Bar
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bar (homónimos).
Un bar[1] é un establecemento comercial aberto ao público, onde se serven bebidas, tapas de comida, etc., habitualmente tómanse de pé na barra ou en pequenas mesas con cadeiras.
Cando o seu carácter é máis modesto e popular, ou ben de estilo rústico, onde serven tanto bebidas como comidas, tamén se lle chama taberna, tasca ou baiuca.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra "bar" provén da palabra latina "barra", utilizada no século XIII en Italia para indicar a barreira separadora nos tribunais de xustiza. Pronunciada en francés como barre, entrou en Inglaterra cos normandos e alí permaneceu na forma bar . A palabra chegou á Península a finais do século XIX.[2]
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "bar". academia.gal. Consultado o 2024.
- ↑ "¿Cuál es el origen de la palabra bar?". muyinteresante.es.