
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Da época castrexa fican os castros de Lebruxo, Berselos e o de Santa Cruz (Sobrado de Picato).

Orixe do concello

[editar | editar a fonte]

Trala división territorial de España en 1833 constituíronse os concellos de Neira de Rei e Neira de Xusá, mais en 1840 o primeiro integrouse no segundo. Até 1975 tivo como nome oficial en castelán Neira de Jusá, mais por acordo da corporación municipal de 1974, adoptouse como nome do concello o da súa capital, Baralla.

En Baralla editáronse os periódicos El Eco de Neira (1913) e El Fundador (1914).

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Segundo Menéndez Pidal, o topónimo Baralla procede do latín vara, varale, varal e varalia 'sebe de traveseiros', cun significado toponímico comparable ó de Cerca, Cercado, Valada ou Valadares. En 1125 consta baixo as denominacións de [in valle de] Pineira, ripa de Neira, villa que vocitant Baralia, in ripa de Neira ou villa vocitata Baralia.

Economía

[editar | editar a fonte]

O 60 % da poboación dedícase ao sector primario, ocupándose en explotacións mixtas con gandería, aproveitamento forestal e agricultura. Destaca a gandería, especialmente de vacas de carne e leite, ademais dos porcos, ovellas e cabras. Hai algúns serradoiros e algo de construción. A poboación está envellecida e nótase a proximidade de Lugo.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Baralla.

Parroquias

[editar | editar a fonte]

Segundo o Nomenclátor de Galicia, o concello de Baralla ten 28 parroquias.

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baralla

Aranza (Santiago) | Arroxo (San Xoán) | Baralla (Santa Mª Madanela) | Berselos (San Martiño) | Costantín (Santa María) | Covas (Santiago) | Ferreiros (San Pedro) | Francos (San Salvador) | Guimarei (San Tomé) | Laxes (San Pedro) | Lebruxo (San Tomé) | Lexo (San Xoán) | Pacios (Santa María) | Pedrafita de Camporredondo (San Xoán) | Penarrubia (Santa María) | Piñeira (San Salvador) | Pol (Santa María) | Pousada (Santiago) | Recesende (San Cirilo) | Riba de Neira (Santalla) | San Martín de Neira de Rei (San Pedro) | San Miguel de Neira de Rei (San Miguel) | Sixirei (San Pedro) | Sobrado de Picato (Santa Cruz) | Vale (San Xurxo) | Vilachambre (Santa Mariña) | Vilarpunteiro (Santa Marta) | Vilartelín (Santa Eufemia)


Lugares de Baralla

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baralla vexa: Lugares de Baralla.

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 41. ISBN 978-84-8158-706-7.Costas González&rft.btitle=Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega&rft.date=2016&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-8158-706-7&rft.pages=41&rft.place=Vigo&rft.pub=Universidade de Vigo&rft_id=https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-10/Xentilicios_0.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]